Presentación da candidatura do Partido Socialista na Coruña
Onte foi a presentación da candidatura coa que o Partido Socialista da cidade da Coruña concurrirá as vindeiras eleccións.
Máis de 800 persoas acudiron á cita cos socialistas coruñeses. Foi, dende o meu punto de vista, un acto moi emotivo. Homes e mulleres co único compromiso de de loitar pola cidade, de representar con dignidade ós coruñeses e coruñesas presentábanse ante a cidadanía.
Para min, teño que dicilo, foi especialmente emocionante, e non só porque se me dese a posibilidade de intervir, de dicir o que pensan moitos mozas e mozas da Coruña, senón porque Javier Losada, alcalde e candidato, se comprometeu, novamente, coa mocidade. Porque fixo unha aposta clara pola xuventude, por solucionar os problemas que máis lle afectan ós mozos e mozos e mozas, como son o emprego e a vivenda. Serán as políticas de mocidade un obxetivo prioritario da súa política, como xa ven demostrando, por outra banda, dende que está ó frente da Alcaldía.
Javier onte dixo que quere facer da Coruña a mellor cidade do mundo. É unha persoa de palabra. Os que o acompañamos na candidatura estamos convencidos de que non defraudará ós coruñeses e coruñesas, convencidos de que ten o mellor proxecto para soñar A Coruña.
4 comentarios:
Loli moita sorte e noraboa polo fenomenal equipo que presentástedes onte na Coruña. unha aperta dende as terras de interior, dende Caldelas.
Eladio Osorio Montenegro
caldelaodecaldelas.blogspot.com
guapaaaaaaaaaaaa
Estivestes moi ben na túa intervención, como xa che dixen, un pouco nerviosa ao principio, pero moi ben. ¡Non esperábamos menos de ti! jejeje.
Noraboa
Nena, en galego dise "a utopía non é un SOÑO...". Ese "sono" que ti empregas é o de "ter sono", o que se ten mentres se dorme son "soños".
Publicar un comentario