15.12.08

Esos compañeiros de viaxe...



Hoxe pola mañá, camiño de Santiago, viña escoitando a Radio Galega. Estaban entrevistando a alguén do BNG, non logrei saber a quen.

O caso é que lle preguntaron pola alusión ó BNG feita onte por Emilio Pérez Touriño no acto de proclamación como candidato á Xunta de Galicia. Touriño agradeceu ós socios de goberno o seu traballo na Xunta de Galicia como compañeiros de viaxe. Creo que é un acto que o honra, pois alí non era Presidente da Xunta, senón o Secretario Xeral dos Socialistas Galegos. Un lider dun partido agradecendo o traballo doutro partido.

Ben, pois éste bloqueiro, termo oficializado xa por Quintana, non só non correspondeu ó xesto de Touriño, senón que veu dicir algo así como que era o mínimo que podía facer Touriño,agradecerlle ás consellerías do BNG o seu traballo, pois eran as que máis traballaran do goberno, porque no lado socialista do goberno, iniciativas máis ben poucas.

E citou ás consellerías do BNG que máis traballaron, Medio Rural, Vivenda e Vicepresidencia (curiosamente non citou a Cultura) e ás do PSdeG-PSOE que apenas fixeron nada, segundo él Presidencia e Medio Ambiente.

Só por citar unha cousiña de cada consellería, digo eu que o Pacto Local foi obra da Consellería de Presidencia...claro que como o BNG moitos alcaldes non teñen ó mellor non entenden da súa importancia...e iso que presumen de municipalistas... Iso por non falar do plan de saneamento das rías galegas posto en marcha polo departamento que dirixe Pachi Vázquez, que, preguntémoslle á cidadanía, debe ter a súa importancia...

Iniciativas as do BNG, nin unha soa medida para aliviar a crise económica que estamos vivindo. E iso que son os responsables da Consellería de Industria. Nin máis nin menos. (Afortunadamente temos uns responsables de Economía e Traballo tomando medidas dende o minuto cero. Consellerías socialistas, que casualidade)

Manda carallo, digo eu.

"Nace o corvo na pena e tira pr'ela" di o refrán.

2 comentarios:

Gaceta dijo...

Claro que si, señorita Loli. Xa podían tomar nota eses bloqueiros das asisadas medidas anticrise dos "socialistas" galegos, coma mandar a unha testaferro electoral a Sudamérica a facerlle campaña pagada por todos nós, ou convocar roldas de prensa para vender os logros de xestión dos vosos "compañeiros de viaxe" (pois moito máis que vender non é que teña), ou dedicarse a boicotear toda iniciativa que parta dos vosos "colaboradores" (Touriño dixit), non vaia ser que a xente descubra que o PSOE foi totalmente prescindíbel no goberno de Galiza, tal como xa descubriron que a maioría dos seus conselleiros pasaron por San Caetano sen pena nin gloria. Iso si que é capacidade.
A crise que lle preocupa realmente ao PSOE resolverase en canto os resultados electorais confirmen ese 70% de "apoios" do voto emigrante (que curiosamente antes eran do goberno de Fraga) que manexan as vosas enquisas internas, pois aí veríades que os cartos de todos os galegos valeron para algo, repetir no poder logo de pasar 4 anos sen conseguir colgarse unha mísera medalla no peito.

yo dijo...

Por moito que lle dou voltas non logro enteder...Resulta que fai catro anos houbo unhas eleciòns en Galicia...Resulta que houbo un pacto entre dùas forzas para gobernar Galicia...Resulta que nese pacto repartìronse unha serie de consellerìas...Resulta que polo tanto dùas forzas fixèronse socios...Por què as dùas forzas se lanzan a unha loita infatil de eu fixen e ti non?...Quero pensar que o reparto de consellerìas se fixo dende unha total responsabilidade polo ben de Galicia e non so como un mero reparto de poder...Industria, Cultura non funciona porque as levan os "bloqueiros"...Presidencia, Traballo non funcionan porque as levan o socialistas...A min esto soame a tomadura de pelo. Gobernar neste caso foi un exemplo de xenerosidade por parte de dous partidos para acabar con 16 anos de goberno do Partido Popular...Pero se tan mal van a cousas nas consellerìas dos demàis e tan ben nas nosas iste pacto foi bo ou malo?

Non o entendo?