12.1.07

Benvidas e benvidos

Todo o mundo sinte algunha vez a necesidade de expresarse, de ser escoitado. Supoño que un blog nace desa necesidade, da necesidade de compartir cos demais o que pensamos ou sentimos. Nun mundo como o actual, no que o ritmo de vida permite cada vez menos que nos relacionemos coas persoas que nos rodean supoño que esto do blog é unha nova forma de comunicarnos. Agora xa non charlamos cos veciños á porta da casa, nin no supermercado, nin nos facemos colegas dos compañeiros e compañeiras de traballo. Non, agora escribimos un blog, e os nosos veciños, os nosos amigos, os nosos compañeiros de traballo o leen si lles apetece e nos deixan un comentario si teñen algo que dicir.
Ben, pois aínda que tarde según algúns, sucumbo ó mundo global e as novas tecnoloxías. Hoxe abro este blog. E fagoo hoxe e non outro día porque quería empezar este diario cunha declaración de intencións, e creo que hoxe é o mellor día para dicir:
"Eu tamén PAZ"

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Noraboa. Eu tamén Paz.

Anónimo dijo...

Por fiiiiiin! Eras a persoa que faltaba na comunidade bloger do PSdeG. Noraboa. Dalle con frecuencia para que te podamos ir lendo día a día.

Que sepas que xa estás vencellada na miña páxina e na do PSdeG de Fene.

Bicos ;-)

Anónimo dijo...

Si, benvida. Estou preparando o pase a un novo servidor para a miña "Bitácora do Nordés" e engadirei o teu blog.

Paula García dijo...

Hola Loli cando supen que tiñas un blog entrin moi axiña.

Alégrome de que ti tamén sexas blogueira, benvida a pandilla.