28.2.07

Iván Puentes




Iván é, sobre todo, o meu amigo.

Pero tamén é a persoa coa que teño feito centos de kilómetros para constituir ou visitar agrupación locais de Xuventudes Socialistas.

Tamén é aquel co que teño viaxado en innumerables ocasións a comités federais, a consellos federais, co que teño deseñado escolas de formación, comités nacionais, campañas electorais....

É a persoa coa que máis teño discutido, de política, de ideoloxía, de qué significa ser de esquerdas, do non vale todo, do mundo que pensamos...

A persoa coa que compartín un proxecto político chamado Xuventudes Socialistas, coa que soñei utopías e construín imposibles.

É, sobre todo, neste tan denostado mundo da política, sinónimo de lealdade e de confianza, de ilusión, é, máis que ningunha outra cousa, boa persoa.

Iván quere cambiar o mundo. E quere empezar por Fene.

Moito ánimo, Iván!

26.2.07

Valderrei


Hoxe, ás 16.55 horas, comeza na TVG a serie Valderrei. Emitirase de luns a venres a esta mesma hora.

A serie, cuxa protagonista é unha muller que ten que fuxir da súa casa debido á súa situación matrimonial, desenvólvese en Valderrei, un lugar imaxinario situado entre Padrón e Caldas de Reis.

Son unha asidua das series da Galega, Libro de Familia, A vida por diante...Creo que hai moito talento en Galicia, e que, en moitas ocasións non sabemos aprecialo.

Intentarei ver esta serie, aínda que a hora non acompañe, e intentareino non só porque creo no audiovisual galego senón porque unha das protagonistas é Tamara Canosa, brillante actriz, ademáis de compañeira e boa amiga.

Para quen non a coñeza, era Laura, a moza de Fito na mítica serie da galega "Mareas Vivas". Tamén fixo un papel en "Heroína", de Gerardo Herrero e en "Días Azules", de Miguel Santesmases. Xenial. Disfrutariades, sobre todo, co seu papel de Hécuba, na obra de teatro "Las Troyanas". Impresionante.

Tamara,sabes que estou moi orgullosa de ti. Noraboa!

19.2.07

Curtas na rede


O pasado 14 de febreiro presentamos a II Edición de Curtas na Rede, un concurso de curtametraxes organizado polo Consello da Xuventude de Galicia e a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta de Galicia.

Xa sabedes, si queredes ganar 1500 €, só tedes que gravar unha curta, de 5 minutos como máximo e presentala ó concurso. Tedes de prazo ata o 15 de setembro.

Ademáis este ano temos dúas novidades moi interesantes: podedes gravar unha micropeli co móbil, 30 segundos... e ademáis podedes abrir unha bitácora na web do concurso onde contar as anécdotas de rodaxe ou o que creades interesante que saibamos.

Benvidos/as ó mundo da imaxinación...ó da liberdade...ó de soñar en voz alta...benvidos/as a Curtas na Rede.


P.D. Todo e máis en www.curtasnarede.es



14.2.07

Táctica y estrategia


Mi táctica es
mirarte
aprender como sos
quererte como sos

mi táctica es
hablarte
y escucharte
construir con palabras
un puente indestructible

mi táctica es
quedarme en tu recuerdo
no sé cómo
ni sé
con qué pretexto
pero quedarme en vos

mi táctica es
ser franco
y saber que sos franca
y que no nos vendamos
simulacros
para que entre los dos
no haya telón
ni abismos

mi estrategia ese
en cambio
más profunda y más
simple

mi estrategia es
que un día cualquiera
no sé cómo
ni sé con qué pretexto
por fin
me necesites.

(M. Benedetti)

No porque sea el día de los enamorados, sino porque cualquier día, también el 14 d febrero, es el mejor para querer.

Bermejo, perigoso esquerdista!


O Partido Popular estivo criticando nos últimos días ó Presidente do Goberno polo nomeamento de Mariano Fernández Bermejo como Ministro de Xustiza. Resulta que nomeu a un "rojo peligroso", a unha persoa de esquerdas. Dios nos pille confesados!

E digo eu, dende cando se consulta coa oposición o nomeamento dun ministro?

Romeu ilústrao mellor ca min na súa viñeta de hoxe no diario El País.

12.2.07

Da Coruña e o seu alcalde

Hoxe o diario El País, na súa edición galega, publica unha interesante entrevista con Javier Losada, alcalde da Coruña. Nela o alcalde repasa temas moi importantes para a vida diaria de calquera coruñés: vivenda, transporte, comunicacións, seguridade cidadá...

Máis alá de manifestacións interesadas e opinións desinformadas(que moitas escoitamos sobre este concello), o mandatario municipal desgrana importantes medidas postas en marcha na cidade:
Vivenda: "Hemos construido más viviendas protegidas que todas las ciudades gallegas juntas" , Transporte público: "Somos la ciudad que más transporte público puso en marcha", Desenvolvemento sostible: "Defiendo la sostenibilidad. Fíjese, en 37 kilómetros cuadrados de superficie, tenemos cuatro de zonas verdes"
Sin deixar de lado os retos de futuro:

Tranporte metropolitano: "El transporte metropolitano tiene que ser una prioridad para la Xunta. Es vital tener tren de cercanías hasta Ferrol, metro ligero, tranvía y autobuses", Relación cos concellos do arredor: " Por eso he tomado la decisión de pedir un nuevo puente en la ría de O Burgo" Vivenda: "Somos el primer ayuntamiento que destinará a esos barrios consolidados, y no exclusivamente al casco histórico, el dinero que le concedió el Ministerio de Vivienda y la consellería, más de 14 millones de euros."
E intentando mellorar a calidade de vida das persoas como eixo central da súa política:

"Nosotros pensamos en las personas, y por eso, antes que el casco histórico, hicimos edificios públicos, bibliotecas, polideportivos, el Forum Metropolitano. Y somos un referente para Galicia en servicios sociales. Lo dijo el vicepresidente de la Xunta. Otras ciudades quieren recuperar sus edificios, sí, pero yo tengo atendidas a las personas." Servizos públicos, igualdade, engado eu, eixo definitorio das políticas socialistas.

Estas, lóxicamente, son só algunhas pinceladas da política socialista do Concello da Coruña. Hai moito máis. Si queredes coñecela só tedes que pasarvos un día pola cidade. Coruña merece a pena vivila.

10.2.07

De fútbol e política

Hai uns días desaiunábamos cun artigo do xogador do Barça Oleguer opinando sobre o caso De Juana Chaos e facendo diversas consideracións sobre o Estado de Dereito. E xa tiñamos a polémica montada. Certamente non entendo onde está o problema, ou é que os futbolistas non teñen o mesmo dereito que as demáis persoas a expresar a súa opinión? Eu entendo que sí, aínda que ideolóxicamente non coincida moito coas opinións do futbolista.


Non é, ademáis, a primeira vez que este xogador catalán se posiciona sobre temas políticos. Xa o fixo no seu libro, 'Camí d'Itaca'. Cultura e deporte, opinión e deporte, política e deporte... non deberían ser incompatibles.

A min gústame que os futbolistas vaian máis alá dos típicos: "haremos todo lo posible para ganar", "no hay rival pequeño", "hemos dado todo en el campo"...

Só como curiosidade apuntar que parece que son os do F.C. Barcelona os que teñen máis conciencia política. Recordo cando España enteira se manifestaba contra a guerra de Irak. Este foi o único clube que se posicionou en contra desta guerra.Os seus xogadores saltaron ó campo do Camp Nou cunha gran pancarta e con camisetas a favor da paz.

Eu creo que a participación e a opinión política sempre é positiva, canto maior sexa a participación maior será a calidade da nosa democracia.

6.2.07

El Roto


Pois iso, creo que non se pode dicir mellor nin con todas as palabras do mundo. Como sempre, o debuxante El roto, inmellorable, na viñeta que hoxe publicaba El Pais.