15.1.07

Pola paz e contra o terrorismo


Finalmente os do NON non acudiron á manifestación convocada o pásado sábado en Madrid polos sindicatos e as asociacións de ecuatorianos. Resúltame dificil comprender que un partido político que se di democrático non acuda a unha marcha en solidariedade coas víctimas dos atentados e contra o terrorismo e a barbarie etarra. Sobre todo cando ó longo da semana os convocantes se plegaron á súa petición e engadiron a palabra liberdade ó lema da manifestación, paz non lles parecía suficiente(como si puidese existir paz sin liberdade), incluso a algúns lles parecía partidista...Ata onde chegamos!

Nun país democrático como o noso entristéceme e anóxame que alguén poida utilizar o terrorismo como arma electoral contra o goberno. Entristéceme porque eu creo que diálogo é a base da democracia, entristéceme porque creo na política e nos políticos(aínda que algúns mo poñen bastante complicado) e entristéceme porque quero crer nas persoas por riba das ideoloxías. E anóxame porque aínda que fose capaz de asumir que o partido da oposición utilice o terrorismo na batalla política o que xa me parece dunha indignidade tremenda é que se minta con tanta desfachatez como o fan os membros do partido popular. Que se negociou con ETA, que se pagou un precio político, que non se lle aplicaron as leis ós terroristas...estas e moitas outras son expresións que deberían figurar como exemplo de mentiras no diccionario da RAE.

É duro escoitar ó Presidente do Goberno, ó mesmo que propuxo cando estaba na oposición o Pacto para as liberdades e contra o terrorismo dicir "Desde que llegué al Gobierno, antes del alto el fuego, durante el alto el fuego, con atentado, después del atentado, no he tenido ni un solo día el apoyo del PP en la lucha antiterrorista"

E a pesar disto, da deslealdade do principal partido da oposición, José Luis Rodríguez Zapatero, dicía, a continuación, na entrevista para o xornal El Pais:

"En mi opinión y en mi decisión voy a seguir trabajando por tener la máxima capacidad de diálogo con el Partido Popular en la lucha antiterrorista. A nadie le extrañará que esta afirmación sea creíble. Porque está avalada por mi actitud como líder de la oposición durante cuatro años, que fue de pleno apoyo y respaldo al Gobierno de Aznar en la lucha contra el terrorismo. Pleno apoyo y total respaldo"

E quédanos a palabra, as palabras, o diálogo... "El único compromiso que tiene el Gobierno, que tenía en el proceso, el que tiene, es el fin de la violencia, con diálogo"

Como comentaba onte Zapatero que dicía Stefan Zweig, "matar no es defender una idea, es simplemente matar"

No hay comentarios: