Candidatura Coruña
A semana pasada fixemos, por fin, a foto da candidatura da Coruña. Despois dalgún cambio de data debido á meteoroloxía quedamos todos no Monte de San Pedro para sacar a foto. Aí estamos Javier, Mar , Carmen, Obdulia, Yoya, Ana, Silvia, Pablo, Garcés, Rosa, Nieves, Esteban...
Sinto que na foto non se aprecie o ben que o pasamos mentres a quitabamos. O que si se pode ben é a maravillosa cidade da Coruña, pois as vistas que hai dende aquí son impresionantes.
Ben pois aí os tedes, un grupo de homes e mulleres, con Javier Losada ó frente, cun proxecto en común: seguir mellorando a cidade da Coruña, seguir facendo dela cidade de referencia en Galicia e en España. Mulleres e homes convencidos de que o proxecto socialista é o único que ten un modelo de cidade, o único que quere construir A Coruña con todos e con todas.
Síntome moi orgullosa de formar parte desta candidatura, de poder poñer o meu graniño de area para seguir facendo da Coruña a mellor cidade do mundo.
1 comentario:
¡Unha chulada de foto! A túa presenza e a de Inés na mesma non me sorprendeu... ¡pero non sabía que Anita tamén estaba no cotarro!
Engado que me pareceu moi positivo o amplo abano de idades dos candidatos (que haxa moita mocidade está ben, pero iso non significa deixar de lado ó maiores).
Moita sorte a todos na campaña.
Publicar un comentario