Da maxia da neve
Parece ser que a meteoroloxía manda na actualidade diaria, así que non é caso obviala nas liñas de hoxe.
Sempre me encantou a neve. Cando era pequena e chegaba o inverno, escoitaba o tempo con atención a ver si daba neve ou non. Ata sabía a altura sobre o nivel do mar que tiña Lugo, para saber si podía ou non nevar.
Cando da predicción meteorolóxica deducía que podía ser, espertaba polas noites, e, dende a cama, miraba a ver si nevaba. É fácil de ver, cando neva pola noite hai moita claridade.
Cando da predicción meteorolóxica deducía que podía ser, espertaba polas noites, e, dende a cama, miraba a ver si nevaba. É fácil de ver, cando neva pola noite hai moita claridade.
Non sei describir a sensación de levantarme pola mañá e ver todo blanco , supoño que é parecida a cando esperas toda a noite a que cheguen os reis e cando te ergues pola mañá...alí están os regalos. Pois para min a neve era algo parecido, esperala con impaciencia, e recibila con tanta emoción...
Aínda agora me fai moita ilusión ver nevar, gústame ver como as folerpas se van xuntando e todo se tingue de blanco. Paréceme algo máxico.
Xa sei que non menciono a parte negativa de todo isto, o perigo de circular polas estradas, os pobos aillados...pero...prefiro a neve dos bonecos, a de tirarse bolas, a de faltar á escola...supoño que me fai volver ós 8...ós 9...ós 10 anos...vendo caer a neve, e eu na casiña, ó calor da cociña de leña...
1 comentario:
a maxia da neve... a maxia da verde paisaxe... a maxia da luz que sorprende as mañás do inverno con raios de verán ...
Publicar un comentario