27.2.09

Patxi Lehendakari




Descubrín emocionada este vídeo...

Por mor da campaña das galegas non lle dediquei moito tempo ás eleccións en Euskadi. Seguinas sobre todo a través do Facebook e do blog de Patxi. No que puiden apreciar foi unha campaña diferente a de Patxi, fresca, xoven, espontánea...

Como espontáneo é este video, durante un encontro de Patxi López coas Juventudes Socialistas de Euskadi arrancouse a cantar "Soldadito marinero"...

Só podo dicir...."ari, ari, ari...Patxi Lehendakari". Meréceo máis que ninguén. E os vascos e vascas merecen a alguén como él.

24.2.09

Lage bloggeiro




O noso compañeiro Lage, pioneiro no mundo blogger, fálanos da súa experiencia na rede.

Podedes ver máis na campaña móvil de Olalla Sánchez na Voz de Galicia.

19.2.09

Cobardía política


É síntoma de democracia consolidada que os cidadáns teñan a ocasión de ver un debate entre os partidos máis representativos que se presentan ás eleccións. Contrapoñer ideas, traballo político, compromisos de futuro...

Desgraciadamente, en Galicia, unha vez máis, non vai haber debate. E todo pola cobardía de Núñez Feijoo.

O PP gobernou en Galicia 16 anos, anos durante os cales o seu candidato, Manuel Fraga, se negou sistemáticamente a debater coa oposición. O mesmo fixo Aznar en España.

Chegou Zapatero á Moncloa e volveu a haber debates. Chegou Touriño a Galicia e hai un ano, con ocasión das eleccións xerais, e a pesar de que él non era candidato, houbo un debate a tres.

Eleccións autonómicas. A televisión pública invita a un debate ós tres candidatos dos partidos con representación parlamentaria. E Feijoo dice NON.

Non dou crédito. É a oposición a que se nega a debatir!!!!Con excusas de mal pagador.

E digo eu, podería explicar o Sr. Feijoo porque hai uns días puidemos asistir a un debate entre forzas políticas no que participou o Sr. Rueda, Ricardo Varela e Suárez Canal? Considérase él máis que Alfonso Rueda para que éste vaia a un debate a tres e él non? 

Terá que explicar a diferencia. Igual que terá que explicar porque nas eleccións xerais debate sí e agora debate non.

Igual é que lle temblan as pernas...

17.2.09

Queres que volvan?



Que non volvan.

Que non volva a política do medo

Que non volvan os caciques

Que non volva a política de favores, que non volvan os chanchullos

Que non volva o chapapote

Que non volva a escuridade

Que non volva a indignidade

Que non volvan.

VOTA PSdeG-PSOE

15.2.09

No mitin de ZP




Déixovos un vídeo do mitin de Zapatero e Touriño hoxe na Coruña. Por si non vos dades conta, a que está animando a grada con tanto entusiasmo é Tamara. Menuda rexedora non temos!

9.2.09

Va a ser que no


José Luis Rodríguez Zapatero:


"A quienes piden un despido más fácil y más barato les digo: ¡qué no, qué no!".


Que quede claro.

4.2.09

O profe


Seguro que case todos recordamos con especial cariño algo da escola ou do instituto, algunha anécdota, algún amigo...Eu recordo con especial cariño ó profe.

"Don Valentín" (para min sempre será Don Valentín) foi o meu profe en 3º, 4º e 5º de EXB no Colexio Público Sagrado Corazón, en Lugo.

Aínda teño nalgures unhas fotos que nos fixo un día sentados á súa mesa. Levaba eu un xersei vermello con debuxos. E menudos pelos non teño na foto...

Aprendemos con él moitas cousas. Recordo sentados nunha silla, ó redor da súa mesa, dando os ríos...o Miño, o Teixo, o Guadiana, o Júcar...e os seus afluentes...o Sil, o Alberche(cando me olvidaba deste o profe dicíame que pensase en meu irmán, jaja) , o Jabalón, o Cabriel... Pero creo que o mellor que nos ensinou foi a ser persoas.

Dende que deixei o colexio (en fin, xa fai ben anos), atopeino nalgunha ocasión...seguía sendo a mesma boa persoa de sempre.

Onte no correo de XSG recibín un mail de él. Atopou no youtube o vídeo co discurso do pasado congreso do PSdeG-PSOE coa intervención que fixen ó principio do mesmo...e escribiume para felicitarme e, entre outras cousas, para decirme que se alegraba moito de que seguise sendo, en esencia, a mesma á quen él lle dou clase un día.

Non podo explicarvos como me sentín. Ben, por suposto. Pero sobre todo emocionada. Que o profe, O PROFE, se sinta orgulloso de ti...fai que, aínda que só sexa por un momento, sintas que estás facendo as cousas ben, que non estás defraudando a aqueles que te coñecen ou te coñeceron de verdade....

Ter o visto bo do profe fai que te sintas orgullosa, máis aínda se cabe, de defender uns ideais...fai que te reafirmes na loita que emprendeches hai xa tempo.


Gracias profe, espero non defraudarte nunca.