5.3.07

Guerracivilismo

Sí, guerracivilismo, creo que esa é a actitude na que o PP, acompañado dos partidos da extrema dereita, está neste momento.

"Con ZP es fácil matar". Esto era o que decía unha pancarta portada por unha moza pertencente ás Novas Xeracións do PP que o pasado sábado se manifestaba frente o Hospital Donostia, en San Sebastián, onde está ingresado De Juana Chaos.

Ás veces penso si temos que quedar de brazos cruzados frente a quen fai semellante afirmación de maneira gratuita, frente a quen minte e acusa sen máis argumentos que a terxiversación e o e o insulto.

Porque nós non fixemos coma eles, o PSOE non saíu á rúa a denunciar ó PP en ningunha das excarcelacións de ata 53 presos etarras durante os gobernos de Aznar, non saímos nin cando un deses presos postos en liberdade, Iñaki Bilbao asasinou a un compañeiro socialista. E non saímos porque temos responsabilidade e sentido de Estado, algo do que outros parece ser que carecen.

Sí, non hai dúbida, estamos feitos doutra pasta.

Frente a semellante manipulación da realidade, pouco podemos decir os que cremos na democracia e na verdade.

Encántame a política, e gústame debatir, enfrontar ideas, argumentar posicionamentos...pero todo iso é imposible si enfrente non está un demócrata, alguén que entende a política como un exercicio lexítimo de buscar o ben común, aínda que sexa dende ópticas diferentes. É imposible, si quen está enfrente só busca a crispación, o enfrontamento, a manipulación, a mentira, a guerra.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

O PP está na rebelión golpista contra a democracia, son un perigo para España, que merece unha dereita mellor. Rajoy está perdido para a democracia, vai camiño de Le Pen.
Nota á marxe: Tes mal o enlace a Nacho, simplemente sobran as www.
Unha aperta desde Ferrol.

Anónimo dijo...

Ya no es eso, es que con el recuerdo de la Guerra Civil, por un lado, niegan que gran parte de la derecha fuera fascista... pero a la vez, hacen una amenaza velada de "retirar" del poder al PSOE de "cualquier manera".

De eso ya me he encontrado bastante, en Blogs, y en foros de internet... por cargos de las NNGG no, pero votantes reconocidos del PP sí, y creo que por militantes tambien.

Hay gente, dentro del PP, que está entrando en una retórica peligrosa.