Si eu vivise en Ferrol
Hoxe quero falar do mar, e das persoas, e da natureza...hoxe quero falar da vida.
Parto da base do dereito que ten unha empresa a realizar a súa actividade con normalidade, sobre todo si esa empresa, respaldada polos gobernos central e autonómico, considera que ten todos os papeles en regla para iniciar a súa actividade.
Pero, como socialista que son, non podo resistirme a escoitar ós mariscadores, ós do comité de emerxencia para a defensa da ría de ferrol, a cidadáns e cidadás de ferrol que estos días saíron á rúa, mellor dito, saíron ó mar a defender a súa ría, o seu traballo, á natureza e, tamén, as súas vidas... E digo eu si non deberiamos escoitar máis os cidadáns e menos ós poderes económicos...
Si eu vivise en Ferrol, ou en Fene, ou en Mugardos...ou nun dos concellos afectados pregúntome si viviría tranquila sabendo que a uns poucos metros hai unha bomba de reloxería que pode estallar en calquera momento, si viviría tranquila sabendo que os plans de evacuación non sirven de nada porque na ría os barcos non poden entrar e saír libremente, si viviría tranquila sabendo que a algunhas familias se lles acaba o pan co que alimentar ós seus fillos porque seguramente se acabe a producción marisqueira, si viviría, en fin, tranquila sabendo que, outra vez, o home, pon un grao de area máis no ataque á natureza...
Eu non vivo en Ferrol, e si vivira non viviría tranquila. Eu non vivo en Ferrol, pero algún amigo meu sí. Non vivo en Ferrol pero hoxe eu, Loli Rodríguez, sí quero solidarizarme con Manuel, con Flora, con Carmen, con Alfredo, con Roberto, con Luis, con Rafael, con Pepita....con todas esas persoas anónimas que defenden no presente o seu futuro. E quero solidarizarme porque si eu vivise en Ferrol, tamén subiría a unha chalana.
5 comentarios:
Loli, é agradable ver que alguén coma ti se molla no tema. Agardemos que cunda o exemplo.
Non chega con estar respaldada polo goberno e con "pensar" que se teñen os papeis en regla. Hai que cumprir a Ley, e a planta de Reganosa non o fai.
Ten anulada xudicialmente a declaración de impacto ambiental e non cumpre cos regulamentos de seguridade marítima, dadas as características da ría e a súa distancia aos nucleos poboados.
O goberno de Touriño e Quintana respalda así unha ilegalidade e prevarica para beneficiar os intereses dos que máis teñen e poñer en perigo as vidas dos que menos teñen. Moi progresista.
Loli, ti si estabas nunha chalana connosco. Tódolos que estiman o ben común por riba do interese particular, estaban na chalana.
Noraboa polo teu blogg.
Un vello socialista de ferrol
Colocar una industria así cerca del casco urbano o cerca de una ría vital para la población es un criterio antiquísimo que, en teoría, había muerto ya en los años 70.
Hoy sería impensable por ejemplo que la refinería de La Coruña se construyera donde está... lo que pasa es que la ciudad creció, sin embargo todos coinciden en que hoy en día no se construiría allí, y como eso todo.
No es normal, no es lógico y no es propio de un país europeo en pleno siglo XXI hacer las cosas así, es propio de paises subdesarrollados.
Querida Loli:
como "socialista" y con cargo, no te quedes en hacerte esas preguntas a ti misma, por muy poético que resulte. Pregúntales a los responsables de tu partido: a Irisarri, a Sestayo (¡ay, ay!) y a tutti quanti. Pregúntale también al gobierno de la Xunta por lo que está haciendo en el Courel. Pregúntales por qué están más preocupados por seducir a los medios de comunicación que por cumplir y hacer cumplir las leyes.Pregúntate y respóndete tú misma por qué un conselleiro de Industria, acerca de una cantera ilegal, abierta en terreno de la Red Natura, responde: "Sí, hay muchas canteras ilegales".
Saludos de un socialista (no del PSOE, claro).
Publicar un comentario