3.4.08

Lingua de amor


Lingua de Amor é o concurso de declaracións de amor en galego a través do correo electrónico que por segundo ano organiza o Consello da Xuventude de Galicia a través do seu Servizo de Normalización Lingüística.

Déixovos a mensaxe ganadora do primeiro premio do pasado ano:

"Polos zumes de laranxa e pomelo que me fas cada mañá. Por deixarme que poña a Morrissey 26 horas ó día. Por non te rires da miña manía de poñer sempre o mesmo calcetín no mesmo pé. Por aturar as miñas arroutadas cun sorriso. Polos bicos que curan a resaca. Por seres o que máis me gusta de min. Porque non cho dixen no seu momento. Quérote".

Como vedes, hai moitas maneiras de manifestar o amor. A min esta gustoume particularmente.

Si queredes manifestarlle o voso amor á vosa parella, ós vosos pais e nais, ó voso país...non o dubidedes http://www.linguadeamor.eu/

E ademáis interesantes premios!!

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Sen dúbida son iniciativas coma esta, que incitan á participación social "en galego" a través dalgo tan positivo e fermoso como o amor, as que contribúen en maior medida á normalización do noso idioma.

O CXG, e sobre todo o seu Servizo de Normalización, está a facer un traballo excelente en esforzo e imaxinación con ideas deste tenor.

Por iso o único que se me ocorre dicir ao respecto, dende o máis fondo do corazón, tanto á presidenta do CXG como á responsable do seu servizo normalizador, é: grazas, ánimo e adiante!

Anónimo dijo...

Hello. This post is likeable, and your blog is very interesting, congratulations :-). I will add in my blogroll =). If possible gives a last there on my blog, it is about the Tênis e Sapato, I hope you enjoy. The address is http://tenis-e-sapato.blogspot.com. A hug.