10.9.07

Fogar de Breogán



Déixovos o último artigo publicado en Vieiros.

Fogar de Breogán, ese debería ser o lugar común de tódolos galegos e galegas. Alí onde confluiran o sentirse galego a súa maneira que cada un temos.

Mais non, desgraciadamente sucede todo o contrario. Novo enfrontamento no fogar de Breogán, esta vez a causa do himno, o himno de Galicia.

Eu ás veces penso que hai determinados políticos que teñen adicción ós medios de comunicación, gústalles saír, estar na boca de todos. E o digo porque determinadas propostas xurden así, un día, sin máis, como cando, de súpeto, sacamos un coello da chisteira.

Esto é o que me parece que pasou co tema do himno. Un día o Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, acordouse que en decembro se cumplían cen anos da primeira vez que foi recitado, alá en Cuba, e deulle por dicir que os rapaces e rapazas tiñan que estudialo nas galescolas.

A min paréceme ben que os nenos coñezan o himno, non sei si un rapaz de 3 anos ten a suficiente “madurez” como para iso, pero, en calquera caso, paréceme normal que se traballe con él nas escolas infantís, pois sempre é positivo que os rapaces galegos se familiaricen con algo que forma parte da súa cultura.

Agora ben, formular esto case como dogma de fe, que é o que fixo Quintana, xa me parece demasiado. É que ademáis é tan evidente que é froito da improvisación que asusta. Imos ver, Vicepresidencia, responsable das galescolas, negociou coa Consellería de Educación o Decreto polo que se establecían os contidos de estudo na etapa de educación infantil, e en ningún momento planteou de maneira directa o tema do himno. Si supoñemos, como defende algunha xente, que eso xa se contén no Decreto cando fala de coñecer os símbolos e a cultura galegas non entendo esta polémica dende ningunha óptica; e si, polo contrario, entendemos que non está contemplado dentro diso, por qué non o planteou Vicepresidencia no seu momento? Non se pode gobernar un país dende a improvisación.

Reflexionando sobre isto, e xa digo que a min non me parece mal, o que me pregunto é: que lle parecería a Quintana que o Estado, cando fixa os contidos mínimos dalgunhas asignaturas, fixase, por exemplo na de música, que os rapaces españois teñen que aprender a tocar o himno de España dende pequenos? Pensaría o mesmo que manifesta con respecto ó himno galego?

Ou si o himno español tivese letra, apoiaría Quintana que os rapaces o coñecesen ó mesmo tempo que ó galego? Neste mesmo senso, apoiaría Rajoy para o himno español o mesmo que critica para o galego?

Sobre a estupidez do diario El Mundo con respecto ó noso himno creo que se comenta por sí soa. En calquera caso creo que se resume no propio himno: “non nos entenden, non”.

Xa para rematar paréceme que Quin estivo pouco áxil nesto do himno, mágoa que non se lle tivese ocorrido antes, podería telo presentado ó concurso de Vieiros “A polo ghit” para escoller a mellor canción do verán. Si ademáis lle poñía voz “Superpiñeiro” de seguro que hoxe todos estaríamos gozando ó son de “Os Pinos” soando por doquier nos centos de festas que cada verán se celebran no noso país, tamén nas que organiza a Vicepresidencia. Aí, Quin, faltouche un verán.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Ola Loli.

Neste caso teño que romper unha lanza a favor da idea proposta por Anxo Quintana.
Noutros países do mundo, dende cativos os rapazes aprenden a letra do seu himno (a Marsellesa en Francia é un exemplo). Có caso do himno de España é evidente que aprenderse a letra é claramente imposible, por razóns obvias.
Bótaselle a culpa á idade. Para min ese non é un argumento con peso porque un rapaz de educación infantil vai ter o mesmo sentimento nacional e patriótico cun neno de primaria, ou sexa , nulo, por descoñecemteno de causa.

Neste artigo se comentaba a idea de aprender o himno español e tamén galego nas clases de música. E por que non? Si, é certo que desta forma se tocan as fibras de moitas persoas, pero, acaso non son eles os himnos legalmente establecidos das nstitucións políticas ás que pertencemos como cidadáns (Estado e Comunidade Autónoma)?

Dende logo, é un debate moi comprexo e moi delicado. Difícil cuestión.

Bernabé.

Anónimo dijo...

Só quería puntualizar que con tres anos cumpridos os nenos xa non están nas galescolas. As aulas divídense en: nenos de 0 anos, nenos de 1 ano e nenos de 2 anos.
Polo tanto o ensino do himno debería centrarse nos nenos de 2 anos. ¡Daba algo por ver a alguén ensinandolle o do "escuro arume arpado" a semellantes estudantes! ¡canta conachada din os neofalantes!

Anónimo dijo...

Oi, achei seu blog pelo google está bem interessante gostei desse post. Gostaria de falar sobre o CresceNet. O CresceNet é um provedor de internet discada que remunera seus usuários pelo tempo conectado. Exatamente isso que você leu, estão pagando para você conectar. O provedor paga 20 centavos por hora de conexão discada com ligação local para mais de 2100 cidades do Brasil. O CresceNet tem um acelerador de conexão, que deixa sua conexão até 10 vezes mais rápida. Quem utiliza banda larga pode lucrar também, basta se cadastrar no CresceNet e quando for dormir conectar por discada, é possível pagar a ADSL só com o dinheiro da discada. Nos horários de minuto único o gasto com telefone é mínimo e a remuneração do CresceNet generosa. Se você quiser linkar o CresceNet(www.provedorcrescenet.com) no seu blog eu ficaria agradecido, até mais e sucesso. (If he will be possible add the CresceNet(www.provedorcrescenet.com) in your blogroll I thankful, bye friend).