7.7.07

Orgullosa de ser galega


Orgullosos e orgullosas. Creo que así deberiamos sentirnos todos os galegos e galegas logo da aprobación do Decreto de Normalización Lingüística do Sistema Educativo.

Temos a sorte de ter dúas linguas, o galego e o castelán. Unha, o galego, discriminada historicamente a favor do castelán. Non entrarei nos motivos de tal discriminación, quedarei simplemente en que é obvio que existiu. Eu, por exemplo, non tiven a posibilidade de estudar en galego. Os meus pais e avós, influídos polos prexuízos dominantes hai varios anos, aínda que entre eles falaban e falan en galego, educáronme en castelán porque pensaban que así non me ían discriminar na escola e que sería mellor para o meu futuro.
Coma min, case toda a miña xeración e as que veñen detrás están educadas en castelán, non só na escola, a familia (polo xeral), os medios de comunicación, os amigos… a nosa vida desenvólvese en castelán, obviando que temos outra lingua, o galego, que esmorece por falta de coñecemento e, polo tanto, de uso.Son española, e galega, e creo que a nosa lingua me constitúe como galega, forma parte do meu ser galega, pero tamén do meu ser española. Non entendería que nun estado plurinacional e plurilingüístico como o noso deixásemos esmorecer unha parte fundamental do que nos constitúe como membros dun país, unha parte fundamental da nosa cultura como é a lingua. Creo que sendo galega, que falando galego son tan española como un manchego falando castelán. Porque Galicia e o galego tamén forman parte da esencia de ser español.
É obriga das administracións públicas facer que a nosa lingua se manteña viva e promovela ata que acade a igualdade co castelán. Por iso paréceme tremendamente positivo introducir o galego na escola non de forma simbólica senón como unha lingua normal de expresión, unha lingua na que se poidan estudar as matemáticas, as ciencias da natureza ou a historia.
Aínda que a min, persoalmente, paréceme que o decreto “queda curto”. Tendo en conta a situación do galego nestes momentos, con estudos que indican que pode desaparecer a medio prazo se non se toman medidas, parecería máis adecuado que o ensino fose integramente en galego. Isto non impediría acadar competencias lingüísticas en castelán, pois o resto da nosa vida desenvólvese nesa lingua. É simplemente, un medio para acadar a igualdade entre as dúas linguas, non un fin en si mesmo.
Por iso me parece lamentable a posición do Partido Popular. Despois do Decreto do 83, que nunca se cumpriu, os dous partidos do Goberno, o PSdeG-PSOE e o BNG puxeron todo da súa parte para que o PP se sumase ao consenso en materia lingüística. Parecía que o Partido Popular, por unha vez, esquecía os Acebes e Zaplanas e pensaba en clave de país… pero… unha vez máis, os intereses de Génova puxéronse por riba dos intereses dos galegos e o PP... donde dije digo, digo Diego. Non pode cualificarse máis que de vergoñento semellante espectáculo.
Para aqueles que, como o PP, digan que mellor nos sería aprender inglés, quero dicirlles que concordo con eles. Que por min, as horas das clases se poderían repartir para que os rapaces e rapazas acadasen competencias lingüísticas tamén en inglés ou en calquera outra lingua. O que non admito é que traten de vender que por estudar galego non vaiamos aprender inglés, pois moitos anos levamos estudando só en castelán e non lle escoitei propoñer ao PP (que, non o esquezamos, estivo gobernando 16 anos en Galicia) restarlle horas ao castelán para darllas ao inglés. Hipocrisías as xustas, por favor, que a Galicia tamén chegou o cambio niso de que “mexan por nós e dicimos que chove”.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Buena noticia: César Antonio Molina, Ministro de Cultura del Reino de España

yaya dijo...

Una vergüenza lo que tu partido le ha hecho a Enrique León en Vilagarcía.

¡¡¡Modesto Pose dimisión!!!

Jorge Cubela dijo...

Hoxe tiven a honra de asistir no Panteón de galegos ilustres, en Santo Domingo de Bonaval, á ofrenda floral aos galeguistas que alí descansan sobre "terra nai" como Castelao, Rosalía de Castro, Ramón Cabanillas ou Alfredo Brañas, con quen máis me identifico na concepción do galeguismo, INTEGRADOR E DO POBO. A ilustre ofrenda floral foi feita polo presidente do PpdeG., Dn. Alberto Núñez Feijoo, e do Sec. Xeral, Dn. Alfonso Rueda, e da xunta directiva de NN.XX, entre os que se encontraban María Seoane e Javier Dorado. Como cada 25 de xullo o PpdeG. saiu á rúa para reafirmar o fondo sentimento galeguista das súas bases e proclamar a galeguidade como "un principio universal". No discurso do presidente Núñez Feijoo reclamouse a identidade da nosa terra, a cal tiña que ser defendida polos xóvenes, "auténticos protagonistas do futuro de Galicia". Tamén homenaxeuse, como non podía ser doutra maneira, aos membros da Xeración Nós, primeiros impulsores a través das Irmandades da fala da reivindicación galeguista. Os galegos somos o resultado do traballo que comezaron os amigos Murguía, Brañas, Castelao, Risco ou Otero Pedraio, homes de grandísima cultura e de responsables demandas como o Estatuto de Autonomía. A min particularmente encántame toda a historia que teña que ver con esta xente comprometida co pobo, coa defensa de Galicia sen concesións e co idioma.

As bases do galeguismo susténtanse na cultura, no liberalismo e na integración, nunca na exclusión, porque esa é a nosa grandeza, defender unha Galicia na que caiban todos sen excluir a ninguén nin a nada, na que ser galego e defender o labor feito dos nosos devanceiros sexa compatible con ser español e europeo, porque defender a cultura é o instrumento máis adecuado para a construcción da identidade persoal dos individuos; é imprescindible defender a cultura porque é a maneira esencial para o desarroio das nosas capacidades, para entender e analizar a realidade por nós mesmos e para o respecto das diferenzas individuais e de pensamento, non sempre respectado por algunha xente que pensa que Galicia e o galeguismo lle pertencen, e que a realidade mostra todo o contrario, defenden outro proxecto de galeguismo non representativo e que a sociedade nin sinte como seu nin quere, porque Galicia é Galicia, é o que somos, non Galiza.

A cultura, sen exclusións e imposicións, é o medio para comprometerse coa DEMOCRACIA e co RÉXIMEN DE LIBERDADES que establecimos no ano 1978, onde a xente pode decidir por sí mesma, onde o mérito e o esforzo teñen o seu xusto recoñecemento, onde ninguén vive sometido á arbitrariedade; despois da longa noita de pedra, de loitas polo poder da coroa e de fracasados modelos políticos; ninguén nos regalou nada, somos libres gracias á educación, á cultura e á defensa da lei DO POBO E PARA O POBO, de Galicia para Galicia.

A proba está en que en Galicia se fixeron non fai moito tempo políticas de denfesa da nosa cultura, da historia, do idioma e do galeguismo sen traizoar os principios constitucionais.

Galicia, esa mestura de tradición e modernidade, seguirá sendo na historia aquel país que tivo que ver con doenza marchar a moitos paisanos fóra por non poder subsistir na "terra nai", seguerá sendo na historia a que nos veu nacer e seguerá sendo na historia ESE LUGAR AO QUE XURAMOS DEFENDER E PROTEXER

Jorge Cubela dijo...

día con respecto á ofrenda floral, martes,