27.11.07

O purismo do BNG

Pasamos anos escoitando falar a dirixentes do BNG en termos de limpeza, transparencia, purismo... e xa vai sendo hora de poñer a cadaquén no seu sitio. Primeiro, que nin o BNG nin ningún partido pode dicir “desta auga non beberei”, e ós feitos me remito. Segundo, que non se pode predicar na oposición unha cousa e despois chegar ó goberno e facer xustamente o contrario.

Unha parte dos dirixentes do BNG van de puros, de que son os máis demócratas, os máis de esquerdas, os máis galegos, os máis progres os mais… os máis… os máis… sempre os máis…

Mais parece que todo iso o esquecen cando pisan moqueta, cando se sentan en coches oficiais, cando se ven no palco de autoridades…

E digo isto por tantas cousas que non caberían nun artigo.

Imos ver, os nacionalistas galegos, todo o día reclamándolle competencias ó Estado, dicindo que os servizos se xestionan mellor dende a proximidade. Discurso co que estou de acordo, aínda que ten matices. Iso si, cando lles toca aplicalo a eles mesmos éche outro cantar: están montando unha rede pública de servizos sociais paralela a dos concellos en lugar de colaborar con estes na prestación destes servizos; un bo exemplo son as famosas oficinas de I+B. E un exemplo mellor aínda é o esperpento que montaron durante meses situando os informadores da Lei de dependencia en lugares “tan propios” como as oficinas de Extensión Agraria, onde casualmente traballaba como funcionario o voceiro municipal do BNG (Becerreá sen ir máis lonxe).

Será que os servizos sociais non se xestionan mellor dende a proximidade? Será que non cren na capacidade dos concellos para xestionar os servizos sociais? Ou será unha nova maneira de montar unha rede clientelar como as que tanto lle criticaban ó PP? Onde está ese municipalismo do que falaba o BNG durante os gobernos de Fraga? Éche boa verdade que cada galiña escaravella para si.

Por non falar da limpeza democrática que viñeron reclamando durante anos nos diferentes procesos selectivos que convocaba a Xunta de Galicia e dos que están a facer unha mala fotocopia.

Como se contrata a xente das galescolas? Pode ser máis arbitrario o procedemento? Cunha entrevista persoal que supón o 21,05 % de puntos do total das probas de acceso e na que os criterios obxectivos brillan pola súa ausencia.

E a do Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e do Benestar, no que sacaron dúas prazas ás que se presentan as persoas que xa as ocupan, e que xa ocuparon prazas en distintos tribunais do Consorcio. Soa un pouco raro, non?

E o que xa me pareceu o colmo estes días foi o tema da FEGAMP. A verdade é que estes do BNG sempre fan igual, “ou nós ou rompemos a baralla”. Y ahora me enfado y no respiro, igual que os rapaces cando collen unha perrencha.

Reproduzo textualmente o que di o pacto de goberno PSdeG-PSOE-BNG:

«Impulsar que a presidencia da Fegamp sexa rotatoria ao longo de cada mandato, asumindo esta, en quendas de igual duración, candidatos/as promovidos por cada unha das tres grandes forzas políticas de Galicia.»

Ben, este era o parágrafo que segundo o BNG os socialistas estabamos a traizoar optando á presidencia da FEGAMP e non facendo quenda rotatoria con eles. E digo eu, non se le claramente que fala das tres grandes forzas políticas de Galicia? Se o PP di non, os tres pasan a ser dous e non cumprirían a letra do acordo. Outra cousa é que os nacionalistas interpreten o artigo segundo lles pete, pero o que pon, pono ben clariño e fala das tres forzas políticas.

Iso por unha banda. E por outra, cantos concellos goberna o BNG para sentirse lexitimado para presidir a FEGAMP? Ás veces tamén hai que mirar un pouco para un mesmo, máis que nada para non esquecer a realidade na que un se move.

E xa me parece o colmo que os do BNG, en plena perrencha polo tema FEGAMP, nos acusen de aliarnos co PP. E non son eles, os que van de puros, os que gobernan co PP en Muros??? Serán dos que ven a palla no ollo alleo e non ven a viga no propio.

E para rematar, só unha cousiña: coa vara que midas, hante medir.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Cuando leí tu post me sonó y efectivamente lo había leido an tes en vieiros.com pero aqui me falta el encabezamiento que es con lo que estoy de acuerdo:
"nin o BNG nin ningún partido pode dicir “desta auga non beberei”, e ós feitos me remito. Segundo, que non se pode predicar na oposición unha cousa e despois chegar ó goberno e facer xustamente o contrario."
Por otra parte el pragmatismo del BNG acaba de salvar a la ministra de fomento de su recusacion

Anónimo dijo...

O correcto sería poñer un enlace a Vieiros para que o lean alí. É unha falla de respeto. Coñezo máis articulistas dese xornal electrónico que así o fan nas súas páxinas

Anónimo dijo...

Loli, non sei se te decataches que un tal Maximilien ansía unha resposta tua sobre un tema importante, e dispois de ler que tí non eras allea a dito tema, estou ansioso por coñecer a túa opinión sobre a decisión do goberno.
Sei que non estás obrigada a respostarlle, pero creo que sería unha proba de boa educación e valentía pola túa banda, o demostrar que non és so "pantalla"

Anónimo dijo...

A ti te toca "directamente"...

Por la tarde mande este comentario a vuestro compañero el Sr. LAGE y esta en espera de revisión, hasta ahí todo normal, el problema fue que posteriormente ya ha recibido otro y no sólo ha aceptado su publicación sino que a mayores lo ha contestado, me gustaría conocer si existe algún “problema” con este comentario o si por la contra es un método de restringir la comunicación, sobre todo me sorprende cuando es un político joven con ideas en teoría innovadoras, con una perspectiva más abierta o si por la contra está sufriendo en su escaño porque las decisiones las toman unos cuantos y el resto tiene que levantar la mano para salir dentro de cuatro años otra vez en la foto, porque si todas las decisiones se adoptan consensuadamente y se acuerda defender ese método de adjudicación de puesto público para que lo crítica demagógicamente en su blog, más cuando su participación en e-findex destaco lo interesante de los weblogs en la comunicación diaria con los ciudadanos y ampliar las distintas opiniones sobre los temas, me gustaría tener políticos más valientes y no agarrados a su puesto, que es un puesto temporal.

PD: la cita "excusatio non petita, acusatio manifesta” textualmente significa la disculpa no solicitada es una acusación manifiesta", es decir, que todo aquel que se disculpa de una falta sin que nadie le haya pedido tales disculpas se está señalando como autor de la falta; o es que vuestro compañero Lage se siente culpable de tener que levantar la mano.

EL MENSAJE TEXTUALMENTE DECÍA:

1. O teu comentario está agardando revisión. O 10 de Decembro de 2007 ás 18:48
compañera escribiu:
Postura contradictoria, ¿no te parece? ¿o la oscuridad del parlamento te obligo a hacer lo que no querias?
Existe un principio en derecho muy importante que dice: "excusatio non petita, acusatio manifesta" y significa en lenguaje para no juristas, "No te defiendas de cosas de las que nadie te acusa"
Sinceramente es un tema del que deberías callar porque sólo con ir a la hemeroteca se observa tu falta de coherencia, no te defiendas de tu voto criticando que la postura del contrario es peor… completamente demagógico, para que sigues con esto si tu participaste, recuerda que perteneces a un partido político al que defiendes porque sino estarías de acuerdo lo lógico sería dimitir y ser coherente, que es una virtud que espero o por lo menos deseo que poseas, no defiendas lo indefendible, que nadie te a atacado intentando sacar redito rastrero, es cuestíón de hemeroteca.
http://www.xornal.es/article.php3?sid=20071115123954
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2007/11/01/0003_6279121.htm
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2007/11/16/0003_6322998.htm
(hay muchas más)
¿varian tanto de lo que tu dices? veo tu postura más próxima al pp aunque esta contestación evasiva es muy fácil…
" O 14 de Novembro de 2007 ás 14:55
Manuel escribiu:
El apoyo del PSOE le evita a Quintana rendir cuentas sobre los contratos de las galescolas.
No se puede tirar la piedra y esconder la mano
http://jmlage.net/blog/a-cig-acusa-a-quintana-24-10-2007/
O 16 de Novembro de 2007 ás 10:57
lage escribiu:
Ninguén tirou pedra ningunha e menos esconderse. A min o sistema de selección de persoal que ten o Consorcio non é o que máis me gusta pero iso non ten nada que ver co que propoñía o PP. Non se pode confundir, penso que as posicións están claras.
Saúdos"
seguramente aprendas de una persona "cercana" de la que se espera cierta contestación, en un tema igual de demagógico, desde hace más de un mes…
https://www.blogger.com/comment.g?blogID=6911480316750834669&postID=1763324434134827247
Anónimo dijo…
Loli, non sei se te decataches que un tal Maximilien ansía unha resposta tua sobre un tema importante, e dispois de ler que tí non eras allea a dito tema, estou ansioso por coñecer a túa opinión sobre a decisión do goberno.
Sei que non estás obrigada a respostarlle, pero creo que sería unha proba de boa educación e valentía pola túa banda, o demostrar que non és so "pantalla"
https://www.blogger.com/comment.g?blogID=6911480316750834669&postID=78663751726357053
Maximilien dijo…
Querida Loli:
como "socialista" y con cargo, no te quedes en hacerte esas preguntas a ti misma, por muy poético que resulte. Pregúntales a los responsables de tu partido: a Irisarri, a Sestayo (¡ay, ay!) y a tutti quanti. Pregúntale también al gobierno de la Xunta por lo que está haciendo en el Courel. Pregúntales por qué están más preocupados por seducir a los medios de comunicación que por cumplir y hacer cumplir las leyes.Pregúntate y respóndete tú misma por qué un conselleiro de Industria, acerca de una cantera ilegal, abierta en terreno de la Red Natura, responde: "Sí, hay muchas canteras ilegales".
Saludos de un socialista (no del PSOE, claro).

Loli Rodríguez dijo...

Estimados comentaristas:

Sinto non tervos respostado antes, pero isto de ter que traballar para poder vivir non me permite estar todo o día na rede.

En primeiro lugar direivos que é moi fácil a vosa postura, vos si que tirades a pedra e escondedes a man. Se credes que tedes tanta razón non sei porque non vos identificades. Eu o fago, en cada lugar que escribo consta quen son. E terei virtudes e defectos como todo o mundo, mesmo algunha incoherencia. Supoño que vós sodes perfectos.

Con respecto á pregunta de Maximilien digo o que xa dixen tantas veces, expreso no meu partido e polos cauces oportunos, mesmo na executiva galega da que formo parte, aquelo que considero. Pero,como demócrata que son, tócame respetar a decisión da maioría. Eso non significa que a comparta, pero sí que a respeto.

En calquera caso sempre dou a miña opinión, aínda que esta non sexa coincidente coa dos dirixentes, e senon invítovos a repasar o meu blog.

Formo parte dun partido plural, no que se respetan as opinións dos militantes, mesmo cando son discrepantes. E síntome cómoda nun partido que respeta as miñas opinións, co que comparto a maioría dos postulados e, por suposto a ideoloxía.

No PSdeG- PSOE respétase a discrepancia, non sei noutros partidos.

P.D. A algunha impertinencia que se colou polo medio e que tiven a ben permitir que siga publicada non contestarei porque teño cousas máis importantes a que dedicar o tempo.

Graciñas e un saúdo.

Anónimo dijo...

"Coa vara que midas, hante medir. Resposta a Loli Amoroso" en: http://www.blogoteca.com/cartafoldomandeo/index.php?cod=26756
Creo que te dá un pouco de caña...

Anónimo dijo...

E por que non metes todo o acordo da Fegamp, querida Loli? Ou seica o acordo de apoiar ao candidato do BNG non conta? Demostras de que vas tapando parte da información. Pero claro, o Consello da Xuventude pesa....

Anónimo dijo...

Loli Rodríguez Amoroso naceu en Lugo en 1978. Secretaria Xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia dende o 2005, accedeu á Presidencia do Consello da Xuventude de Galicia en 2007. Vese moito de que pé coxeamos. Hai que pagar os favores, polo visto.

Anónimo dijo...

Este é o acordo ao completo BNG-PSOE da Fegamp. Mira porque non incluías algún dos puntos: um deles é ben claro “O PSdeG-PSOE e o BNG comprométense a facilitar a investidura, no primeiro turno, do/a candidato/a proposto polo BNG”.
Ese punto incumpriuno o PSOE, amiga Loli. Terás que pagar o favor da Presidencia do Consello da Xuventude, pero a verdade só tem um camiño.