18.9.08

Gonzalo Durán, Alcalde de Vilanova de Arousa


Maldita pandilla de rojos de mierda!


Esas foron algunhas das palabras que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, do Partido Popular, lle adicou ó subdelegado do goberno en Pontevedra, Delfín Fernández, e ós bateeiros que se manifestaron en días pasados.

O de este home non ten arreglo. Seguramente moitos non o coñezades, pero é un tipo especial. Alcalde, segundo él, de Villanueva de Arosa, non fala galego nin por aposta.

Aqueles que acusan ós socialistas de reabrir vellas feridas por aprobar a Lei da Memoria Histórica ó mellor deberían mirar un pouquiño máis a quen teñen nas súas filas, porque homes como este alcalde pareceron quedar nesa historia á que ó Partido Popular aínda lle quere botar máis terra enriba.

Se queredes escoitar as declaracións, que non teñen desperdicio, e moito menos respeto democrático, podedes velas na páxina web da galega, en Galicia a primeira hora das 08.00h da mañá. É o primeiro que sae.

Non deixedes de escoitalo, aínda temos homes prehistóricos en Galicia. E nós pensando que se extinguiran!

1 comentario:

Unknown dijo...

A iste páxaro coñezoo ben, cando eu traballaba nas Urxencias do Hospital do Salnés , el que é médico ademais de alcalde, dicialle aos do seu cupo que "entraran por urxencias dicindo que ian de parte do alcalde" tratando de sacarlle rendemento.
Non vou a entrar nas valoracións médicas que facía, pero o que sí era certo é que a xente que alí traballaba nunca lle fixo máis caso os "recomendados" do alcalde que aos outros, mesmo en tempos do PP.