25.9.07

Convivencia tripartita, por Galpón de Breogán


No meu anterior post Breogán Folgueira deixábame un comentario instándome a visitar Galpón de Breogán, e máis concretamente o post "Convivencia tripartita". Ben, pois xa o fixen, e a verdade é que non parei de rir.

Sempre boto unhas boas risas con este blog, e non ía ser menos hoxe. Aínda que se me fai un pouco raro ser coprotagonista dunha historia dos fenómenos de Galpón de Breogán.


Rapaces/zas do Galpón, unha vez máis, noraboa!!

Convivencia tripartita, por Frouxeira.


Ante o advenimento inminente da crise hipotecaria e do novo curso político, as tres líderes da mocidade galega decidiron ir vivir xuntas. Deixáronse levar polas vagas promesas do goberno central e veñen de alugar unha vivenda en Compostela, na Rúa do Hórreo, con vistas ao Parlamento de Galicia.

Unha vez rematada a mudanza, gran festa inaugural! Os problemas de convivencia tamén están convidados: problemas cos amigos dunhas e doutras, que non sempre agradan por igual ás tres anfitrionas; problemas coa hora de saída, xa que algunha quere marchar a durmir cedo e as outras non dan saído; problemas ao día seguinte: quen limpa todo isto? Debate sobre quen luxou máis o salón, insultos, desafíos, guerra de poderes.

Problemas de aluguer. Non sempre hai coordinación entre as compañeiras. Quen será mellor cociñeira? Cociñará para as tres? Cantos alimentos van comunalizar? Agardo que cando menos paguen a medias aceite, azucre e sal; e logo tamén podían o arroz, a pasta, os ovos… Velas ás tres almorzando adurmiñadas na mesma mesa será unha proba de saúde democrática.

Mais os problemas quizais non só veñan da cociña. Quen limpará máis, quen menos? Unha ben pode ser maniática da limpeza e/ou da orde, e outra algo máis deixada e desordeada. Farán turnos para limpar elas mesmas, en plan autarquía? Ou contratarán a unha chacha latinoamericana, externalizando os servizos?

Cuestións máis espiñentas, máis privadas: Van levar todas á parella a durmir? E como serán os encontros nocturnos no cuarto de baño, entre cónxuxes e compañeiras?

Son os praceres da convivencia. Son os conflitos. Sempre se poden resolver con pacíficas veladas diante do televisor. Poranse sequera de acordo para ver un programa que lles guste ás tres? Quizais vexan os luns Hai Debate! coa mesma emoción que os futboleiros ven o partido todos xuntos o domingo aínda que non sexan do mesmo equipo.

Semellante convivencia sería toda un exemplo de unidade nacional. Canto duraría? Transmitiríase en directo pola TVG?

5 comentarios:

www.blasgarcia.com dijo...

A verdade é que estes de Galpón de Breogán son bos, moi bos.

Eu a verdade é que me imaxino a Iria, María e ti compartindo un piso. Estaría ben, sobre todo cando fose a visitarche o teu "compañeiro", e as conversas que podería manter con elas. Eso si que sería para retransmitir pola TVG.

Anónimo dijo...

A verdade é que Blas ten moi boas ideas.

Un gran hermano galego? ahh, pois podería ser...

Anónimo dijo...

Enhorabuena por tu blob. Un abrazo.

Anónimo dijo...

xa cho copiaron

Anónimo dijo...

Loli, xa che gustaría escribir tan decentemente coma eles, eh?

Mimá, menudo trauma tervos a ti e á fachadita de compañeiras de piso, pobre Iria.