26.2.07

Valderrei


Hoxe, ás 16.55 horas, comeza na TVG a serie Valderrei. Emitirase de luns a venres a esta mesma hora.

A serie, cuxa protagonista é unha muller que ten que fuxir da súa casa debido á súa situación matrimonial, desenvólvese en Valderrei, un lugar imaxinario situado entre Padrón e Caldas de Reis.

Son unha asidua das series da Galega, Libro de Familia, A vida por diante...Creo que hai moito talento en Galicia, e que, en moitas ocasións non sabemos aprecialo.

Intentarei ver esta serie, aínda que a hora non acompañe, e intentareino non só porque creo no audiovisual galego senón porque unha das protagonistas é Tamara Canosa, brillante actriz, ademáis de compañeira e boa amiga.

Para quen non a coñeza, era Laura, a moza de Fito na mítica serie da galega "Mareas Vivas". Tamén fixo un papel en "Heroína", de Gerardo Herrero e en "Días Azules", de Miguel Santesmases. Xenial. Disfrutariades, sobre todo, co seu papel de Hécuba, na obra de teatro "Las Troyanas". Impresionante.

Tamara,sabes que estou moi orgullosa de ti. Noraboa!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Gracias jefa. La foto parece puesta a mala leche,pero como no se aprecia, para que todos lo sepan diré que son las memorias de Alfonso Guerra. Lo digo porque me lo regalaron por mi 23 cumpleaños mis amigas/os, y tal vez las fotos de ese día reflejen un poco lo que nos une Loliña: la amistad, el cariño, los ideales y las ideas.

Anónimo dijo...

Moitas felicidades Tamara!! Agardo verche pronto e que me contes que tal nesta nova aventura!!!

Anónimo dijo...

Eu vin hoxe por primeira vez a serie e xa estou enganchada!!!!!!!
Noraboa Tamara!