27.3.07

Lei de igualdade(II)


Volvo hoxe a falar da Lei de Igualdade. Estou vendo o programa Hai Debate, da TVG, na que participan tres parlamentarias dos diferentes partidos, Laura Seara, polo PSdeG-PSOE, Susana López Abella, polo PP e Olaia Fernández Dávila polo BNG.

O primeiro que me chama a atención é tono crispado do debate. A representante do PP, non sei si por falla de argumentos, está interrumpindo constantemente, facendo o debate bastante desgradable, pois non permite escoitar con claridade as intervencións.

Pero aínda me resulta máis incrible o comportamento dos periodistas. O digo sinceramente, cousas como estas demostran que aínda estamos moi lonxe da igualdade. Algún dos periodistas interrumpindo todo o tempo ás deputadas, cortandoas, non deixándoas falar...Estou completamente segura de que si aí se sentasen tres homes a actitude tivese sido ben diferente. Lamentable.

E logo escoitei cousas que me deixaron, cando menos, abraiada. Segundo unha periodista, a medida fundamental que axudaría á igualdade de mulleres e home sería que as garderías abrisen pola tarde e pola noite. Para min as garderías son escolas de educación infantil, onde os nenos e nenas se educan, non son lugares onde "gardar" ós nosos fillos. Creo que ten que haber medidas de conciliación da vida laboral e familiar, pero non creo que eso signifique roubarlle tempo ós fillos, senón todo o contrario, creo que significa pasar máis tempo con eles, que se den as condicións para poder repartir ese tempo, para poder compartilo coa parella. Eso son medidas de conciliación da vida familiar e laboral, que permitirán a homes e mulleres compartir e repartir o seu tempo de forma equilibrada.

Teño que facer unha confesión, nunca me sentín tan ben sendo muller, e nunca me sentín tan ben sendo socialista. Por fin temos un instrumento legal, que recoñece os dereitos que se nos negaron históricamente.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

¡¡¡Demagógico!!! e ¿¿¿Laura Seara no interrumpia???

Anónimo dijo...

Sí, pero es más facil adaptar el horario de guarderias públicas, que es una mera decisión política, que no obligar a las empresas a adaptar el horario de los contratos de trabajo para que la madre o el padre pueda salir a recoger a sus hijos, o estar con ellos en su casa cuando la guardería cierra.

En ese sentido, puede ser un poco triste... pero es más realista.

Anónimo dijo...

Vou a facer un comentario machista, que ven moi ao pelo do título. Notouse que no debate a maioría eran mulleres, porque todas falaban ao mesmo tempo. Jejejeje. ¡¡¡É broma!!!!.

Un saúdo

Anónimo dijo...

tes bastante razón.A moderadora non sabe cortar a maleducada de Susana.Non respeta a palabra das demais.Quere quedar sempre por riba.Tamén rematar o debate.Debe ser unha consigna do pp.Tamén o facía mercedes de la merced na cadena ser. un saúdo.