12.3.09

Sumando ideas

súmate en sumando ideas

Os socialistas galegos debemos facer unha profunda reflexión sobre a mensaxe que a cidadanía de Galicia nos transmitiu o pasado 1-M, e ao tempo dar un paso adiante.

Facelo esíxenos lembrar e defender os avances acadados nestes catro anos, pero tamén recoñecer e emendar os erros cometidos na nosa acción política.

Non debemos esquecer que máis de medio millón de galegas e galegos depositaron a súa confianza no proxecto dos socialistas de Galicia. Merecen atopar en nós un novo camiño e unha proposta maioritaria, de presente e de futuro, que canalice as inquedanzas dunha parte moi importante da sociedade galega.

Esta confianza tamén nos esixe un esforzo encamiñado a consolidar e aumentar o apoio recibido, a ensanchar e converter ao PSdeG-PSOE nun partido maioritario, forte e con grande presenza na sociedade galega, representativo da maioría social do noso país.

Para isto necesitamos facer unha serena pero profunda renovación das estruturas organizativas e do modelo de partido, co obxecto de facer posible a extensión e penetración do PSdeG no conxunto do territorio e nas redes sociais e económicas de Galicia, estando presente en tódolos ámbitos da sociedade galega e potenciando o papel dos/as militantes socialistas, da súa participación interna e externa, como verdadeiros activos do noso proxecto político. O PSdeG ten que ser un bo reflexo da maioría social deste país.

Como primeiro paso aspiramos a fomentar un debate de ideas e propostas de cara ó Congreso Extraordinario do 25 de Abril, onde teñan cabida a autocrítica e a discrepancia, pero afastándonos de actitudes cainitas e sen permitir que a dereita marque os nosos debates e a nosa axenda política.

Queremos facer do PSdeG un partido forte, sen complexos, asentado nos valores do socialismo democrático cun proxecto autónomo. Ser a referencia galega da esquerda, alí onde se ubican milleiros de cidadás e cidadáns do noso país que cren na liberdade, na igualdade, na solidariedade e na xustiza social.

A través deste manifesto pretendemos promover o debate e o contraste de alternativas. Facemos un chamamento á participación colectiva de toda a militancia e da cidadanía para fortalecer un proxecto socialista que se asente na defensa coherente e decidida dos principios e os valores progresistas que vertebran o conxunto das democracias avanzadas.

Para nós falar do socialismo galego equivale a defender unha sociedade cunha universal igualdade de oportunidades, independentemente das nosas diferentes orixes sociais; plena liberdade para exercelas, suprimindo todas as barreiras que as impiden ou dificultan; e coa férrea xenerosidade e solidariedade de todo o País cando a oportunidade deriva en dificultade.

O socialismo e o galeguismo son e seguirán sendo referencias ideolóxicas esenciais do PSdeG e das que deben partir as políticas e propostas da nosa acción política.

A defensa dos servizos públicos ten que ser unha prioridade, facendo posible unha sanidade pública que compatibilice a atención sanitaria de calidade cos dereitos de atención ao paciente e apostando por unha educación pública de calidade, nun país no que o ensino sirva para acadar unha sociedade libre, crítica, con sólidos valores democráticos e altas oportunidades de progreso.

Falamos dunha educación pública na que as bolsas favorezan a igualdade de oportunidades e na que o relevante non sexan a vestimenta que leven as nenas e os nenos no centro escolar, senón a calidade da educación que reciben.

Unha Galicia políglota, na que se eduque aos nosos fillos/as en galego e castelán, garantindo o coñecemento e correcto uso de ambas linguas ó rematar o ensino obrigatorio e aberta á incorporación de terceiras linguas. Un País sen divisións entre iguais nin imposicións e onde a nosa cultura sexa unha importante oportunidade de proxección exterior.

Queremos unha sociedade cunha envexable calidade democrática, con regras de xogo claramente definidas na relación dos responsables políticos cos poderes económicos e na regulación  transparente das axudas públicas ó mercado da información e da comunicación, onde a reforma dos medios públicos de comunicación sexa unha prioridade política e social.

Conseguilo require dun partido mellor conectado coa sociedade: capaz de incorporar as voces e as vontades progresistas presentes na sociedade civil, e onde a militancia, o maior activo do noso proxecto político, asuma maior protagonismo e impulse o partido co seu traballo, a súa capacidade e a súa ilusión.

Pola gran responsabilidade que o tempo nos depara, para cumprir coas expectativas postas na labor de oposición e para sermos alternativa crible de goberno, necesitamos de experiencia e renovación. Temos que asumir como propias as novas realidades sociais, sumar a achega da valiosa experiencia institucional que o noso partido atesoura e facer efectiva a incorporación das xeracións máis novas.

É a hora de ofrecerlle á sociedade galega un proxecto socialista maioritario e renovado, un proxecto ilusionante, que marque novas metas para transformar a fondo Galicia. É a hora de traballar todos xuntos, unidos, sumando ideas para o socialismo galego!

Que comece o debate!

Galicia, 11 de marzo de 2009


4 comentarios:

sanquera dijo...

Querida Loli, por favor, a maioría da xente que votou ó PP fala galego. Iso non é o problema para non sacar votos. O problema é a falla de coherencia,cos grandes problemas que deixou o goberno Fraga:REGANOSA,ENCE, SOGAMA, SERGAS,CIDADE DA CULTURA,tren e autovia a Caneliñas, nos que non se deu un verdadeiro cambio, e o maís importante primeiro negociar o progama de goberno e despois firmar o acordo porque nos ultimos acordos (tanto xunta coma concellos) parece que primeiro se repartiron o pastel e despois foron decidindo o programa

progreso dijo...

SAUDOS E A MIÑA NORABÓA POLO TEU BLOG. TAMÉN DENDE O BARCO, EN TERRAS DE VALDEORRAS, BOTAMOS UNHA OLLADA EN CRAVE PROGRESISTA Á REALIDAD SOCIAL E POLÍTICA DESTA TERRA, SEN COMPLEXOS, E CON ILUSIÓN POLO FEITO E ESPERANZA NÓ FUTURO,GRAZAS E MOITO ÁNIMO.

WWW.OBARCOENPLURAL.BLOGSPOT.COM

Unknown dijo...

A decisión de Gonzalo Caballero de presentar a súa candidatura á Secretaria Xeral sorprendeume. A verdade é que xa non a esperaba. Estaba convencida de que Pachi Vázquez ía ser o único candidato, o que , por outra banda, facía que todo o proceso me resultara moi pouco ilusionante.
Pero a idea de que Gonzalo Caballero chegue a convertirse no novo Secretario Xeral do partido tamén me preocupa. O feito de que os socialistas de Vigo estean divididos e que Gonzalo o represente á minoría crítica pode non ser a mellor maneira de empezar esta nova andadura do noso partido.
Non teño absolutamente nada negativo que dicir de ningún dos dous candidatos. Se ben considero que a aposta tiña que ser máis decidida. Na miña humilde opinión tanto Mar Barcón como María Xosé Caride son persoas de peso político dentro do noso partido. Son coñecidas e recoñecidas pola maioría dos e das militantes socialistas e por unha ampla maioría de galegos e galegas. Calquera delas podería liderar un proxecto realmente ilusionante. Na miña humilde opinión os militantes socialistas deberiamos animar a calquera destas dúas mulleres a presentar a súa candidatura á Secretaría Xeral.

chiripitifláutico dijo...

Estimada Charo:
Con todo cariño: si crees que el peso político en nuestro partido de Mar Barcón y de María José Caride es equiparable, o bien eres familair de la ex-conselleira, o bien te hace falta darte una vuelta por las agrupaciones de Galicia.
Saludos.