30.5.07

Iván alcalde!


Triunfou a honestidade, o traballo, a responsabilidade, a bondade, a ilusión, a humildade, a sinceridade, o cambio, a sonrisa, a lealdade... ganou a esquerda, o cambio, a xuventude... ganou Fene...ganou a esperanza... porque Iván ganou a confianza do seu pobo...

O pasado 27 de maio a utopía fíxose realidade...

23.5.07

Mitin na Coruña


Últimamente teño moi abandonado este blog, xa sabedes, a campaña electoral.
Déixovos unha foto do mitin no que participei o pasado luns no barrio coruñés dos Castros, foi emocionante compartir cartel con Pablo Vivanco, compañeiro de candidatura, e con Javier Losada, alcalde e candidato.

Estou convencida de que formo parte da mellor candidatura da Coruña, do mellor equipo e do mellor partido. Oxalá os cidadáns opinen o mesmo o vindeiro 27!

En fin, saúdos e o 27 todo o mundo a votar!

19.5.07

13.5.07

Candidatura Coruña


A semana pasada fixemos, por fin, a foto da candidatura da Coruña. Despois dalgún cambio de data debido á meteoroloxía quedamos todos no Monte de San Pedro para sacar a foto. Aí estamos Javier, Mar , Carmen, Obdulia, Yoya, Ana, Silvia, Pablo, Garcés, Rosa, Nieves, Esteban...

Sinto que na foto non se aprecie o ben que o pasamos mentres a quitabamos. O que si se pode ben é a maravillosa cidade da Coruña, pois as vistas que hai dende aquí son impresionantes.

Ben pois aí os tedes, un grupo de homes e mulleres, con Javier Losada ó frente, cun proxecto en común: seguir mellorando a cidade da Coruña, seguir facendo dela cidade de referencia en Galicia e en España. Mulleres e homes convencidos de que o proxecto socialista é o único que ten un modelo de cidade, o único que quere construir A Coruña con todos e con todas.

Síntome moi orgullosa de formar parte desta candidatura, de poder poñer o meu graniño de area para seguir facendo da Coruña a mellor cidade do mundo.

11.5.07

Si eu vivise en Ferrol


Hoxe quero falar do mar, e das persoas, e da natureza...hoxe quero falar da vida.

Parto da base do dereito que ten unha empresa a realizar a súa actividade con normalidade, sobre todo si esa empresa, respaldada polos gobernos central e autonómico, considera que ten todos os papeles en regla para iniciar a súa actividade.

Pero, como socialista que son, non podo resistirme a escoitar ós mariscadores, ós do comité de emerxencia para a defensa da ría de ferrol, a cidadáns e cidadás de ferrol que estos días saíron á rúa, mellor dito, saíron ó mar a defender a súa ría, o seu traballo, á natureza e, tamén, as súas vidas... E digo eu si non deberiamos escoitar máis os cidadáns e menos ós poderes económicos...

Si eu vivise en Ferrol, ou en Fene, ou en Mugardos...ou nun dos concellos afectados pregúntome si viviría tranquila sabendo que a uns poucos metros hai unha bomba de reloxería que pode estallar en calquera momento, si viviría tranquila sabendo que os plans de evacuación non sirven de nada porque na ría os barcos non poden entrar e saír libremente, si viviría tranquila sabendo que a algunhas familias se lles acaba o pan co que alimentar ós seus fillos porque seguramente se acabe a producción marisqueira, si viviría, en fin, tranquila sabendo que, outra vez, o home, pon un grao de area máis no ataque á natureza...

Eu non vivo en Ferrol, e si vivira non viviría tranquila. Eu non vivo en Ferrol, pero algún amigo meu sí. Non vivo en Ferrol pero hoxe eu, Loli Rodríguez, sí quero solidarizarme con Manuel, con Flora, con Carmen, con Alfredo, con Roberto, con Luis, con Rafael, con Pepita....con todas esas persoas anónimas que defenden no presente o seu futuro. E quero solidarizarme porque si eu vivise en Ferrol, tamén subiría a unha chalana.

7.5.07

Blog electoral

Como vedes, teño este diario bastante abandonado. Pero unha campaña electoral deixa sin folgos a calquera, poidestes comprobalo no post anterior, no que vos contaba así por riba o fin de semana.

A verdade é que me da rabia non escribir máis, porque creo que unha campaña é moi interesante e se producen anécdotas e, máis alá do cansancio, é cando se vive máis intensamente a política, alomenos no meu caso.

Nas Xuventudes Socialistas cremos positivo que a xente que o desexe coñeza a campaña por dentro, saiba dos nosos/as candidatos/as, o que fan, como viven eles e elas a campaña...por iso abrimos un blog www.xuventudessocialistas.org/blog

Anímovos a que pasedes por alí, botedes unha ollada e comentedes e preguntedes o que queirades. En XSG cremos que iniciativas como estas contribúen a esa festa da democracia que sempre son as eleccións.

Pasen e vexan...

6.5.07

De campaña

En campaña todo é un enorme caos. Non sabes nin onde estás, andas dun lado para outro, saltas dunha provincia para outra case sin darte conta. Kilómetros, kilómetros, kilómetros recorrendo Galicia, explicando a quen queira ouvirnos que queremos cambiar Galicia dende os Concellos igual que o estamos facendo dende o Goberno do Estado e do da Xunta.

O venres pola tarde foto da candidatura no Monte de San Pedro, na Coruña. Fixemos a foto e rimos moito, eu creo que quedamos juapiños. Logo, pola noite, mitin en Outes. Tiven a honra de compartir cartel con Lage, compañeiro de XSG e deputado autonómico, “Pachi” Vázquez, Conselleiro de Medio Ambiente, e Manolo Tuñas, o candidato. A verdade é que foi emocionante, había máis de 200 persoas, e iso, nun concello como o de Outes, onde leva gobernando a dereita desde tempos inmemoriais é un éxito. Espero que consigamos darlle a volta a este concello, os compañeiros e compañeiras de Outes meréceno, estanse esforzando moito para conseguilo, pero, sobre todo, meréceno os outienses.

Onte, sábado, tamén dun lado para outro. Ás oito da tarde estaba na Estrada, acompañando ás compañeiras e compañeiros das Xuventudes Socialistas e do Partido na presentación oficial das XSG, na que Rocío, a Sª Xeral nos contou cales eran os problemas da xente moza estradense e na que J.Antonio Dono, candidato á Alcaldía, asumíu o compromiso de mellorar a vida da mocidade da Estrada. Era a primeira vez que Rocío falaba diante dos medios de comunicación, e estaba moi nerviosa, pero, á hora da verdade, apartounos para un lado e fíxoo moi ben.

E rematei na provincia da Coruña, en Curtis. Tivemos unha cena de apoio a Antonio Sánchez, compañeiro de XSG e candidato á Alcaldía. Alí estivemos parte da Executiva Nacional das XSG, Paula, Tamara, Isa, Fernando…estivo Lage, portavoz de mocidade no Parlamento de Galicia, e estivo tamén parte da Comisión Executiva Federal das JSE, Alberto, Herick, Conchi, Gustavo… Ademáis de cear moi ben, charlamos, rimos, preparamos o acto de hoxe…e rematamos moi tarde, co cal hoxe custou abondo erguerse. Aínda así, mereceu a pena. Antonio é o mellor candidato, e ten unhas ganas enormes de cambiar o seu concello. Eu estou segura de que o conseguirá.

E hoxe, hoxe mitin en Curtis, entrar no programa da Radio Galega “Extrarradio”, Zapatero en Vigo… En campaña non se descansa nin un minuto.