27.7.08

Loitando contra a desmemoria, mirando ó futuro


Tal e como lle prometín a algúns compañeiros e compañeiras, e sobre todo a varios bloggers que estiveron no Congreso colgo íntegra a miña intervención na inaguración do XI Congreso do PSdeG-PSOE.

Prometo colgar o vídeo en canto o teña. E mañá, en canto descanse unhas horiñas, comentarei a miña visión sobre este congreso.

Non podo colgar esto sen agradecerlle a Tamara que sexa tan fielmente a miña outra metade. Gracias Tami!


Bos días compañeiras e compañeiros.

En primeiro lugar gustaríanos agradecerlle ó Partido dos Socialistas de Galicia que, como organización xuvenil e irmá do partido, nos teña invitado a dirixirvos unhas palabras na inauguración deste Congreso. Gracias, compañeiros e compañeiras e permitídeme, antes de nada, desexarnos un bo congreso.

Congreso que é unha xuntanza das e dos socialistas galegos para definir quen somos e cara onde imos. Qué queremos, qué soñamos, e tamén para reflexionar sobre o que esperan de nós os galegos e as galegas, os e as socialistas que aínda que non formen parte activa deste partido, comparten a nosa visión do mundo. É a ocasión de demostrar ata que punto estamos comprometidos cos valores do socialismo.

Un congreso é a data que marca o calendario para afondar naquelo que nos une como socialistas, que nos define como tales. É tamén o momento de abrirlle as portas á sociedade e contarlle porqué somos socialistas, qué defendemos, porqué militamos no Partido Socialista e porqué lles pedimos a súa confianza.

É o momento de abrir o corazón, de demostralle ó mundo que ser socialista significa crer e defender a igualdade. Principalmente igualdade entre todas e todos os cidadáns, e particularmente entre homes e mulleres. Porque é imposible acadar igualdade en ningún ámbito mentres a metade do xénero humano viva un escalón por debaixo.

Nós, os e as socialistas, temos que ser quen de comprometernos sen complexos coa causa feminista e con cada unha das mulleres que sofren a discriminación no seu día a día, no seu traballo, na súa vida. Temos que dicirlle á sociedade que para os socialistas as mulleres hai tempo que deixaron de ser a filla de, a nai de ou a muller de…

Igualdade é non discriminación, non discriminación porque o meu sexo, a miña capacidade económica, a miña idade, a miña raza, a mina orientación sexual non deben, xamáis, limitar o exercicio dos meus dereitos. Iso é socialismo.

Os Congresos, compañeiras/os, son tamén o mellor momento para facer un exercicio de retrospección. Os congresos teñen que servir para mirar cara adiante, pero tamén para recibir un antídoto contra a desmemoria. Para saber a onde imos, compañeiras/os, temos que ter claro de onde vimos.

Temos 129 anos de historia que nos falan de sacrificio, de esperanza, de logros, de traballar por un mundo libre sen donos nin escravos, sen cidadáns de primeira e cidadáns de segunda. 129 anos dos que sentírmonos orgullosos. Orgullosos de ter sido o partido dos dereitos, o partido dos humildes, dos desamparados, o partido da ilusión. Mirar atrás para nós e seguir a senda da democracia, do sufraxio universal, da educación e a sanidade universais, de Pablo Iglesias, da Unión Xeral de Traballadores, da II República. Iso forma parte do orgullo militante.

Temos que honrar a memoria dos que arriscaron a súa vida para que a sociedade na que vivimos fora de todas e todos, e non só duns poucos. Temos que honrar a memoria dos que deron a súa vida por defender a liberdade, por defender que para os socialistas as persoas son o primeiro, o segundo e o terceiro. Contarlles que onde houbo loita polos dereitos das persoas, pola dignidade, pola liberdade…houbo un socialista poñendo o mellor de sí mesmo, o mellor de sí mesmo e moitas veces a súa vida.

Somos a testemuña da irreverencia da liberdade e temos a obriga de non esquecelo, de curarnos da desmemoria. Temos a obriga de levar a cabeza ben alta. Porque ter un carné cunha rosa e un puño gravados non só significa sentirse socialistas, senón tamén defender os valores do republicanismo, do laicismo, do federalismo, do galeguismo, da solidariedade…de sentirnos orgullosos de construir un mundo que non entende de privilexios, un mundo que constrúe dereitos.


Como partido temos tamén que ser conscientes de que temos que conectar cos soños das e dos cidadáns que tamén cren nese mundo. Temos que romper co descrédito que moitos cidadáns senten hacia a política e os politicos e chegar a eles. Dicirlles que pensamos coma eles, que sentimos coma eles e que precisamos da súa implicación.

Temos que dicirlles, que se hai algo que non lles gusta….se movan para cambialo. Porque o que non se equivoca nunca é o que nunca fai nada. E para conseguilo temos que facer un exercicio de autocrítica, temos que avaliar se somos quen de transmitir as nosas ideas e valores. Temos que escoitar para ser escoitados. Porque senón facemos isto, estaremos falando nun atril engrandecidos dos nosos logros… pero non haberá ninguén para nos escoitar.

Eduardo Galeano dixo unha vez que cando ves a utopia no horizonte e das un paso para achegarte a ela esta se alonxa, que das outro máis e se alonxa ese pouquiño que avanzaches, que das outro e volve a alonxarse. Para que serve entón? se preguntou, me pregunto. Pois serve para seguir avanzando compañeiros e compañeiras.

Reflexionemos, debatamos e sexamos quen de dicirlle ó mundo que os e as socialistas de Galicia temos obxetivos, valores, propostas, ideas…e ideais. Digámoslles ós galegos e galegas, os mozos e mozas galegos que, se cadra, a utopía non é un soño…é unha verdade prematura.

Digámoslle coas nosas enmendas, cos nosos proxectos que, como dixo o brasileiro Raúl Seixas, un soño que se soña só é só un soño, un soño que soñamos xuntos é unha realidade.

Saúde compañeiros e compañeiras, bo congreso e boa sorte.

15 comentarios:

Unknown dijo...

Opinamos:" que magnífico Loli", e que o intenso traballo da vosa delegación pagou a pena
Tedes que sentirvos moi orgullosos, non porque todos o recoñezamos se non polo feito de convencer sen renunciar.
Unha aperta

Anónimo dijo...

Noraboa polo discurso e pola elección para a Executiva Nacional, animo!

Nature Week dijo...

Noraboa Loli.

O comentario xeral do Congreso foi que boa canteira!Que boa a Secretaria Xeral de Xuventudes!

Neste Congreso, por primeira vez, sentín que as siglas de XSG eran capaces de abrir portas no inexpugnable castelo socialista.

Iso débese, sobre todo, ao traballo feito e ao respecto gañado polas XSG nestes últimos 4 anos.

Alégrome por ti, por Lage, por Ivan, por Silvia... que por fin tedes voz propia nos órganos nacionais e alégrome tamén por Xuventudes, porque teñen en vos os mellores embaixadores.

Noraboa, compañeira.

Lord Byron dijo...

Simplemente repetir o que xa te dixen: excelente discurso e impulso para as XSG no Congreso; e NORABOA!!!

Grazas Loli por facer que as XSG sexan o que son!!!


Fortes apertas!!!

Bernabé

Unknown dijo...

Parabéns polo gran discurso e polo traballo que fixestes as XSG para este 11 Congreso Nacional do PSdeG. Alégrome moito pola elección de Loli para e Executiva Nacional Galega. Os meus parabéns compañeira.

Anónimo dijo...

Cari, que grande es!!. Cada vez que che vexo e che escoito, só se me ocurre algo: Ti si que vales!!!.

DELFÍN dijo...

Noraboa, e pido permiso para copiar e pegalo no meu blog.
Qué decir?, que ao escoitarte ábrenselle os ollos a un, e póñense tódolos sentidos a funcionar, como ese cadelo que está perdido e escoita por onde anda a súa nai, para que lle dé acollo, para que o poña a andar outra vez.
Saúdos de corazón.

Rosa Gómez Limia dijo...

Querida compañeira, Véxome na obriga moral de felicitarte públicamente tanto pola túa intervención no Pleno do 11 Congreso coma pola magnifica aportación de enmendas que Xuventudes Socialistas fixo a ponencia do Congreso e das cales puiden ser testimuña durante o desenvolvemento da ponencia de Servicios Sociais a que asistín.
Quero decirche que persoas coma ti significan para min a continuidade dunha loita interminable pola dignidade das persoas e sobre todo das persoas que ostentan o selo de muller. Tiven oportunidade de felicitarte en persoa e dende este momento dispóñome a facer un seguimento da túa estupenda traxectoria política que sen dúbida ha de reportar moitos e inumerables beneficios a cidadanía galega.
www.lacoctelera.com/rosanei
www.teensespolaigualdade.org

Gretel dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Gretel dijo...

Las palabras, por bonitas que sean, sólo son grandes cuando quien lo hace está a la altura de lo que dice.

Cuando es capaz de transmitir con ellas....cuando las hace fuertes con su fuerza.

Enhorabuena Lola.

Y gracias a tí por hacer que la delegación de XSG, una vez más, nos sintiéramos orgullosos de nuestra organización y de nuestra Secretaria General.

Eva Tomé dijo...

Miña querida Loli, que grande eres..., por fin puiden escoitarte e como sempre ¡¡QUE EMOCIÓN!!

Só espero que dentro de 4 anos o podamos escoitar dende onde eu sempre quixen...(xa me entendes)

frmartinez dijo...

Un discurso magnífico. Un presente máis que merecido. Un futuro por construír. E unha rosa no corazón. Así che vexo, por iso te quero.

nieves dijo...

Noraboa Loli pola tua entrada na Executiva, un aire fresco, por certo a vida é unha utopía.Apertas!

Lu dijo...

Emocionante, ilusionante, enerxizante...

Gracias por ser tan grande secretaria xeral, e gracias por loitar polos ideias das XSG diante de quen sexa

Sei que o farás tan ben como sempre, e que estaremos, como sempre tamén, orgullosos da nosa secre_x

E gracias a tódalas persoas que te rodean e traballan a diario con ilusión

Polos soños, polas utopías... pero sobretodo, por ti e por todos os meus compañeiros/as

silbelf dijo...

Dende logo ORGULLO e tamén a palabra que máis me asalta o recordar o Congreso. O da noraboa, indudable, o de mereces a ver entrado na Executiva, tamén, pero xa sabes que eu creo que mereces moito máis.
QTM