6.5.07

De campaña

En campaña todo é un enorme caos. Non sabes nin onde estás, andas dun lado para outro, saltas dunha provincia para outra case sin darte conta. Kilómetros, kilómetros, kilómetros recorrendo Galicia, explicando a quen queira ouvirnos que queremos cambiar Galicia dende os Concellos igual que o estamos facendo dende o Goberno do Estado e do da Xunta.

O venres pola tarde foto da candidatura no Monte de San Pedro, na Coruña. Fixemos a foto e rimos moito, eu creo que quedamos juapiños. Logo, pola noite, mitin en Outes. Tiven a honra de compartir cartel con Lage, compañeiro de XSG e deputado autonómico, “Pachi” Vázquez, Conselleiro de Medio Ambiente, e Manolo Tuñas, o candidato. A verdade é que foi emocionante, había máis de 200 persoas, e iso, nun concello como o de Outes, onde leva gobernando a dereita desde tempos inmemoriais é un éxito. Espero que consigamos darlle a volta a este concello, os compañeiros e compañeiras de Outes meréceno, estanse esforzando moito para conseguilo, pero, sobre todo, meréceno os outienses.

Onte, sábado, tamén dun lado para outro. Ás oito da tarde estaba na Estrada, acompañando ás compañeiras e compañeiros das Xuventudes Socialistas e do Partido na presentación oficial das XSG, na que Rocío, a Sª Xeral nos contou cales eran os problemas da xente moza estradense e na que J.Antonio Dono, candidato á Alcaldía, asumíu o compromiso de mellorar a vida da mocidade da Estrada. Era a primeira vez que Rocío falaba diante dos medios de comunicación, e estaba moi nerviosa, pero, á hora da verdade, apartounos para un lado e fíxoo moi ben.

E rematei na provincia da Coruña, en Curtis. Tivemos unha cena de apoio a Antonio Sánchez, compañeiro de XSG e candidato á Alcaldía. Alí estivemos parte da Executiva Nacional das XSG, Paula, Tamara, Isa, Fernando…estivo Lage, portavoz de mocidade no Parlamento de Galicia, e estivo tamén parte da Comisión Executiva Federal das JSE, Alberto, Herick, Conchi, Gustavo… Ademáis de cear moi ben, charlamos, rimos, preparamos o acto de hoxe…e rematamos moi tarde, co cal hoxe custou abondo erguerse. Aínda así, mereceu a pena. Antonio é o mellor candidato, e ten unhas ganas enormes de cambiar o seu concello. Eu estou segura de que o conseguirá.

E hoxe, hoxe mitin en Curtis, entrar no programa da Radio Galega “Extrarradio”, Zapatero en Vigo… En campaña non se descansa nin un minuto.

1 comentario:

Miguel Angel Gallardo Ortiz en www.cita.es dijo...

Estamos investigando CAMPAÑAS ELECTORALES SUCIAS en Internet y agradeceríamos noticias, referencias y contactos útiles para lo que se plantea en http://www.cita.es/alerta
http://www.cita.es/electoral
lo comunicado a la Junta Electoral Central http://www.cita.es/apedanica/elecciones
y http://miguelgallardo.es/alerta/electoral

Un saludo cordial, desde Madrid.
http://miguelgallardo.es