10.3.09

Socialista sempre

Foto: Os Soños Rotos, das XSG

Levo varios días intentando escribir sobre a derrota. Pero non se deixa. É complicado escribir sobre as decepcións.

Doeume. Por moitos motivos. Pero sobre todo polas persoas. Porque defraudamos a ilusión de tantas e tantas que levaban anos esperando en Galicia un goberno socialista.

Doeume. Polos militantes. Porque son eles os que poñen a cara tódolos días pola igualdade, a liberdade, a xustiza...e porque a seguirán poñendo agora, nos momentos difíciles.

Dóeme. Porque lle quero a este país. Porque creo na democracia, cando gañamos e cando perdemos. Porque confío nos galegos. E si eles nos deron a espalda foi porque nos equivocamos.

E agora tócanos analizar os erros. E non cometelos de novo.

O Partido Socialista ten 130 anos de historia. De loita polos dereitos dos que menos teñen. De ilusión, e tamén de bagoas. De compañeiros e compañeiras que deixaron a súa vida para que hoxe teñamos a palabra.

Por iso nin un paso atrás. Seguiremos adiante, con ilusión, con traballo, con ideas, con alternativas. Con socialismo.

Porque como di Alfonso Guerra, "non haberá igualdade mentras siga habendo alguén o suficientemente poderoso como para que alguén se arrodille ante él, e ninguén tan desvalido como para ter que arrodillarse". Por eso o compromiso. Por eso o socialismo.

2 comentarios:

Noa dijo...

Ánimo Loli, e graciñas por as fermosas palabras que dedicas aos socialistas. Por suposto que non imos dar nin un paso atrás. Seguiremos traballando logo de analizar os erros, seguiremos loitando pola igualdade, seguiremos en pé para e por os valores socialistas.
Ánimo compañeira, que ti vales moito. Un biquiño.

Eva dijo...

O mesmo digo. Ten moito ánimo, que isto é un compás. Servirános para reflexionar, e por suposto para levar o noso proxecto para adiante con esforzo, con traballo, ecxplicando ben o que queremos para o futuro de Galicia. Bicos Loli. Por suposto que vales moito