17.7.08

AB II


Porque non quería limitarse á realidade inventaba universos paralelos...eses outros que podería ter vivido...

...universos nos que os abrazos estaban cosidos á súa pel...nos que o tatuaxe das súas caricias estaba escrito con tinta indeleble...

...universos, aínda que desiguais, compartidos, desexados, apaixoados...universos nos que se descubrían...nos que se refuxiaba...

...universos nos que os malos momentos ían quedando abandonados mentras baixaba, unha a unha, despacio, como despedíndose, as escaleiras...

...unha na que quedaban as discusións...dúas...tres...nas que quedaban os malentendidos..., vinteunha....trinta e tres...borrando as noites nas que aínda acompañada se sentía sola...cincuenta e catro...setenta e oito...abandonando as bagoas que verteu...ochenta e un...ochenta e tres...combatindo a sensación de fracaso...

...universos polos que ás veces pasea...e...nos que, algunha vez, se atoparon...porque...durante só uns segundos...non máis dos que leva xuntar as letras desta historia...de novo se entendían sin necesidade de mirarse...porque escribir tamén é falar.

2 comentarios:

Alonso81 dijo...

carays, que bonito...tu lo de la presentacion, como lo hiciste?, yo llevo semanas intentandolo con flickr pero no me sale naaa...

Lu dijo...

Encántame...

Quén non constrúe realidades paraleleas ou soña esperta/o?

Quén non disfraza a realidade fuxindo da dor, da soidade ou da desesperanza?

Quén non buscou a máis disparatada das explicacións a un feito para non recoñecer a causa real e sinxela?

O mellor para baixar a escaleiras e pintalas de cores

(cousas de Lu...)