29.12.08

Lo que el viento se llevó...



Lo que el viento se llevó...la vergüenza de unos pocos...

15.12.08

Esos compañeiros de viaxe...



Hoxe pola mañá, camiño de Santiago, viña escoitando a Radio Galega. Estaban entrevistando a alguén do BNG, non logrei saber a quen.

O caso é que lle preguntaron pola alusión ó BNG feita onte por Emilio Pérez Touriño no acto de proclamación como candidato á Xunta de Galicia. Touriño agradeceu ós socios de goberno o seu traballo na Xunta de Galicia como compañeiros de viaxe. Creo que é un acto que o honra, pois alí non era Presidente da Xunta, senón o Secretario Xeral dos Socialistas Galegos. Un lider dun partido agradecendo o traballo doutro partido.

Ben, pois éste bloqueiro, termo oficializado xa por Quintana, non só non correspondeu ó xesto de Touriño, senón que veu dicir algo así como que era o mínimo que podía facer Touriño,agradecerlle ás consellerías do BNG o seu traballo, pois eran as que máis traballaran do goberno, porque no lado socialista do goberno, iniciativas máis ben poucas.

E citou ás consellerías do BNG que máis traballaron, Medio Rural, Vivenda e Vicepresidencia (curiosamente non citou a Cultura) e ás do PSdeG-PSOE que apenas fixeron nada, segundo él Presidencia e Medio Ambiente.

Só por citar unha cousiña de cada consellería, digo eu que o Pacto Local foi obra da Consellería de Presidencia...claro que como o BNG moitos alcaldes non teñen ó mellor non entenden da súa importancia...e iso que presumen de municipalistas... Iso por non falar do plan de saneamento das rías galegas posto en marcha polo departamento que dirixe Pachi Vázquez, que, preguntémoslle á cidadanía, debe ter a súa importancia...

Iniciativas as do BNG, nin unha soa medida para aliviar a crise económica que estamos vivindo. E iso que son os responsables da Consellería de Industria. Nin máis nin menos. (Afortunadamente temos uns responsables de Economía e Traballo tomando medidas dende o minuto cero. Consellerías socialistas, que casualidade)

Manda carallo, digo eu.

"Nace o corvo na pena e tira pr'ela" di o refrán.

11.12.08

14D


Quedades convidados/as ó acto de proclamación de Emilio Pérez Touriño como candidato á Presidencia da Xunta de Galicia polo PSdeG-PSOE.
Non faltedes!

5.12.08

Moción de censura en Mos


Concentración contra a moción en Mos:

Sábado 6 de decembro ás 12.00 horas

Fronte ao Pavillón Óscar Pereiro

Portelos-Mos

3.12.08

In memoriam




Deixaránnos sen palabras.

Pero nunca nos quitarán a voz.

1.12.08

Esos malditos cabróns


Levo días pensando en escribir sobre a violencia de xénero, pero ó certo é que se me pasan tantas cousas pola cabeza que este post sería, e seguramente será, caótico.

E mentras ordeaba as miñas ideas outro cabrón machista asasinou á súa moza e feríu a dúas persoas. A súa ex- muller está viva de milagro.

A rabia que me pasa por dentro cando sucede unha cousa destas lévame a olvidar por un momento os meus principios e valores e desexarlle a cabróns coma este unha morte indigna e dolorosa.

Non deixo de pensar que lles pasará pola cabeza a estas persoas para asasinar a alguén a quen se supón amaron nalgún momento. Supoño que nunca as quixeron en realidade, sólo as posuíron(no sentido máis materialista da palabra)

E tampouco deixo de pensar que é o que estamos facendo mal, a clase política, o profesorado, as familias...a sociedade en definitiva, para que sigan sucedendo cousas coma esta.

E aínda me leva máis o demo cando coñezo estudos con resultados como o seguinte: á pregunta de si se lles ocurre algunha xustificación para que un home abofetee á súa parella, un 42% de estudantes universitarios responde que sí.

Provócame tal estupor que quedo sin palabras. E sin letras.

Non permitamos que a metade do xénero humano siga vivindo sometida. Non permitamos que esos malditos cabróns sigan asasinando.


P.D. Perdoade polas formas e pola forma deste post.

29.11.08

Sempre Forges


26.11.08

25.11.08

Él no es así


Hoy, 25N, Día Internacional contra la violencia de género, os dejo un texto escrito por mi buen amigo Dapena, abogado, leído el pasado domingo en el acto del PSdeG-PSOE "30 voces masculinas contra la violencia de género".

Gracias Dape.

“Él no es así, él no es así. Él en realidad es bueno, es muy cariñoso…, cuando está bien…”
Escucho estas excusas una mañana, sentado a la puerta del Juzgado de Violencia contra la Mujer, de guardia como abogado en el Turno de Oficio, mientras mudo interiormente mis esquemas mentales: de la habitual defensa, a la acusación particular que el azar me ha deparado asumir.

No provienen estas palabras de la madre del acusado (una madre es una madre…, siempre ve al bebé que ese hombretón del calabozo un día fue…: es el fruto de su vientre de mujer; un fruto amargo, pero fruto).

No. No habla su madre. Me lo dice mi recién conocida clienta, la víctima: esposa o compañera del presunto maltratador frente a quien voy a dirigir la imputación. Habla moviendo las manos, la cara tumefacta, los ojos llorosos (¿cuántas lágrimas pueden derramar unos ojos…?).

Y yo sé (yo bien lo sé) que para protegerla voy a tener que hacerle daño (yo también). Voy a tener que abrirle los ojos, voy a tener que hacerle comprender que el insulto no es un piropo, que el golpe no es una caricia, que el desprecio no es amor…Que él no la quiere. No te quiere, mujer…

Y descubrir ese panorama, asumir esa realidad es otro giro más a la tuerca del dolor…, que la mente a veces se resiste a admitir: “…aunque los niños estén presentes, a ellos no les pone la mano encima…” –sigo oyendo-. Soy un profesional. Toca darle otro golpe de tuerca, otro golpe de realidad.

Cumplo con mi trabajo (¿y si me hubiese correspondido defender al hombretón…?). Soy un profesional –me repito-.
Obtengo una orden de alejamiento…; unas medidas provisionales… Bien.

¿Bien? No, no. Porque cuando pienso que lo peor ha pasado, recibo una llamada…, de ella:
“Perdone Sr. Abogado, es que deseo retirar la denuncia, quiero darle otra oportunidad”.(¿Otra oportunidad…? Pero, ¿cuántas van?).

(¡Ay, mujer!: ¡¡¡SI VIERAS A ESE MISERABLE CON MIS OJOS…!!!)

18.11.08

AB


Prometeches amarme sempre....


Sigue sendo sempre?

10.11.08

Amigos para sempre


Preséntovos a Pelanas. Pelanas III. O seu avó era Sir Pelanas I, un can xudeo e alemán afincado na campiña inglesa. O noso Pelanas convertiuse nun can bohemio e acabou nun refuxio...Esta é a súa historia, que chegou ata min grazas a Victoria.

Por Pelanas, e por moitos outros Pelanas, nace "Amigos para Sempre".

"Amigos para sempre" é o título do concurso de relatos que organizamos dende o Consello da Xuventude de Galicia dirixido a rapaces de entre 12 e 18 anos.

Aínda que pareza mentira, no pasado 2007 foron abandoados en España máis de 100.000 cans e gatos. Creo que unha sociedade que se ten por madura non pode consentir tamaña irresponsabilidade.

Por iso, porque creo fundamentalmente na educación como concienciadora da sociedade, nace este concurso. Un concurso de relatos no que queremos que a xente moza nos conte a súa relación cos animais cos que convive. Seguramente os adultos teñamos moito que aprender da xente máis nova.

E tamén porque pretendemos que ó fio do concurso se dean na aula debates sobre o tratamento que lle da a nosa sociedade ós animais, sobre biodiversidade, natureza...

E sobre todo que aprendamos que os animais non son xoguetes, senón seres vivos. Son "amigos para sempre"

"O progreso dunha sociedade mídese polo trato que ésta lle da ós animais"

P.D. Sobre este tema recoméndovos un precioso post de Tamara do sábado 1 de novembro.


4.11.08

Nostalxias


As súas angustias contoumas o outro día, mentras no transistor do coche, de fondo, alguén contaba vidas alleas...


Non deixaba de preguntarse porque era sempre él o protagonista das súas nostalxias...

Se nin siquera recorda os lunares que pintaban a súa pel...a pesar de que un día a soubo de memoria...

... tampouco as súas caricias, esas que algún día lle fixeron tremer algo máis que o corpo, esas que cautivaron a súa alma...

... se xa non recorda o son dos quérote, e iso  que procurou grabar cada un nalgún espazo do seu corazón...

 ...non é capaz xa de percibir ese olor que algún día lle fixo soñar futuros imposibles... 

...a desmemoria invadíu todo o que ela quixo conservar del...

...todo...salvo ese papel de cor que, burlón, impide o paso do tempo...todo...salvo a intimidade do abrazo cotiá...

Será o papel de cor que envolve os abrazos cotiás o que o fai protagonista da nostalxia?preguntou.

Non sei a resposta.

27.10.08

Desnudez


... ela dixo non...

... porque non quería que fotografiase a súa alma desnuda...

...porque non quería que posuíse para sempre a esencia da súa alma...

...porque as fotos tamén debuxan as caricias tatuadas na pel...

...por eso dixo non...

14.10.08

Reflexión en catalán


Déixovos un anaco dunha reflexión que fai no seu blog persoal o Vicesecretari Primeiro das Joventut Socialista de Catalunya, Rubén Cabañas.

Pareceume moi interesante e comparto gran parte das cousas que di.

Si queredes consultar o post completo podedes facelo no seu blog persoal. Merece a pena botarlle un ollo, pois fai un repaso dos trinta anos de historia das JSC.

...Penseu que el PSC desaprova aquesta actitud de la JSC?, en el moment en que han de patir les conseqüències no els fa gaire gracia (us ho puc ben garantir), però en el fons comparteixen amb nosaltres que qualsevol moviment juvenil ha de ser autogestionat políticament pels mateixos joves o acaba sent una mala còpia de qui els gestiona. És a dir, no aportarem res al moviment socialista si acabem sent persones de 50 anys atrapades en cossos de 20, joves sense la més mínima capacitat crítica o de proposta, seguidistes del poder amb l’única virtut de parlar bé en públic encara que allò que diem estigui buit de contingut. Com es pot llegir al anvers del nostre carnet: “La Joventut Socialista de Catalunya hem de fer front als problemes dels joves. Que hi hagi una organització on els joves s’autogestionin i dirigeixin, on siguin capaços de donar alternatives als seus problemes sense la supervisió teòrica de ningú, és necessari”. Suposo que ara ja sabeu perquè vaig escollir aquesta frase...

13.10.08

Xuntanza de bloggers socialistas


O vindeiro mércores terá lugar na sede do PSdeG-PSOE a primeira xuntanza de bloggers socialistas.


Case todos nos coñecemos da rede, incluso hai algúns que só nos coñecemos diso pero nunca nos vimos en persoa. Creo que é unha boa ocasión para vernos as caras, e sobre todo para compartir as nosas experiencias no blog.


Vémonos alí!

7.10.08

Penso en ti


...cun frío arrepiante dese que che deixa o corpo aterecido...cun calor deses que che impide mover ese músculo que antes tiñas aterecido...cando co paraugas corro baixo a chuvia para resgardarme...

...á beira do río...ou á do mar...rodeada de xente ou sola conmigo mesma...cando baixo as escaleiras...e tamén cando as subo...

...mentras espero a que o semáforo se poña en verde...e cando na pantalla do móbil aparece o teu nome...ou cando non es ti desexando que o sexas...

...mentras me cobixo no teu abrazo atrapándoo para que sexa infinito...

...baixo as sabas co calor da túa pel...e na cama que se me fai enorme cando escapa o calor que deixou a túa presencia...cando nela só queda o teu perfume...

...mentras conduzo...e cando me levan...

...na cordura...e tamén na locura...

...cando te quero...e cando te odio...

...mentras apuro un pitillo...ata cando me mata a dor de cabeza...

...sempre...sempre...sempre...

...ata cando non podo pensar...

...penso en ti...


P.D. Para él

26.9.08

Dous gobernos



Existen dous gobernos, din moitos.

Dous gobernos que na teoría son un. Dúas forzas políticas que non acadaron os votos suficientes nas urnas e que tiveron que xuntar os de ambos impedindo gobernar ó partido máis votado. Facendo trampas.

Cada un deses gobernos, ou cada unha das partes dese goberno, ten unha ideoloxía distinta, unhas prioridades distintas, diferentes formas de analizar e solucionar os problemas.

Uns a favor das galescolas e outros pensando que estas non son máis que centros de adoctrinamento.

Uns criticando ó goberno e outros apoiandoo.

Uns a favor de educación para a cidadanía e outros en contra.

Uns a favor do ensino íntegramente en galego e outros non.

Uns a favor de potenciar a cultura galega e outros apostando pola española.

Uns apostando pola reserva de sólo para a construcción de vivendas protexidas e outros en contra.

Uns apostando pola billarda e outros tirando cara o fútbol.

Non se poñen dacordo nin nas reunións do máximo órgano de dirección de goberno.

Pero eles intentan aparentar normalidade.

Un desastre, vaia. Esto non é o que elixiron os cidadáns, di o terceiro en discordia, o partido máis votado pero ó que non lle deixaron gobernar.

Existen dous gobernos, din moitos.

E que di o Sr. Feijoo?

Perlas coma esta: “El pacto en Santiago(o do PSdeG-PSOE e o BNG para facilitar que nos concellos goberne a forza máis votada das dúas opcións) va contra la autonomía local de los concejales electos”

Existen dous gobernos en Muros Sr. Feijoo?

Os concelleiros do PP de Muros a quen atenden ordes, ó alcalde nacionalista Domingos Dosil ou ó portavoz popular J.Antonio Siaba?

É un goberno de coalición malo para Galicia pero bo para Muros?

Son os do BNG cos que goberna o PP en Muros os mesmos que apoian o Plan Ibarretxe, os que segundo vostede queren impoñer o galego negando a liberdade de elección, os mesmos que apoian o modelo de financiación que propón Cataluña? Son os mesmos ou é que os do BNG de Muros son diferentes?

23.9.08

La verdad


Os dejo hoy algunas citas que me hacen reflexionar sobre la verdad, la mentira, la conciencia...Casi siempre hay mucha sabiduría detrás de ellas.
Dedicadas a todos aquellos que gusten de leerlas.

"Las peores verdades se dicen en broma"

"La verdad se corrompe tanto con la mentira como con el silencio"

"Di la verdad aunque sea amarga. Di la verdad aún contra tí mismo"


"La conciencia es cobarde, y cuando no tiene fuerza para evitar las faltas, rara vez es lo bastante justa para acusar"


Y todo porque...no hay carnaval sin cuaresma.

19.9.08

Lo que no pase en España...



Creo que la noticia se comenta por sí sola.

A veces también hay que echarse unas risas.

18.9.08

Gonzalo Durán, Alcalde de Vilanova de Arousa


Maldita pandilla de rojos de mierda!


Esas foron algunhas das palabras que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, do Partido Popular, lle adicou ó subdelegado do goberno en Pontevedra, Delfín Fernández, e ós bateeiros que se manifestaron en días pasados.

O de este home non ten arreglo. Seguramente moitos non o coñezades, pero é un tipo especial. Alcalde, segundo él, de Villanueva de Arosa, non fala galego nin por aposta.

Aqueles que acusan ós socialistas de reabrir vellas feridas por aprobar a Lei da Memoria Histórica ó mellor deberían mirar un pouquiño máis a quen teñen nas súas filas, porque homes como este alcalde pareceron quedar nesa historia á que ó Partido Popular aínda lle quere botar máis terra enriba.

Se queredes escoitar as declaracións, que non teñen desperdicio, e moito menos respeto democrático, podedes velas na páxina web da galega, en Galicia a primeira hora das 08.00h da mañá. É o primeiro que sae.

Non deixedes de escoitalo, aínda temos homes prehistóricos en Galicia. E nós pensando que se extinguiran!

17.9.08

Amor Prohibido


AMOR PROHIBIDO


Solo tú y yo sabemos lo que ignora la gente

al cambiar un saludo ceremonioso y frío,

porque nadie sospecha que es falso tu desvío,

ni cuánto amor esconde mi gesto indiferente.



Solo tú y yo sabemos porqué mi boca miente,

relatando la historia de un fugaz amorío;

y tú apenas me escuchas y yo no te sonrío...

y aún nos arde en los labios algún beso reciente.



Solo tú y yo sabemos que existe una simiente

germinando en la sombra de este surco vacío,

porque su flor profunda no se ve, ni se siente.



Y así, las dos orillas, tu corazón y el mío,

pues, aunque las separa la corriente de un río,

por debajo del río se unen secretamente.

De José Angel Buesa


Para un bo amigo...

16.9.08

Eternidade



"¿En qué lugar, en dónde, a qué deshoras

me dirás que te amo? Esto es urgente

porque la eternidad se nos acaba..."

De Jaime Sabines.

4.9.08

Vacacións...

Eu estiven de vacacións e o meu blog tamén. De novo en setembro empeza a vida diaria e con ela a vida do blog. Desculpade polo abandono estival.

Déixovos unhas fotos que fixen estas vacacións en marabillosos paisaxes de Galicia, o mellor país do mundo.


Ría do Barqueiro


Flor do demo

Landras


Moras en San Andrés de Teixido

30.7.08

XI Congreso do Partido dos Socialistas de Galicia





Cóstame falar do Congreso do Partido Socialista só en termos políticos, porque para min foi sobre todo un congreso de sentimentos. De sentirme socialista e de sentimentos.

Colgo a intervención das XSG na inaguración do Congreso, que me tocou facer a min, a petición de moita xente, sobre todo dos bloggers. De José Luis Prieto, de Cesar Calderón, de Dani Casal, de Adriana...que me fixeron sentir que os valores socialistas seguen moi presentes na nosa sociedade, e que deberiamos reencontranos e recrearnos neles máis veces... que fixeron que me sentira moi orgullosa da organización á que represento, das Xuventudes Socialistas. Gracias blogueiros, por todo.

Dicíalle a Mar, a nova secretaria de organización, que non sabía expresarlle todo o que significa para min que unha muller ocupe este lugar, unha muller e sobre todo ela. Mar, o socialismo feito muller. Dicíalle que me faga un favor, que disfrute por todas e cada unha das mulleres socialistas. Non teño ningunha dúbida de que o fará ben, non só porque é profundamente socialista, senón porque cre e quere a este partido.

Decía que para min este foi un congreso de emocións. Ver subir a Iván como membro da Comisión Executiva Nacional foi...indescriptible. Iván, o "meu" secretario de organización, o que empezou conmigo un proxecto político nas XSG e que os e as fenesas me "roubaron" para que fose o seu alcalde con grande pesar por perdelo e con grande alegría por ver como medraba política e persoalmente. Pero sobre todo Iván, o meu amigo. Non sabes canto me alegrei.

E a emoción máis grande foi cando subíu Lage, non porque sexa a miña parella. Tampouco porque por riba de todo sexa o meu amigo, que tamén. Sobre todo porque se fixo xustiza. Ninguén máis ca él merecía estar aí. Algúns sabémolo, ou non é certo Silvia? Lage, o que sempre estivo aí cando o necesitamos ou necesitei, políticamente e persoalmente. O que sempre apostou por nós. O espello no que moitos nos miramos. Un gran socialista, un galeguista convencido. Unha gran persoa.




Creo que neste post sobre todo teño que dar as gracias.

Gracias a aqueles que confiaron en min para formar parte deste proxecto.

Gracias á miña organización, as XSG, por creer en min e por pensar que outro mundo é posible.

Gracias a Antonio, por saber comprender...a todos os que o sábado pola noite esperaron longamente algo que nunca chegou, como dixo Adriana.

Gracias a todos os compañeiras e compañeiros, e gracias sobre todo ós meus amigos...

...a Silvia...por entendelo todo e estar sempre aí...a María...unha gran persoa e gran amiga e, aínda que ela todavía non o sabe, unha gran política...a Alberto...por confiar sempre en min e, sobre todo, por quererme tanto...a María e Pablo....que, como di Amaral, chegaron de casualidade e xa forman parte da miña vida...a Kechu...por tantas cousas que non collerían nestas liñas, porque non sabes canto te quero...


...a Azu...porque aínda lonxe estaba tan preto...a Yoya...unha máis das XSG, compañeira de repartos electorais a horas e en lugares imprudentes que forxaron unha gran amizade...a Dape...por convecerme de que ás veces o improbable acaba sendo posible...a Julio...alguén ós que moitos aínda teñen que descubrir...a Fer...sobre todo pola súa lealdade e amizade...


...a Blas, o meu outro cari, por tantas cousas...e polos seus abrazos...a Eva...pola súa confianza cega e a súa ilusión contaxiosa...a Diego...porque sei que está aí aínda cando non llo pides...a "Casti"...un valor por descubrir...por todo o seu cariño e confianza...a Xaime...pola súa colaboración silenciosa, coma él...a Fran...por estar cando xa non está...

...e a Tamara...pola súa utopía necesaria...por ser, unha vez máis, a miña outra metade...pola confianza...pola súa forza...por ser...a miña mellor amiga...


e a todos e todas os que non citei porque senón estas liñas serían interminables...a Lu...Isa...Patricia...Rocío...Javi ...María...Miguel...Pampín...Ramón...Adriana...Nacho...Marta...Enrique...a todos e todas...


...a todos e todas os que me pararon polos pasillos para felicitarme...o discurso non é meu...tamén é voso...é de todos aqueles que cada día defenden os nosos valores...de todos os que son e se sinten socialistas...dos que creen que hai que combatir a desmemoria....dos que son socialistas non para amar en silencio as súas ideas...como dicía Pablo Iglesias...


E permitídeme un GRACIAS especial. GRACIAS a un home, maior, que me parou no pasillo e me dixo unhas palabras que me desarmaron: "gracias por devolverme a utopía". Só por eso, mereceu a pena o congreso.


27.7.08

Loitando contra a desmemoria, mirando ó futuro


Tal e como lle prometín a algúns compañeiros e compañeiras, e sobre todo a varios bloggers que estiveron no Congreso colgo íntegra a miña intervención na inaguración do XI Congreso do PSdeG-PSOE.

Prometo colgar o vídeo en canto o teña. E mañá, en canto descanse unhas horiñas, comentarei a miña visión sobre este congreso.

Non podo colgar esto sen agradecerlle a Tamara que sexa tan fielmente a miña outra metade. Gracias Tami!


Bos días compañeiras e compañeiros.

En primeiro lugar gustaríanos agradecerlle ó Partido dos Socialistas de Galicia que, como organización xuvenil e irmá do partido, nos teña invitado a dirixirvos unhas palabras na inauguración deste Congreso. Gracias, compañeiros e compañeiras e permitídeme, antes de nada, desexarnos un bo congreso.

Congreso que é unha xuntanza das e dos socialistas galegos para definir quen somos e cara onde imos. Qué queremos, qué soñamos, e tamén para reflexionar sobre o que esperan de nós os galegos e as galegas, os e as socialistas que aínda que non formen parte activa deste partido, comparten a nosa visión do mundo. É a ocasión de demostrar ata que punto estamos comprometidos cos valores do socialismo.

Un congreso é a data que marca o calendario para afondar naquelo que nos une como socialistas, que nos define como tales. É tamén o momento de abrirlle as portas á sociedade e contarlle porqué somos socialistas, qué defendemos, porqué militamos no Partido Socialista e porqué lles pedimos a súa confianza.

É o momento de abrir o corazón, de demostralle ó mundo que ser socialista significa crer e defender a igualdade. Principalmente igualdade entre todas e todos os cidadáns, e particularmente entre homes e mulleres. Porque é imposible acadar igualdade en ningún ámbito mentres a metade do xénero humano viva un escalón por debaixo.

Nós, os e as socialistas, temos que ser quen de comprometernos sen complexos coa causa feminista e con cada unha das mulleres que sofren a discriminación no seu día a día, no seu traballo, na súa vida. Temos que dicirlle á sociedade que para os socialistas as mulleres hai tempo que deixaron de ser a filla de, a nai de ou a muller de…

Igualdade é non discriminación, non discriminación porque o meu sexo, a miña capacidade económica, a miña idade, a miña raza, a mina orientación sexual non deben, xamáis, limitar o exercicio dos meus dereitos. Iso é socialismo.

Os Congresos, compañeiras/os, son tamén o mellor momento para facer un exercicio de retrospección. Os congresos teñen que servir para mirar cara adiante, pero tamén para recibir un antídoto contra a desmemoria. Para saber a onde imos, compañeiras/os, temos que ter claro de onde vimos.

Temos 129 anos de historia que nos falan de sacrificio, de esperanza, de logros, de traballar por un mundo libre sen donos nin escravos, sen cidadáns de primeira e cidadáns de segunda. 129 anos dos que sentírmonos orgullosos. Orgullosos de ter sido o partido dos dereitos, o partido dos humildes, dos desamparados, o partido da ilusión. Mirar atrás para nós e seguir a senda da democracia, do sufraxio universal, da educación e a sanidade universais, de Pablo Iglesias, da Unión Xeral de Traballadores, da II República. Iso forma parte do orgullo militante.

Temos que honrar a memoria dos que arriscaron a súa vida para que a sociedade na que vivimos fora de todas e todos, e non só duns poucos. Temos que honrar a memoria dos que deron a súa vida por defender a liberdade, por defender que para os socialistas as persoas son o primeiro, o segundo e o terceiro. Contarlles que onde houbo loita polos dereitos das persoas, pola dignidade, pola liberdade…houbo un socialista poñendo o mellor de sí mesmo, o mellor de sí mesmo e moitas veces a súa vida.

Somos a testemuña da irreverencia da liberdade e temos a obriga de non esquecelo, de curarnos da desmemoria. Temos a obriga de levar a cabeza ben alta. Porque ter un carné cunha rosa e un puño gravados non só significa sentirse socialistas, senón tamén defender os valores do republicanismo, do laicismo, do federalismo, do galeguismo, da solidariedade…de sentirnos orgullosos de construir un mundo que non entende de privilexios, un mundo que constrúe dereitos.


Como partido temos tamén que ser conscientes de que temos que conectar cos soños das e dos cidadáns que tamén cren nese mundo. Temos que romper co descrédito que moitos cidadáns senten hacia a política e os politicos e chegar a eles. Dicirlles que pensamos coma eles, que sentimos coma eles e que precisamos da súa implicación.

Temos que dicirlles, que se hai algo que non lles gusta….se movan para cambialo. Porque o que non se equivoca nunca é o que nunca fai nada. E para conseguilo temos que facer un exercicio de autocrítica, temos que avaliar se somos quen de transmitir as nosas ideas e valores. Temos que escoitar para ser escoitados. Porque senón facemos isto, estaremos falando nun atril engrandecidos dos nosos logros… pero non haberá ninguén para nos escoitar.

Eduardo Galeano dixo unha vez que cando ves a utopia no horizonte e das un paso para achegarte a ela esta se alonxa, que das outro máis e se alonxa ese pouquiño que avanzaches, que das outro e volve a alonxarse. Para que serve entón? se preguntou, me pregunto. Pois serve para seguir avanzando compañeiros e compañeiras.

Reflexionemos, debatamos e sexamos quen de dicirlle ó mundo que os e as socialistas de Galicia temos obxetivos, valores, propostas, ideas…e ideais. Digámoslles ós galegos e galegas, os mozos e mozas galegos que, se cadra, a utopía non é un soño…é unha verdade prematura.

Digámoslle coas nosas enmendas, cos nosos proxectos que, como dixo o brasileiro Raúl Seixas, un soño que se soña só é só un soño, un soño que soñamos xuntos é unha realidade.

Saúde compañeiros e compañeiras, bo congreso e boa sorte.

17.7.08

AB II


Porque non quería limitarse á realidade inventaba universos paralelos...eses outros que podería ter vivido...

...universos nos que os abrazos estaban cosidos á súa pel...nos que o tatuaxe das súas caricias estaba escrito con tinta indeleble...

...universos, aínda que desiguais, compartidos, desexados, apaixoados...universos nos que se descubrían...nos que se refuxiaba...

...universos nos que os malos momentos ían quedando abandonados mentras baixaba, unha a unha, despacio, como despedíndose, as escaleiras...

...unha na que quedaban as discusións...dúas...tres...nas que quedaban os malentendidos..., vinteunha....trinta e tres...borrando as noites nas que aínda acompañada se sentía sola...cincuenta e catro...setenta e oito...abandonando as bagoas que verteu...ochenta e un...ochenta e tres...combatindo a sensación de fracaso...

...universos polos que ás veces pasea...e...nos que, algunha vez, se atoparon...porque...durante só uns segundos...non máis dos que leva xuntar as letras desta historia...de novo se entendían sin necesidade de mirarse...porque escribir tamén é falar.

4.7.08

AB I


Atopeite de novo mirándome a min mesma, buscándome, intentando adiviñar o porqué dalgunhas casualidades.

Non te busquei, atopeite dentro de min, non a ti, senón a esa parte de min que tamén é túa...

Non te busquei, atopeite.

Non te busco, xa foi.

Non te buscarei, non quero atoparte.

Crebacabezas



Seco por fora e tenro por dentro...???

Pregúntalle ó corazón...

30.6.08

AB


Bebía despacio, saboreando cada trago mentras paseaba pola memoria…Apuraba, en cambio, o pitillo como se a nicotina fose a única menciña para a melancolía…

Viaxaba a súa memoria nun tren…unha única paisaxe…outros ollos…sin palabras…só unhas letras na pantalla do móvil...

..hai curiosas maneiras de comunicarse…

…e na memoria non había máis horizonte…unha e outra vez un abrazo…

25.6.08

Sí...


Para as que pensan que perdín a cabeza, aí vai outra comedura de tarro...


Sí...gustáronme as uñas pintadas con margaritas...e a cámara vixiante...e as imaxes roubadas...e o arrecendo a té verde...mais era demasiado pronto...

17.6.08

Non...



Non cortar as unllas,non tolerar o despertador, non planchar a roupa, non falar coa xente, non acordarte…e o vestido azul…

13.6.08

Y si Dios fuera mujer?


¿Y si Dios fuera mujer?
pregunta Juan sin inmutarse,
vaya, vaya si Dios fuera mujer
es posible que agnósticos y ateos
no dijéramos no con la cabeza
y dijéramos sí con las entrañas.

Tal vez nos acercáramos a su divina desnudez
para besar sus pies no de bronce,
su pubis no de piedra,
sus pechos no de mármol,
sus labios no de yeso.

Si Dios fuera mujer la abrazaríamos
para arrancarla de su lontananza
y no habría que jurar
hasta que la muerte nos separe
ya que sería inmortal por antonomasia
y en vez de transmitirnos SIDA o pánico
nos contagiaría su inmortalidad.

Si Dios fuera mujer no se instalaría
lejana en el reino de los cielos,
sino que nos aguardaría en el zaguán del infierno,
con sus brazos no cerrados,
su rosa no de plástico
y su amor no de ángeles.

Ay Dios mío, Dios mío
si hasta siempre y desde siempre
fueras una mujer
qué lindo escándalo sería,
qué venturosa, espléndida, imposible,
prodigiosa blasfemia.
[Mario Benedetti]


Nota: Estos días vai de poesía. Hoxe, o mellor entre os mellores, Mario Benedetti.

11.6.08

El nombre olvidado


[...]

Y yo soy la ternura de aquel hombre
que tú quisiste, ya no importa cuando,
y el tiempo se detiene, y sigo andando,
pero no logro recordar tu nombre...


[José Ángel Buesa]


Para alguén, polos moitos abrazos recibidos...

9.6.08

Jose Ramón Gómez Besteiro, figura emerxente?



Por aí van os tiros do titular da entrevista que hoxe publica o xornal El País na súa edición de Galicia.

Recoméndovos esta entrevista a José Ramón, Presidente da Deputación de Lugo, unha persoa formada, traballador, con iniciativa e, sin ningunha dúbida, figura emerxente do socialismo galego. Un home de partido. Chegará lonxe. Meréceo.

7.6.08

Bichos raros



Déixovos "Bichos raros", unha simpática curta na que unha das protagonistas é Tamara, facendo de friki(sí,sí, moito máis friki do que é ás veces;-))

4.6.08

A culpa é de "Sapatero"...

Non vos perdades este vídeo de dous paisanos falando do tema Chikilicuatre en Eurovisión...Non ten desperdicio.

Como non...a culpa é toda de "Sapatero"...

30.5.08

Tribus por descubrir


Hoxe aparecía en diversos medios de comunicación o descubrimento dunha tribu na selva amazónica, na fronteira entre Brasil e Perú que non tivo nunca contacto co home blanco.



Parece incrible para nós, homes e mulleres brancos, europeos, inmersos no mundo das TIC parece incrible.







Ó certo é que me desperta moita curiosidade, debe ser a miña vocación frustrada esa que teño de estudar antropoloxía.





A pregunta que me xurde é que vai pasar agora que os descubriron. Porque...quen somos nós para cuestionalos ou molestalos?

21.5.08

Vai de ensino...




"Quen abre as portas dunha escola pecha unha prisión"


[Víctor Hugo]




"Educade ós nenos e non será necesario castigar ós homes"


[Pitágoras]




"Cando o aprendido se olvida queda a educación"




15.5.08

Poligamia



Lía hai días nos diarios a noticia de a que Vicepresidenta do Goberno, Mª Teresa Fernández de la Vega, se mostraba “horrorizada” pouco despois de sacarse unha foto en Níger cun home e as súas tres esposas.

Sei que este non é un tema fácil, e tampouco eu teño unha postura clara ou ben definida. Así que este artigo será un pouco a modo de reflexión de cousas que se me pasan polan cabeza a respecto disto.

Sempre crin que non existen valores nin dereitos universais, pois en cada lugar do mundo cada un deles pode ter unha interpretación diferente en función da cultura, da relixión, da evolución da sociedade… e porei un exemplo cun dereito fundamental como é o dereito á vida. Mesmo dúas persoas que viven na mesma sociedade, na española por exemplo, poden ter un concepto diferente do que significa o dereito á vida ou cal é o propio concepto de vida. Por iso as diferentes posturas en torno ó aborto ou á eutanasia.

Partindo desta base cústame estar de acordo co horror que manifestou a Vicepresidenta.

É dicir, podo coincidir no seu horror se estas mulleres non decidiron libremente a vida que queren levar (cousa seguramente probable), se non decidiron que queren compartir a súa parella con outras mulleres. Pódome sentir horrorizada pola falta de liberdade das mulleres en moitos países, e tamén en concreto en Níger. Sei ademais, que a poligamia é fundamentalmente masculina, e que non se dan apenas caso de poliandria. Pero creo que a Vicepresidenta debeu matizar máis as súas declaracións, matización no sentido que agora comentarei.

Non comparto que se mostre horrorizada pola poligamia en si. Nun país como España no que o concepto de matrimonio xa non é, afortunadamente, monolítico, non sei que ten de malo respectar que as persoas elixan libremente a súa forma de vivir, en parella, tres, catro ou as persoas que sexan e dos sexos que sexan. Supoño que iso é a liberdade.

Non pretendo abrir un debate que non está na sociedade cal é o da poligamia ou o do seu recoñecemento oficial.

Simplemente entendo que aqueles que cremos na idea exposta polo Presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, en torno á Alianza de Civilizacións, deberiamos pensar un pouco antes de facer determinadas manifestacións en torno a cuestións culturais ou relixiosas doutros países.E dígoo porque non haberá verdadeira alianza entre os pobos se uns non nos respectamos ós outros, sempre, por suposto, dentro do marco da declaración dos dereitos humanos, pero sempre tendo tamén claro que a cultura occidental non ten por que ser a mellor por ser a nosa e non intentando impoñerlla a ninguén.

14.5.08

Está o galego en crise?



Está o galego en crise?

Esta e outras foron as preguntas que hai uns días nos fixeron en no diaro dixital GZNación ás responsables das tres organizacións políticas xuvenís.

Se queredes escoitar o debate, podedes facelo aquí.

9.5.08

Entrevista con Maria, a bloggeira máis veterana

Recoméndovos que non vos perdades esta entrevista. Maria Amelia, ós seus 96 anos demostra, ademáis de moita vitalidade, moito sentido do humor.

E ademáis encántame a descripción que fai de Zapatero, "alguén que acaricia ó público coa mirada"

6.5.08

Tan galegos coma nós


Déixovos o artigo que este luns me publicaban en Vieiros.


O domingo regresei de París dunha viaxe na que compartín un par de días con descendentes de galegos e galegas que un día tiveron que emigrar en busca dun mundo mellor, ou simplemente en busca da supervivencia.

Os 21 eran mozos e mozas que non pasaban dos trinta anos, só dous deles naceran en Galicia, os demais naceran noutros países: Alemaña, Francia, Suíza, Holanda…

O primeiro que se me fixo raro é que cando os escoitei falar tiñan un acento galego… coma se nunca saíran da nosa terra. Ademais, cada un reproducía os trazos do bloque dialectal ó que pertencía. Non daba creto que rapaces e rapazas que naceron, viviron e viven noutro país foran capaces de manter ese galego tan noso, tan…galego, sen un chisco de contaxio de acento alemán ou francés.

O segundo que me sorprendeu foi o coñecemento que tiñan sobre Galicia. Sobre a Galicia actual. Eligio, un holandés nacido en Urdilde, falábame da autovía Santiago-Brión coma se todos os días pasase por ela para ir ata Santiago, e do corredor que ían construír e mesmo dos distintos posicionamentos sobre a variante de Noia…

Logo descubrín que tiñan un amplo coñecemento sobre a cultura tradicional e actual galega. Case todos sabían tocar a gaita galega ou a pandeireta, e ata o sacho… Mesmo sabían máis do que sabemos moitos que vivimos en Galicia.

Abraiada quedei cando preguntándolles de onde eran o que respondían non era Zurich, Nüremberg ou Xenebra, senón Verín, Guitiriz ou O Carballiño.

Algúns querían “volver” a Galicia. Volver? Pensaba eu… Como se volve a un lugar do que nunca marchaches? Que errada estaba, Galicia é o seu lugar, o seu país… Son holandeses porque naceron en Holanda, porque viviron alí… pero eles séntense galegos e galegas, por iso non din que queren vir, senón que queren volver, porque a nosa terra tamén é a súa.

Levan tan dentro a Galicia… se non o vise cos meus propios ollos non o crería. E non só iso, son os mellores embaixadores do noso país.

Ialma Música, por exemplo, que vai polo seu terceiro disco, cinco rapazas descendentes de galegos e galegas, que crearon un grupo e cantan en galego… en Bruxelas… e en todo o mundo…

O certo é que me quedou un regusto amargo ó rematar a fin de semana, un regusto como de culpabilidade. Porque cando estaba con eles, que se sentían tan galegos coma min, cando compartía risas, conversas e música con eles dábame conta da ignorancia na que vivimos as mozas e mozos galegos de que existe outra mocidade, que sente a nosa terra tanto coma nós, á que nunca temos en conta porque para nós non existe.

Suízos galegos, alemás galegas, franceses galegos, belgas galegas… tan galegos coma nós.

18.4.08

El Chiquifacha




Humor ante a traxedia que supoñen os fascismos.

Noraboa ó Gran Wyoming, é un xenio.

17.4.08

Entrevista a Ricardo Varela


Botádelle un ollo á entrevista que lle facían en Vieiros a Ricardo Varela, Sº de Organización do PSdeG-PSOE e Conselleiro de Traballo.

Coincido en moitas das cousas que di (FEGAMP, voto emigrante...), noutras (como o tema PSC) non coincido tanto. Pero, en calquera caso, considero que é unha interesante entrevista.

E do que non queda ningunha dúbida é de que, cos datos na man, temos un excelente Conselleiro de Traballo.

16.4.08

Zapatero acertou de cheo



Déixovos o artigo que onte me publicaban no xornal.com


Dende onte España é un pouco máis democrática. Ó mesmo tempo que as nove ministras prometían o seu cargo; ou no momento en que Carme Chacón, nova ministra de Defensa, pasaba revista ás tropas; ou cando unha muller de 31 anos era considerada persoa con todos os dereitos e deberes, con todas as capacidades... neses momentos a calidade da democracia española melloraba.

Melloraba porque por fin a metade da poboación é a metade do Goberno, por fin a metade da poboación ocupa a metade dos postos de responsabilidade... Medraba porque por fin as mozas e mozos somos considerados persoas e non meros chuchadores sociais, mileuristas que só se preocupan do botellón da fin de semana...

É que como muller e como muller nova non me podo sentir máis orgullosa do Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero. O presidente que nos devolveu a voz, o que nos recoñeceu a dignidade que moitos pretendían roubarnos, o home que considera as mulleres como aquilo que son: persoas.

E non só me gusta este Goberno por ser muller e nova, ou porque considero que os seus integrantes teñen cualificación máis ca suficiente para desenvolver a tarefa que se lles encomendou, aínda que tempo teremos de comprobar iso, senón porque despois de escoitar a dereita partidaria e mediática téñoo claro: Zapatero acertou de cheo.

Os do PP din que é continuísta. E dino coma se isto fose malo. Pois a xestión deste Goberno continuísta foi a que valorou a cidadanía o pasado 9M e aí están os resultados. Continuísta, pero ó mesmo tempo non lle gustan as novas incorporacións... En fin, neste caso creo que se cumpre iso de que ven a palla no ollo alleo e non ven a viga no propio. Non deixa de facerme graza que sexa Rajoy precisamente o que fale de continuísmo... Cousas veredes...

E xa para rematar, unha pequena maldade que non podo evitar, seguramente será politicamente incorrecto, pero non pode deixar de darme gusto pensar nalgún xeneral deses que se puña firme ante o xeneralísimo, ou dos que o 23F estaban a piques de facer festa, ter que pórense firmes agora ante a súa xefa, muller e embarazada, e roxa.

14.4.08

Eu, republicana



Hoxe, unha vez máis, quero manifestar que me sinto republicana, republicana con todo o que iso conleva, e tamén republicana dende a nostalxia da República do 1931...


A organización á que pertenzo, as Xuventudes Socialistas, tamén nos definimos como republicanas nos nosos estatutos e no documento político:

ESTATUTOS NACIONAIS DAS XSG APROBADOS NO XII CONGRESO:


Artigo 1
[...]
XSG é unha organización que se define como socialista e galeguista. Así, os valores fundamentais nos que asenta a súa ideoloxía son: a liberdade, a igualdade e a solidariedade, o galeguismo, a tolerancia, a participación, o desenvolvemento sostible, o pacifismo, o republicanismo e o federalismo.

DOCUMENTO POLÍTICO DAS XSG APROBADO NO XII CONGRESO


Parágrafo 7 liña 7:"Queremos unha Constitución que afonde na chegada da República, do federalismo, do laicismo, dos valores republicanos da cidadanía e na defensa máis decidida e profunda dunha democracia mellor."

10.4.08

A nosa lingua

Déixovos un artigo que onte me publicaban no Xornal.com:


A verdade é que lle levo dado moitas voltas a como as administracións públicas poderían potenciar o uso do galego na sociedade, sobre todo entre a xente moza. Non me parece un tema sinxelo. E non mo parece porque non comparto as opinións dalgúns que queren impoñelo a toda costa. Creo que a súa potenciación ten que pasar por presentar a nosa lingua como algo útil e atractivo.

Xa manifestei en varias ocasións que estou de acordo co Plan xeral de normalización da lingua galega que propón, entre outras cousas, que na escola a metade das materias se impartan en lingua galega. Tamén dixen que eu incluso iría máis alá e chegaría ata o 100%, salvando lingua e literatura españolas, claro está. Creo que a educación é un dos poucos instrumentos dos que dispoñen as administracións para contribuír ó uso do galego.

Temos que intentar que cada vez a nosa lingua ocupe máis ámbitos dentro da sociedade, que a xente se habitúe a escoitar galego e, polo tanto, a falalo. E se os rapaces e rapazas o escoitan todo o día na escola non o verán como algo raro nin imposto, ó contrario do que predican algúns, senón como algo normal. Que un mestre ou mestra che fale na lingua propia de Galicia non debería xerar polémica ningunha.

Mais creo que non é suficiente con isto.

Sempre que collo na man un periódico, cando me decato de que todo está en castelán, pregúntome por que a maioría dos periódicos de Galicia só fan as súas informacións en castelán. Moitos nin sequera respectan as declaracións que se lles fan en galego, xa que as traducen inmediatamente ó castelán. E digo eu, se a Xunta de Galicia lles dá cuantiosas subvencións ós medios de comunicacións, ben subvencións directas ou ben a través de convenios coas consellerías, por que non esixirlles que o periódico ou cando menos unha parte del estea en galego? Non foi positivo para toda unha xeración programas como o do Xabarín Club? Os nenos asumiron con toda normalidade que os debuxos animados tamén se podían ver en galego. Mesmo algúns xa non lle atopamos graza a As bolas do dragón ou a Sin Chan (o "cuíño cuíño non sona igual en castelán"). O outro día escoitaba que a partir de agora os cómics de Asterix e Obelix xa non se publicarán máis en galego. E digo eu, non haberá suficientes subvencións como para que ningunha editorial decida seguir coa súa publicación na nosa lingua? Non teño ningunha dúbida de que sería unha medida positiva de cara a fomentar o uso da lingua galega.

E como foi un debate que se deu hai non moito quero opinar sobre a obriga dos cargos públicos de falar en galego no exercicio do seu cargo. E direi que si, que estou de acordo en que os cargos públicos de Galicia se expresen en galego nas súas intervencións públicas. Logo na súa casa cada un que faga o que queira. E paréceme que debe ser así porque isto non fai máis que contribuír á normalización da nosa lingua, á normalización do seu uso, a eliminar esa idea que aínda segue vixente nalgúns sectores sociais de que o galego é de "pailáns".

E algúns, preocupados polo descenso de falantes da nosa lingua, aínda temos que escoitar declaracións como as do líder do PP en Galicia, Alberto Núñez Feijoo e outros do seu partido dicindo que se pretendemos impoñer unha lingua única como no franquismo. Será que non entende a diferenza entre "impoñer" e discriminación positiva? Será que non entende que hai unha lingua, o galego, que durante séculos estivo asoballada polo castelán e que a única maneira de que non desapareza é potenciándoa?

Ollo, tamén creo que potenciar non é impoñer. E coido que actuacións ou propostas de determinados colectivos e mesmo dalgún partido político non axudan en nada a normalizar a nosa lingua. Igual que creo que o galego é unha lingua propia, distinta do castelán, tamén creo que é distinta do portugués. Creo que é unha lingua única, que nos identifica, e que debería servir para unirnos e non para separarnos. Unha lingua, como dicía unha campaña que fixo, xa hai tempo, a Joventut Socialista de Catalunya, para bicar e non para odiar.

9.4.08

Debate de investidura e compromiso con Galicia


Debate de investidura:

O BNG non vai a votar a favor da investidura de Zapatero. Zapatero comprometeuse con Galicia, como candidato á presidencia do goberno polo Partido Socialista a:

- prioridad absoluta para que o AVE chegue no 2012
- completar as transferencias pendentes
- manter o 8% da inversión territorializada para Galicia

O BNG non vai a votar a favor da investidura de Zapatero. Pero os compromisos están aí.

Entón, eu pregúntome: BNG forza decisiva en Madrid ou un futuro Presidente do Goberno comprometido con Galicia?

Eu teñoo claro, a forza decisiva atópase nos votos de milleiros de persoas que votaron ó PSdeG-PSOE, que apoian a Rodríguez Zapatero como Presidente do Goberno, a un candidato que se comprometeu(non a cambio deses dous votos supostamente decisivos)con Galicia, e que o fixo porque cree no noso país, sen necesidade de presións nin coaccións de ninguén.

Forza decisiva? Sí, a do Partido Socialista.

8.4.08

Lingua de Amor II


...porque aínda me saben as lambonadas que nos traías cando ías vender á plaza…e os bolos preñados cando “cocías”…

...polas “nancys” que nos sorprendían cada 6 de xaneiro na saliña de arriba…

...polas 100 pesetas que nos dabas para mercar a super pop...

...porque non olvido que prendías a luz cando ías para a cama pra ver si durmiamos…

...polo sorriso co que nos recibes cando chegamos….e polas bágoas que verques cada domingo cando marchamos…

…por deixarme poñerche os rulos aínda que non teño nin idea de perruquería…

...por querer cocer cachucha cada vez que vou á casa porque a min gústame moito…

...porque cada domingo te preguntas que comemos toda a semana se nunca levamos ovos, chourizos ou leitugas...

...por aprender a usar o móbil só para falar comigo...

...porque quero que saibas que Internet, iso que non entendes, tamén serve para querer...e querer quérote un mundo, avoa...


P.D. Esta é a miña contribución ó concurso Lingua de Amor. Xa que non podo participar del, quero aproveitalo para declararme..en galego.