30.8.07

Felipe Gonzalez, lección magistral II

Segunda parte do video

Felipe Gonzalez, lección magistral

Eso es lo que dio Felipe González en el Congreso de las Juventudes Socialistas de España, una lección magistral.
Por cortesía de algún compañero de JSE, os dejo su intervención para que podais escucharla:


Unha imaxe vale máis que mil palabras


21.8.07

ALALÁ


Artigo escrito para Vieiros o 21 de agosto.

Alalá é un programa da Televisión de Galicia adicado á música tradicional galega. Un programa marabilloso que percorre Galicia de punta a punta descubríndonos sons case olvidados polo paso do tempo e historias e tradicións que sobreviven neste noso país gracias á memoria da nosa xente.

Un programa que pretende recuperar a nosa Galicia, o que fixo que hoxe sexamos como somos, unha viaxe ó pasado que nos rescata como galegos e galegas no presente.

O outro día, por exemplo, descubrín a Malvela, un grupo de mulleres de Mos, que, despois do seu traballo se reunían polas noites a ensaiar e que acabaron gravando un disco. Recoméndovolo, soa marabillosamente.

Para min, este é un dos programas que simbolizan o cambio na TVG. É un dos que contribue a que pasemos dunha televisión de pandereta a unha televisión pública, que dea servizo ós cidadáns e cidadás.

Mais non é o único. Agora, por fin, temos un programa de debate na televisión pública, o “Hai Debate”, que nos permite ver ós representantes de todos os partidos unha vez á semana falando de temas de actualidade. É unha maneira máis de achegar a política e as institucións ós cidadáns,e, ademáis, contribúe a consolidar a democracia. Un programa impensable na anterior etapa.

Tamén mudaron bastante os informativos. Agora podemos escoitar á oposición, as súas propostas e as súas críticas, igual que escoitamos ó goberno. Non sei para vós, pero para min é un cambio importante, antes non viamos a ninguén do PSdeG nin do BNG nin por aposta. Faime gracia cando escoito ós do PP protestando porque saen pouco no telexornal. Non se deben acordar da súa etapa, na que a oposición non é que saíse pouco, é que non saía.

Iso sí, pasamos de ter a Fraga ata na sopa, a ter a Touriño e a Quintana facendo declaracións, inaguracións e actos varios por doquier.

Creo que outra das mellares cousas que ten a TVG son as series de producción galega. Empezaron, hai xa uns anos, co clásico “Mareas Vivas”, serie de moito éxito, e seguiron con outras como “Terras de Miranda”, “Libro de Familia” ou “A vida por diante”, todas tamén con notable éxito. Supoño que é porque son ficcións onde nos podemos ver reflexados unha grande parte dos galegos e galegas, que falan de cousas que suceden ó noso redor, e nas que mesmo os nomes dos personaxes podemos identificalos cos dos nosos veciños, cousa que non pasa nas series españolas, que, ás veces, falan de realidades totalmente alleas á galega.

Pero tamén quedan aínda moitas cousas por mudar. Queda, por exemplo, a máis importante, que tal e como se prometeu en campaña, e como xa se fixo a nivel español, o director da Compañía da Radio Televisión de Galicia se elixa no Parlamento de Galicia(A ver si temos mellor ollo que co Valedor do Pobo) por maioría cualificada. Que sexa un director ó servizo dos cidadáns e non ó servizo do Goberno de turno. Esperemos que se aborde no seguinte período de sesións.

E logo hai cousas que, cando menos, chaman a atención. Que se siga emitindo LUAR, tremendamente criticado por algúns dos que hoxe están no goberno(Ollo!, eu creo que non debería suprimirse, pois a súa audiencia demostra que é un programa do que gusta moita xente, e que colabora na difusión da cultura e da música galega). Ou que un dos presentadores ós que tamén lle choveron críticas abondas, agora teña programa propio e sexa, ademáis, acompañante fiel do Vicepresidente da Xunta nas Festas dos Maiores. Si, sí, esas coas que o PP pretendía enganar ós nosos maiores, segundo o BNG, pero que agora se adica a potenciar o número dous da Xunta. En fin, cousas veredes.

20.8.07

Fomentando o humor

10.8.07

Apoio ós compañeiros e compañeiras de Navarra



Déixovos o comunicado de apoio colgado na web das Xuventudes Socialistas de Galicia.

As XSG manifestaron hoxe o seu apoio á decisión tomada polas Juventudes Socialistas de Navarra de presentar a súa dimisión por non estar dacordo coa decisión do PSN de acatar as directrices de Ferraz en relación ó futuro político de Navarra.

Así o manifestaba hoxe a súa Sª. xeral, Loli Rodríguez Amoroso, “As JSN sempre teñen manifestado a súa preferencia por un pacto de progreso en Navarra. Ó non ver cumplido o seu obxectivo, parécenos dunha ética intachable e dunha valentía que non acostumamos a ver que presenten a súa dimisión por considerar que lle fallaron ó conxunto dos navarros e, especialmente, á mocidade”

Con respecto ás tensións que esto poida producir no seo do partido Loli Rodríguez opina que “non ten porque haber ningunha tensión, as Xuventudes Socialistas somos unha organización autóma, con posicionamentos políticos propios, cercanos ós do Partido Socialista, pero non sempre coincidentes” afirma Loli Rodríguez, que tamén di que “forma parte da autonomía da nosa organización manifestar o que pensamos, aínda que isto sexa contrario á opinión do partido”.

Dende a dirección nacional das Xuventudes Socialistas de Galicia enténdese e compártese a actuación dos compañeiros e compañeiras de Navarra.“A nós tampouco nos tería gustado que ningúen nos dixese se podiamos facer ou non goberno de progreso en Galicia”, manifestou Rodríguez Amoroso, que aproveitou a ocasión para solidarizarse cos compañeiros e compañeiras de Navarra, e, especialmente, coa súa Sª Xeral, Irene La Puerta, por defender con valentía os intereses da mocidade Navarra.

De política, soldos e ética

Artigo escrito para Vieiros o 8 de agosto de 2007

Nestes días de verán, entre praia e caloriño, e pouco despois de celebradas unhas eleccións municipais, hai un tema estrela na información política: os soldos dos cargos públicos. Moito se escribiu xa sobre o tema, e hai opinións para tódolos gustos. Ben, pois aí vai unha máis.
Considero que os que exercen unha responsabilidade pública, aqueles que deciden que é o que se fai cos cartos de todos os cidadáns, deben estar ben retribuidos. Igual que creo que todos os que desempeñan un traballo, sexa cal sexa, teñen que ter un salario xusto. O que non me parece ben é mesturar unha cousa coa outra.

É dicir, cando falamos do que cobran os políticos falamos diso, e non do que cobran os funcionarios, fontaneiros, enfermeiros ou banqueiros.

Todo o mundo pode participar en política, hai partidos políticos para todas as ideas e senón, tamén existe a posibilidade de crealos. E digo isto para recordarllo a aqueles que din que os políticos só están aí para chupar cartos, para facerse ricos ou cousas polo estilo.

A todos os que din eso os animo a entrar en política, non hai nada máis democrático que iso, presentarte diante dos cidadáns cun proxecto político e que estos avalíen si é un bo proxecto e co seu voto decidan quen goberna os intereses de todos.

Non se pode verter “merda”, e perdoade a expresión, sobre os que deciden adicarse á política, pois é un traballo moi digno e ademáis, e esto é moi importante, coas portas abertas a todos aqueles que queiran traballar polo ben común.

Non sei cal é cantidade exacta que debería cobrar un alcalde, nin o de Ourense nin o de Cangas. O que creo é que as retribucións dos alcaldes e alcaldesas debería estar fixada en función do número de habitantes do concello, do orzamento do mesmo e do número de concelleiros. E así acabaríase todo este enredo.

Outra cousa é o que se acaba de aprobar recentemente, na reforma da Lei de Función Pública de Galicia, de consolidar os complementos de destino dos directores xerais da Xunta. Eu non estou dacordo con isto, e así o manifestei e o manifesto no meu partido nos órganos que considero oportuno.




O que non admito é que ninguén me de leccións de ética. E refírome as declaracións da Directora Xeral de Fomento e Calidade da Vivenda, Encarna Otero, que, escudándose nunha suposta ética, pide a insubmisión polítca e económica a esta medida.

Digo eu que esto mesmo xa llo manifestaría á Conselleira que a nombrou para que esta á súa vez o trasladase ó resto do goberno nos Consellos de Goberno que tódolos xoves teñen lugar en San Caetano e polo que tamén pasou esta reforma de lei sin que, que saibamos, atopase ningunha oposición dentro do seo do mesmo.

E digo eu que tamén lles manifestaría esto mesmo a todos os seus compañeiros diputados do BNG que votaron favorablemente a esta medida no Parlamento de Galicia.

E digo máis, pregúntome si esa ética da que fala a directora xeral estaría presente cando, por exemplo, se contrataron centos de páxinas de publicidade da consellería á que pertence con información tan relevante como “Plan de Vivenda 2005-2008”, sin ningunha información máis, nin lugar ó que dirixirse, nin medidas do plan nin nada de nada…propaganda pura e dura, vaia…onde está a ética cando se invirte miles de euros nesa publicidade que sólo é fume?

Ademáis diso paréceme moi pouco ético que un responsable público chame a insubmisión e á desobediencia, porque son os responsables públicos uns dos garantes de que se cumplan as leis e de facer cumplilas.

E sí, estou dacordo con Ricardo Varela cando di que unha directora xeral non pode facer un chamamento a que se cometa un delito, neste tema ou en calquera outro. Porque si ademáis de ética ten coherencia ó mellor debería presentar a súa dimisión e criticar esta medida como cidadá, non como política, básicamente porque forma parte do goberno que aprobou a medida e do partido político que a votou no Parlamento.
Ética, toda a do mundo, pero con coherencia, por favor.