Moita cara!
Profesores interinos e sustitutos convocan unha folga indefinida dende o próximo mes de abril. O motivo: esixirlle garantías á Xunta de Galicia de que non perderán o seu emprego no caso de suspender o exame da oposición que se celebrará este ano.
Sí, sí...eu quedei con cara de parva cando o lin, pero é totalmente certo. E digo eu, aínda a risco de ser políticamente incorrecta, cómo se pode ter tanta jeta????
Resulta que hai persoas que se presentan a unha oposición, suspenden, e entran nunhas listas para facer sustitucións. Por facer sustitución vas acumulando puntos que che permiten seguir facendo sustitucións ata que aprobes o exame. Mesmo unha persoa que teña feito sustitucións un ano, aínda que sacara moi mala nota no exame, sustituirá antes que calquera outra que teña aprobado o exame pero non teña praza de calquera ano posterior. Supoño que xa dende o principio, dende este principio que acabo de comentar, o sistema está viciado.
Pois ben, agora veñen os que se presentaron ó exame unha vez, ou varias, que non aprobaron na vida, pero que sin embargo levan ganando cartos moitos anos facendo interinidades e sustitucións, a dicirnos que a Administración lles ten que garantir que AÍNDA QUE SUSPENDAN NON PERDERÁN O SEU TRABALLO!!! Máis ou menos como na empresa privada, vamos...
Xuraría que na Constitución di que o acceso á función pública debe rexirse polos principos de mérito e capacidade. Debe ser que algúns non a viron diante, e iso que teóricamente hai que estudiala para todas as oposicións;-)
E digo eu, manda carallo o que hai que escoitar!
8 comentarios:
Toda persoa que consigue traballar na administración débese considerar unha privilexiada (alén dos esforzos que tivo que facer para entrar).
Privilexiada: por ter un traballo, por desenvolver a súa capacidade intelectual para o que estuduo, pola seguridade dese traballo, e moitos motivos máis.
Na administración a maneira de entrar e consolidar un posto de traballo é OPOSITANDO; e se non cambiaron as tornas, se aprobas, sumas a esa puntuación uns méritos que son o que configuran a nota final que che da para entrar nas plazas ou non. Eses son os titulares, e os restantes se están interesados entran a configuran unha lista de sustitucións, que sirven para cubrir baixas por vacacións, enfermidade,... e cando queda vacante un posto titular cúrese co primeiro da lista de sustitución e pasa a ser interino pero non titular,...será titular por oposición.
Agora para facer fronte a unha oposición ( e falo por terme presentado a dúas), os que levan ventaxa son os que están dentro do sistema: interinos. Simplemente por que están vivindo a experiencia profesional de primeira man, saben por manexo diario dos articulados, dos formularios, dos procedementos,...
¿Entón, cal é o medo?. ¿ Non será que por estar nesa posición privilexiada teñen medo a perdela? Se teñen medo a perdela, ¿será por que non están capacitados?,...
Os privilexios hai que gañalos e logo facer por mantelos, non hai que durmirse na poltroa.
Saúdos.
A experiencia sindical levoume a escoitar nestes dous anos na Administración de Xustiza reinvindicacións dalgúns colectivos de interinos como a consolidación inmediata dos que leven 10 anos na administración (sen examen, nin practicas, nin gaitas).
Certamente no eido do personal interino existe moita demagoxia, pero iso non nos debe levar a pensar que traballar de funcionario é un privilexio. O que deberiamos ter claro e que defender unha estabilidade laboral no emprego é un dereito, e que se no eido privado non se fai, como xente de esquerdas temos que loitar porque que conquira.
Non diminuamos dereitos, loitemos porque todos teñan mellores condicións de vida e traballo.
Unha aperta socialista e republicana.
Buf, a ver como o conto.
Ben, chámome Markos e teño 37 anos. Este é case o noveno ano que traballo como profesor de secundaria, levo algo mais de dous sendo interino. Antes era sustituto. E antes era opositor, estudiaba oito horas o día e presentábame en calquera comunidade para examinarme. Co tempo, e sobre todo polo traballo, a miña capacidade de estudio veuse mermada. Faga o que faga, non estou agora igual que vai dez anos, e non teño tempo para preparar unha oposición ca dedicación que merece. Ben sei do que falo, presenteime, co ano pasado, en once procesos de oposición, incluidos dous en Extremadura e outro en Andalucia. Cheguei a catro encerronas e traballo porque un ano de 28 plazas eu quedei de 30. Logo seguín estudiando e un día chamáronme para facer unha sustitución. Se algunha vez opositaches en serio tes que recoñecer que é imposible de compaxinar co traballo. M´ñán e tarde, sen vacacións, con preparadores e prácticas. Pouco a pouco a dinámica laboral fai que o rendemento baixe, e non me queixo, e traballo, moi ben pagado e en casa veu moi ben que entrasen eses cartos, pero a verdade é que a nivel de oposicións...eu non sería agora competitivo contra un "eu mesmo" recién saido da facultade.Cousas da idade. Pero tamen é certo que, no profesional, fun mellorando no listado, en parte por que non todo o mundo aguanta sete anos de sustitucións por toda Galicia, cambiando seis ou sete veces cada curso de destino. Son moitas mudanzas.Que si, que é un traballo privilexiado, non polos cartos - que o é - se non por que o ensino é unha profesión na que merecería a pena pagar por estar. Agora, que cheguei a interino, por inercia, vexo que a miña plaza sae a concurso. Hai un principio de xustiza laboral moi básico: se unha empresa ten empleado a un traballador de manera continua, debe facilitar, que non regalar, unha certa estabilidade. De feito é un dos pilares para a consecución do empleo estable na empresa privada, dentro da políticado teu partido. Eu era o primeiro en botar pestes dos interinos, pero o certo é que agora son mellor profesor que opositor, e que por moito que nos conten os méritos, os tres meses que pasei na fonda Trebol de Bande, ou en Meira, ou en As Pontes, son equivalentes a 0,5 puntos no exame teórico, e estou seguro que xa teño ex alumnos licenciados en condición de tumbarme nel.
En suma, que un acceso diferenciado e unha inxustiza, que non vou a apoiar esa convocatoria, pero que un traballador aspire a estabilizar o seu posto de traballo debería ser valorado dun xeito máis comprensivo por alguen que pertence a un partido socialista. E que cando se fala mal de alguén que traballa honradamente - eso creo - e que aspira a consolidar ese esforzo, un espera que o que fale parta de outro tipo de argumentos, ¿ou os méritos laborais non van a poder ser o tipo de méritos que dis que a constitución defende?.
unha aperta
esquecinme de identificarme ben no comentario anterior...
Markos Mendiguren
MACNAVEL@edu.xunta.es
A verdade é que realmente es políticamente incorrecta. ¿Realmente socialista? Non che sei. Como antigo compañeiro teu da facultade de dereito, tamén lin e estudei a Constitución. Publicidade, mérito e capacidade para todos... os que non se apeliden Rodríguez Amoroso claro. Digo Rodríguez Amoroso, porque xa sabemos a forza que a tua familia ten na política, onde non hai nen publicidade, nen mérito, nen capacidade, senón vínculos de sangue, e outras cousas.
Claro que non é un caso exclusivo da túa familia, é a regra xeral. O que me custa crer é como atacas aos interinos, ás persoas que tentan consolidar un posto de traballo na Administración e que sempre van gañar moito menos salario do que ti estas a gañar agora, e probablemente gañarás no futuro como cargo político. Publicidade, mérito e capacidade para todos, tamén no acceso aos cargos políticos.
E lembra unha cousiña, o Partido Socialista Obrero Español naceu nunha taberna de Madrid, perto de Sol, onde os traballadores comezaron a xuntarse para reclamar mellores condicións laborais, igual que o que están facendo agora os funcionarios interinos da Xunta.
Un saúdo
Ó último que deixou a súa opinión quero dicirlle que se os únicos argumentos que pode expoñer son os ataques persoais dí moito da súa capacidade intelectual. Son substituta dende este ano e paréceme moi inxusto este sistema de oposicións.
Realmente eu estou en vantaxe con respecto ós que se presenten este ano por primeira vez pero non o considero xusto. ¿Porque unha persoa que saque un 7 e eu un 3 non está diante de min na lista ?Simplemente porque este ano tiven o privilexio de dar clase.
Ademais o de non ter tempo para estudar quería que me contestásedes canto tempo ten unha persoa que traballe de caixeira nun supermercado 10 horas ó día.
Eu si teño tempo de estudar porque o horario é de chiste.
Pero bueno supoño que os que din o contrario tiveron a sorte de non pegar nunca golpe na súa vida.
Quero deixar claro que loxicamente intentarei aprobar con este sistema pero non significa que sexa xusto.
Al compañeiro de dereito de Loli le comentaré un par de cosas. No sé si acabaste la carrera, pero desde luego deberías volver a estudiar derecho administrativo, porque veo que no tienes la más mínima noción de función pública. Verás, la Administración Pública no es una empresa privada, el Tribunal Supremo lo dice muy clarito al establecer que "el ordenamiento laboral parte en este punto de la defensa de la estabilidad del empleo frente a las actuaciones que, prevaliéndose de una posición de debilidad contractual del trabajador, tratan de imponer una temporalidad no justificada. El ordenamiento administrativo consagra unos procedimientos de selección que garantizan la igualdad de los ciudadanos en el acceso a los puestos de trabajo del sector público y que, al objetivar el reclutamiento a través de la aplicación de criterios de mérito y capacidad, son también una garantía para la eficacia de la actuación de la Administración Pública al servicio de los intereses generales. Mientras que en el primer caso se protege fundamentalmente un interés privado, aunque de carácter social, en un ámbito en el que rige el principio de libertad de contratación del empresario, en el segundo estamos ante un interés publico de indudable relevancia constitucional y de ahí que las normas sobre acceso al empleo público tengan carácter imperativo debiendo sancionarse adecuadamente su inobservancia.".
Esto para empezar, en segundo lugar veo que eres incapaz de distinguir las distintas figuras de personal al servicio de la administración. El personal eventual o de confianza no se rige por los principios de igualdad, mérito y capacidad, precisamente porque es personal de confianza, y cesará cuando cese el cargo que la nombró y cuando le dé la real gana. Otra cosa es el personal funcionario de carrera y laboral fijo, que sí deben pasar un procedimiento selectivo obligatorio, caso de funcionario oposición libre, y caso de laboral, concurso-oposición o concurso. Y respecto a los interinos, son puestos de trabajo que cubren plazas por razones de urgente necesidad y que cesarán obligatoriamente cuando se convoque la oposicion libre. la única vía legal que tiene de quedarse es concurriendo en igualdad de condiciones a la oposición con el resto del mundo. Las oposiciones restringidas para interinos son inconstitucionales. Y ahora, compañero de derecho, repetirás esto cien veces, y no volverás a decir estupideces nunca más en un foro público como castigo por tu atrevida ignorancia
Markos, son opositor coma ti, só que aínda non fixen unha triste sustitución. Coido que todos eses anos de esforzado sacrificio non che están axudando a comprender cal é o teu papel como traballador na educación.
¿Como que a túa praza sae a concurso? Ti non tes ningunha praza!, e aí é donde algo falla nos miolos dunha percentaxe (confío que pequena) dos interinos. Non tendes praza, non sodes funcionarios de carreira, non "tedes" ningún posto que consolidar, e en atención a iso, deberiades de acceder á función pública nas mesmas condicións que os demáis, sen "informes" nin tuneos varios das probas.
Se che consola, a túa capacidade de estudo é en calquera caso, moito maior que a miña, pese a ser máis novo ca ti, porque traballo nunha coñecida cadea de hipermercados onde ti vas pasa-las tardes e as fins de semana a gasta-lo teu salario cando non che apetece estudar.
Eu teño tanto dereito coma ti a unhas mellores condicións laborais.
E se necesitades modificar o sistema de oposición, daquela teredes que admitir que ou non sodes mellores que o resto, ou que o sistema que vos perpetúa aí non serve.
Saúde e ánimo.
Publicar un comentario