Crutas na rede: entrega de premios
O pasado luns, no Consello da Xuventude, chegamos ó acto final de Curtas na Rede: a entrega de premios.
O lugar elixido era máxico, o Teatro Colón, algúns xa se vían na antesala dos Oscars. E os e as invitadas, participantes a autoridades, responderon moi ben á invitación do CXG e da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.
Déixovos a foto que saíu na Opinión, na que aparecen xunto a min Maguett, protagonista da curta "Cafés de Papel" e gañadora do premio á mellor actriz, e Javier Losada, alcalde da Coruña.
Todo o que vistes e vivistes non sería posible sen os "currifichantes" do CXG e da Dirección Xeral. Aproveito este foro para agradecerllo a Feli e a Esther, currantes incansables. E polo Consello, a Nancy, Ramón, Suso e, sobre todo, a Esteban e a María, que estiveron incansables horas ó teléfono confirmando a xente, pedindo presupostos e volvéndose tolos organizando cada detalle. Rapaces, a todos, pero especialmente a vós, María e Esteban, moitas gracias.
3 comentarios:
Ola Loli! Moitas grazas a ti por todo. Olvidachete dun "currifichante": Ti, que colaborache e moito para que a gala fora máxica. Para min, que esta entrega de premios fora ben, supón o punto e final a un gran ano, no que medrei como profesional pero sobre todo, como persoa. Gracias tamén a Esteban polo seu "cuquiña", a Ramón polo "franqueo pagado" e moitas máis cousas, a Suso pola lista de asistentes no último minuto e a Nancy, simplemente por todo. Foi un placer traballar con vos e coñecervos. Gracias a todo.
Bicos, María ;)
Alá, qué sorpresa! Se no fondo nos queres moitísimo. Traballar así é doado. Grazas pola confianza e polo teu apoio. Non sei qué máis dicir: non o esperaba e un ten o seu corazonciño e estas cousas fan dese órgano que se encha de merengue. Agora só queda ir pola III edición. Seguro que melloraremos. Unha aperta.
Ai Loli, ya empiezas a ser como los politicuchos de tres al cuarto que sólo salen en fotos. Ten cuidado que los flashes de las cámaras estropean el cutis.
Publicar un comentario