Pradolongo e Tamara
Resúltame moi complicado falar dela aínda que quero facelo. Supoño que non é fácil falar públicamente das persoas ás que queres.
E a Tamara quéroa moito.
Cando a vin en Pradolongo sentínme tan orgullosa dela...era Tamara, a nosa Tamara...a mesma muller de corpo fráxil e conviccións profundas, a mesma que te escoita sen xulgarte e que te xulga cando é preciso, a mesma coa que te perdes en calquera sitio porque é despistada como ninguén pero coa que non che importa perderte porque neses minutos que poderían ser perdidos dando voltas dámoslle voltas a como cambiar o mundo, a mesma que non che abraza nin por aposta pero que cando o fai transmite estou sempre aquí...
...Tamara...a que nos deleita coa especialidade culinaria "pasta tami", a que foi adulta cando aínda era nena, a que escribíu unha historia da que formo parte como ninguén podería facelo...
...Tamara, unha actriz marabillosa no cine e unha persoa auténtica no mundo real, que é así, como se ve, incapaz de interpretar un papel...a mesma que te chama para agobiarte con todo o que hai que facer....a que fala a mil por hora porque non lle chega o tempo para todo o que ten que aportar...a feminista convencida...a republicana de cabeza e corazón...a mesma que dixo sí a intentar construír un mundo mellor, a cambiar o presente para mellorar o futuro...
...Tamara...a miña amiga...Tamara...á que quero...
3 comentarios:
k ganas de ver la pali!!!
yo me apunto al estreno!!!!
Tod@s á estrea con camisetas do club de fans de Tamara!!!
Anótome á túa simpatía por Tamara. Aínda que non a coñezo tanto coma ti, por razóns obvias, teño que dicir que é unha persoa e política digna de admiración.
Saúdos!!!
Bernabé
Publicar un comentario