26.9.08

Dous gobernos



Existen dous gobernos, din moitos.

Dous gobernos que na teoría son un. Dúas forzas políticas que non acadaron os votos suficientes nas urnas e que tiveron que xuntar os de ambos impedindo gobernar ó partido máis votado. Facendo trampas.

Cada un deses gobernos, ou cada unha das partes dese goberno, ten unha ideoloxía distinta, unhas prioridades distintas, diferentes formas de analizar e solucionar os problemas.

Uns a favor das galescolas e outros pensando que estas non son máis que centros de adoctrinamento.

Uns criticando ó goberno e outros apoiandoo.

Uns a favor de educación para a cidadanía e outros en contra.

Uns a favor do ensino íntegramente en galego e outros non.

Uns a favor de potenciar a cultura galega e outros apostando pola española.

Uns apostando pola reserva de sólo para a construcción de vivendas protexidas e outros en contra.

Uns apostando pola billarda e outros tirando cara o fútbol.

Non se poñen dacordo nin nas reunións do máximo órgano de dirección de goberno.

Pero eles intentan aparentar normalidade.

Un desastre, vaia. Esto non é o que elixiron os cidadáns, di o terceiro en discordia, o partido máis votado pero ó que non lle deixaron gobernar.

Existen dous gobernos, din moitos.

E que di o Sr. Feijoo?

Perlas coma esta: “El pacto en Santiago(o do PSdeG-PSOE e o BNG para facilitar que nos concellos goberne a forza máis votada das dúas opcións) va contra la autonomía local de los concejales electos”

Existen dous gobernos en Muros Sr. Feijoo?

Os concelleiros do PP de Muros a quen atenden ordes, ó alcalde nacionalista Domingos Dosil ou ó portavoz popular J.Antonio Siaba?

É un goberno de coalición malo para Galicia pero bo para Muros?

Son os do BNG cos que goberna o PP en Muros os mesmos que apoian o Plan Ibarretxe, os que segundo vostede queren impoñer o galego negando a liberdade de elección, os mesmos que apoian o modelo de financiación que propón Cataluña? Son os mesmos ou é que os do BNG de Muros son diferentes?

2 comentarios:

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.