11.4.07

Lingua de amor

A nosa lingua ten un aquel especial para o amor...non hai mellor maneira de amar que facelo en galego...as palabras, as expresións...sonan diferentes...mellores...máis sentidas...doces...

...meu amor...que te fai única no mundo...ou meu rei...que te sitúa por momentos como rexente do reino doutro corazón...ruliña...
...ámote...soa a toda...a todo...a sempre...a eterno...

...quérote..soa a único...ten un aquel especial...

...bótote de menos...ese botar de menos ten tanta forza que parece que a ausencia o ocupe todo...

E para as que aman, para os que botan de menos, para os que queren...o Consello da Xuventude de Galicia convoca o I concurso Lingua de Amor, un concurso de declaracións de amor en galego a través do correo electrónico. Consulta as bases do concurso na páxina web do do CXG, www.cxg.org e, partires do 1 de maio, poderás ler as mensaxes en www.linguadeamor.eu

Agora, amar en galego, ten premio.


1 comentario:

Zerovacas dijo...

Nas eleccións dos vindeiros anos van gañar importancia o vídeo e a propaganda viral audiovisual, debido ao fabuloso impacto que a televisión participativa ten para o marketing político. Pero os cidadáns tamén falan e cada vez aportan máis munición propia en internet. A política xa se televisa na Rede e o audiovisual, co seu enorme poder, deixa de ser un monopolio dos titulares das licencias televisivas ou das grandes canles.

A propaganda da imaxe é máis rendible que a palabra, e en consecuencia o vídeo participativo tense convertido xa nunha forza política de primeira orde, grazas a youtube e a outros servidores abertos. Nos EE.UU. (varios exemplos), en España en 2004 (Hay Motivo) e en Galicia en 2005 (Hai que botalos). Propaganda política, debate político e denuncia, sempre mesturados co humor. Emoción e entretemento.

O mellor exemplo tivémolo no outono pasado na campaña electoral para as eleccións lexislativas norteamericanas. The People Choose 2006 converteuse nun dos instrumentos máis populares e efectivos da televisión política participativa até o momento: un sitio onde aloxar vídeos políticos para democratizar a televisión electoral, ordenados por circunscricións, partidos, parlamentarios e candidatos.

As novas tecnoloxías, o abaratamento dos custes de gravación, a difusión de programas de edición caseiros e, sobre todo, as posibilidades de distribución que ofrece internet, son factores que fan que hoxendía calquera colectivo poida ter a súa propia televisión. Isto é, de por si, bo para a sociedade democrática, xa que permite a actores até agora marxinados integrarse ao proceso audiovisual.

Colle o móbil, a cámara de fotos, a cámara de vídeo, fai unha montaxe de fotografías… E denuncia o que marcha mal no teu concello, no teu barrio. Denuncia a especulación urbanística, os vertidos, a destrución da costa, o nepotismo, a corrupción, ou simplemente o deficiente asfaltado dun camiño. Porque eles gobernan, pero ti mandas. Por iso, manda o teu vídeo, manda ti: zerovacas@gmail.com

MANDA-TI