O do BNG non ten remedio
En 1995 Rivera Arnoso, alcalde de Fene naquel tempo, encargou un proxecto de obra para o Parque Castelao de Fene a unha empresa. Posteriormente contratoulle a execución dese proxecto máis a xefatura de obra a esa mesma empresa. Tiña unha subvención da Consellería de Presidencia de preto de 90.000 € para executar esas obras.
Ben, rematou o prazo para xustificar a subvención e o alcalde, aínda sen rematar a obra, certificou o gasto completo, cando se executaran apenas 30.000€. A obra permaneceu sen executar todos estos anos.
En xuño do 2007, Iván Puentes, do PSdeG-PSOE, accedeu á alcaldía e empezou a gobernar en coalición co BNG. En setembro decidíu rematar a obra, e foi cando o enxeñeiro municipal lle informou de que as fases anteriores estaban sen rematar. Isto deu lugar a un informe da Secretaría Municipal poñendo en coñecemento do alcalde que debería presentar unha denuncia contra o anterior rexedor por certificar unha obra sen executar ou corría o risco de ser acusado de encubrimento. O Alcalde, en cumprimento da legalidade así o fixo.
E así chegamos ata o día de hoxe. En pasados días os medios de comunicación publicaban que o Fiscal citaba a declarar a Rivera Arnoso por este tema, sendo a súa actuación susceptible de delito(s). O ex rexedor confirmou que efectivamente certificou a obra sen executar para non perder a subvención. (Moi loable que non queira perder os cartos, pero nada legal, dende logo).
Ben, pois onte escoitaba ó portavoz do BNG de Fene, Manuel Polo, que acusaba ó actual alcalde, ó que él votou e co que goberna en coalición, do seguinte:
- de revanchismo político.
E digo eu, o actual alcalde debe respetar a legalidade ou dedicarse a encubrir os chanchullos do anterior?
- de tecer unha cortina de fume sobre a súa incapacidade para gobernar.
E digo eu, si ten incapacidade para gobernar como é que o BNG de Fene o apoiou non só na investidura senón ó longo destes case dous anos de goberno?
- de terse dedicado a denunciar ó anterior alcalde en lugar de rematar a obra obxecto da denuncia.
Para min esto último é o máis surrealista de todo. Estos señores do BNG, que gobernaron 28 anos en Fene, tiveron dendo o ano 95 ata o 2007 para rematar a obra que certificaron de xeito ilegal e non o fixeron. E pretenden cargarlle agora o morto a Iván Puentes, cando eles non o fixeron en 12 anos? Tendo en conta ademáis que o rexedor socialista, só 4 meses despois de acceder á alcaldía iniciou as actuacións para rematar a obra, momento no que o enxeñeiro pon no seu coñecemento todo o que máis arriba se relata. Así que non só pretenden cargarlle o morto senón que por enriba minten escandalosamente.
Aínda hai outra cousa máis, o BNG de Fene pide unha comisión de investigación por supostas irregularidades do actual alcalde!!!! por non ter rematado a obra. A verdade é que máis chapuceiros non poden ser. O asunto está sendo investigado pola Fiscalía, que coño de comisión de investigación é necesaria? (e perdoade polo taco, pero é que me sublevan este tipo de actuacións torticeiras e que pretenden desviar a atención).
Ai estos do BNG! Tanto purismo e acaban nos Tribunais! E logo pretenden darlle leccións ó resto do mundo...
Xa o di o refrán...Meteuse o demo a predicador!
6 comentarios:
Ánimo a Iván, a xente non é parva.
Queda todo ben explicado no post, non hai máis que engadir. E o de demo a predicador ven coma anel ao dedo. "Ou eu ou ninguen".
A Iván estamos fixos aqueles que o coñecemos que o que máis de doe non son as acusacións que lle fan, se non que saía o nome do seu Concello nos titulares dos periódicos por estas cousas. Emporcando a todos.
¿Como en tan pouco espacio se pode facer tanta demagoxia populista? (e polo tanto de tan baixa calidade). Debedes saber que tódolos grupos de Fene estiveron de acordo en crear a comisión de investigación para esclarecer, entre outros aspectos da política municipal, a actuación política, desde o meu punto de vista totalmente correcta, de Rivera Arnoso. O que pasa é que a xente guapa don PSOE (porque afortunadamente non todos os socialistas son iguais), malcriados diría eu, aos que vos parece que a política se fai con aparicións nos medios de comunicación ao xeito do alacalde blogueiro de Fene, parécevos que actuación do tal Iván foi unha xenialidade. Compre que saibades que a política local é outra cousa e a xustiza tamén, vós que sempre estades a defender que este é un sistema de libertades, debedes saber que Rivera Arnoso desde o punto de vista xudicial non é menos inocente que o tal Iván (de momento non hai ningún pronunciamento ao respecto por parte da xustiza)O que ocorre é que Rivera Arnoso sempre será lembrdado como "o alcalde" que se comprometeu cos veciños e veciñas de Fene, e eso non lle vai pasar ( por desgracia para os que pagamos os nosos impostos en Fene) a o tal Iván. Tamén debedes saber que a comisión de investigación investiga politicamente , non xudicialmente (non confundas o touciño coa velocidade que non son comparables) Non continúo. Saúdos afectuosos e sentidiño que este país precisa de sentidiño de todos
Estimado Antonio,
Ós feitos me remito: o único investigado pola fiscalía é o ex alcade de Fene, o nacionalista Rivera Arnoso.
Investigado por delitos como malversación de fondos. Diredes o que queirades. Afortunadamente a xustixa ten a última palabra.
Saúdos
Vosoutras as do PSOE debedes pensar que a xente e tonta, si sodes o partido mais corrupto da democracia, ademais de falsos e mentireiros é agora houbo unha consigna dende as anteriores eleccions de abrir blogs para enguadar a xente.
a VOSA POLITICA ACABOU CA COMARCA DE FERROL OU PENSADES QUE A XENTE NON TEN MEMORIA. VOS SI QUE NON TEDES REMEDIO SODES A DEREITA CON DISIMULO EA XENTE XA SE ESTA A ACANSAR DOS CONTOS DE ZAPATERO ESE XASTRE QUE NUNCA FAI O TRAXE, MOITO TALANTE PERO AS POLITICAS SEGUEN A SER AS MESMAS.
Oes, para ser membra dun partido que foi condenado en repitas ocasións por TERRORISMO DE ESTADO e máis por corrupción ¿tes a lingua un tanto solta non?
das malas herbas non escapa ninguén, e por moito que me disguste tamén haberá malnacidos que se fagan pasar por sente do BNG e fagan estupideces. Se a xustiza condena ao exalcalde do BNG tereiche que dar a razón, en caso contrario entendo que pedirás disculpas por telo vendido como culpable sen que exista condena. Mentras lembrarche que boticoteares ao socio do goberno durante catro anos e especialmente na campanha (como este post) o único que conseguiu foi devolver ao poder ao PP.
Noraboa mente brilhante.
Publicar un comentario