4.2.09

O profe


Seguro que case todos recordamos con especial cariño algo da escola ou do instituto, algunha anécdota, algún amigo...Eu recordo con especial cariño ó profe.

"Don Valentín" (para min sempre será Don Valentín) foi o meu profe en 3º, 4º e 5º de EXB no Colexio Público Sagrado Corazón, en Lugo.

Aínda teño nalgures unhas fotos que nos fixo un día sentados á súa mesa. Levaba eu un xersei vermello con debuxos. E menudos pelos non teño na foto...

Aprendemos con él moitas cousas. Recordo sentados nunha silla, ó redor da súa mesa, dando os ríos...o Miño, o Teixo, o Guadiana, o Júcar...e os seus afluentes...o Sil, o Alberche(cando me olvidaba deste o profe dicíame que pensase en meu irmán, jaja) , o Jabalón, o Cabriel... Pero creo que o mellor que nos ensinou foi a ser persoas.

Dende que deixei o colexio (en fin, xa fai ben anos), atopeino nalgunha ocasión...seguía sendo a mesma boa persoa de sempre.

Onte no correo de XSG recibín un mail de él. Atopou no youtube o vídeo co discurso do pasado congreso do PSdeG-PSOE coa intervención que fixen ó principio do mesmo...e escribiume para felicitarme e, entre outras cousas, para decirme que se alegraba moito de que seguise sendo, en esencia, a mesma á quen él lle dou clase un día.

Non podo explicarvos como me sentín. Ben, por suposto. Pero sobre todo emocionada. Que o profe, O PROFE, se sinta orgulloso de ti...fai que, aínda que só sexa por un momento, sintas que estás facendo as cousas ben, que non estás defraudando a aqueles que te coñecen ou te coñeceron de verdade....

Ter o visto bo do profe fai que te sintas orgullosa, máis aínda se cabe, de defender uns ideais...fai que te reafirmes na loita que emprendeches hai xa tempo.


Gracias profe, espero non defraudarte nunca.

3 comentarios:

Juanje dijo...

Estes profes ;D

O certo e que algúns marcan tanto que sen darnos conta ata dirixen caminos máis alá do que podemos pensar...

Bicos

Lu dijo...

E cantas veces deixamos de dicir gracias a aqueles profes que nos marcaron, que nos deron o mellor... que son gran parte do que agora somos. E cando caemos na conta, ás veces, é demasiado tarde.

Monica dijo...

Hola. Soy Mónica, coordinadora de LA PERONOSFERA en Argentina y te invito a revivir los mejores momentos del acto del PSOE en Bs. As.
http://www.sebalorenzo.com.ar/2009/02/08/tourino-en-buenos-aires-argentina/

www.peronosfera.ning.com
www.buenosairesperonista.blogspot.com