26.7.07

Pero en qué pais vivimos(II) !!!


Dende este humilde blog, quero manifestarlle o meu apoio ó senador do PNV, Iñaki Anasagasti, nova diana das iras dos guardiáns do políticamente correcto.

Nun país no que se lle di ó presidente do goberno que negocia con terroristas sin ter proba algunha, no que un día sí e outro tamén determinados medios de comunicación que practican o "amarillismo" puro e duro aseguran que o 11-M non foi obra do terrorismo islámico e que insinúan unha suposta relación do Partido Socialista co atentado, no que temos que escoitar as lindezas que se dedican algúns políticos...nun país como este, crucificamos a un senador por decir no seu blog o que pensa unha parte da sociedade española, que non é outra cousa que que a familia real española son unha panda de vagos que disfrutan, por exemplo, de dous meses de vacacións con cargo ó erario público.

Vivimos nunha monarquía parlamentaria, e o rei merece o meu respeto como Xefe do Estado que é, pero tamén a merece o Presidente do Goberno(aínda máis, se cabe, pois éste foi elixido democráticamente nas urnas), o cal non significa que non poida manifestar a miña opinión sobre eles e sobre o traballo que desenvolven.

Non creo que as declaracións de Anasagasti atenten contra ningún dereito, non creo que sexan inxuriosas contra ninguén...o que creo é que nesta España nosa hai unha doble vara de medir, e que algúns teñen unha doble moral moi acusada. Hipocresía pura e dura, vamos.

2 comentarios:

Jorge Cubela dijo...

A falta de respecto de Iria Aboi.
Nalgunhas cousas estou dacordo co BNG pero nunha sí que non, a súa actual liña política. Comezo partindo de que son doutro partido político pero o respeto ideolóxico o teño por calquera partido, mais non teño porque estar dacordo nos principios dos demais, pero iso é a democracia. Ben, quería dicir que para nada estou dacordo coa actual liña política marcada pola UPG. En tempos de Beiras, o BNG era a única alternativa ao meu partido, o PP, e agora coa actual liña política o único que conseguiu ser é unha forza para permitir ao PSOE gobernar onde lle interese o apoio do BNG, quedando o BNG relegado a un partido de terceira división, aconséllolles volver á liña máis ou menos na que estaba dacordo dentro da diferencia ideolóxica co señor Beiras, ao que me gustaba escoitar aínda sendo doutro partido.
Para min o actual BNG ancorouse no minimalismo e nun sistema ideolóxico paralelo a ERC, abandoando "o constitucionalismo de Beiras", que por suposto en nada lle beneficia a posición de ERC ao BNG tendo en conta a ideoloxía maioritaria dos galegos, "o centro", e que, aínda máis, por suposto, non beneficia nin á democracia nin a Galicia, porque ter paralizado un estatuto, que ía a mellorar e modernizar o actual, por un termo, "nación", que só dous de cada dez galegos aceptarían, é infrinxir o espírito dos galegos e o seu sentir. Pois un exemplo desta actual liña do BNG propiciada polo poder interno da UPG refléxase moi ben nas súas xuventudes con militancia. O pasado martes, na conmemoración "do día da patria galega", os militantes de Galiza Nova acudiron ao Panteón de galegos ilustres para facer unha ofrenda floral como fixera o PP, e que debería ser igual de respetable para un que para o outro. Pero non ocorreu así. Mentres o líder popular, Núñez Feijoo, encabezaba unha marcha na defensa da xuventude, na que defendía posturas liberais e nas que lles aconsellaba "non ter nin ideoloxías pechadas, nin pensamentos pequenos nin ideas de conveniencia", defendendo un galeguismo integrador e un discurso conciliador, pois nin era o día de entrar en loitas políticas nin de faltar ao respeto a ninguén, demostrando quen sí lle ten respeto a un día como o 25 de xullo, dando unha auténtica lección de respecto, en contra posición do feito por Galiza Nova, e en concreto pola secratia xeral da organización, Iria Aboi, que acusou ao PP "de ultraxar" e "prostituir" os símbolos de Rosalía e Castelao. Prefiro non comentar o despotismo que encontro nas verbas da secretaria de G.N, que obstentando o cargo que ten e, que ten como obxectivo defender á xuventude, son sinceiramente irresponsable. Os símbolos galegos como a bandeira, o himno ou mesmo os escritores son patrimonio de Galicia e de tódolos galegos, sexan do partido que sexan. Esta é a liña que manda no BNG, a imposición ou tamén a que se non se fai o que a eles lles gusta non eres nin galego nin merecedor de defender a emblemas da galeguidade como estes dous devanceiros.
A min particularmente non me sorprenderon estas palabras de Aboi porque xa puiden escoitala na radio nun debate con Julio Castella, PSOE, e Cesar Abal, PP, con motivo das eleccións municipais en Pontevedra. A baixeza democrática que mostrou foi sorprendente, a súa educación, perdón a súa ineducación deixou a fama de Galiza Nova polo chan. A súa radicalidade amosou ben claro cal é o seu único obxectivo en política -desbancar ao contrincante sexa como sexa-, e pór por enriba de todo a súa ideoloxía antes que os intereses da mocedade, como sí fixeran Abal e Castella. Coa de boa xente e preparada que debe haber en Galiza Nova gaña a liña máis radical e fachendosa. Isto evidentemente non é bo para os xóvenes, xa que cantas máis organizacións moderadas haxa na defensa dos nosos intereses mellor será para nós e as nosas conquistas en común, pero se o obxectivo é calumniar e faltar ao respeto o único que saco en limpo é que non son galeguistas e menos que sexan xente que represente á mocedade desta terra.
Ninguén, e menos unha líder dunha organización política, pode patrimonializar nin privatizar os símbolos e iconos da historia reivindicativa de Galicia, e menos a UPG da que forma parte Aboi, que se declara "leninista", que dito sexa de paso para nada é a ideoloxía de Castelao e menos de Rosalía de Castro. Con Rosalía comeza o auténtico Rexurdimento cultural e literario; a súa obra é unha síntexe moi perfecta da defensa de Galicia, sendo unha boa observadora da realidade galega como no poema "adeus ríos, adeus fontes", con posturas reivindicativas que calquera bo galego por deber tería que facer naqueles tempos foran de esquerdas ou dereitas, e nunca mostrado isto por Rosalía, xa que da política encargábase o seu home, o rexionalista Murguía que é aceptado polo PP no seu ideario autonomista e rexionalista, e que nunca defendeu a autodeterminación como o BNG, co que Rosalía xa nin de asombro pode ser patrimonializada nin polo BNG nin por ningún outro partido político. Castelao é considerado o pai de Galicia e de tódolos galegos, pero ideoloxicamente nos termos políticos nos que se define a UPG pouco ten que ver con ela, hoxe en día prestaría servicio nun partido de ideoloxía próxima ao PNV. Del sabemos que foi un dos pioneiros da Xeración Nós, onde se encontraban persoas cun único obxectivo -reclamar unhas institucións propias e o recoñecemento oficial do idioma e da cultura galega-, e que tivo un importante labor xunto co Seminario de Estudo galegos na fundación en 1931 do Partido Galeguista,onde se pode atopar a persoas tan diferentes en posturas ideolóxicas como Risco e Villar Ponte, aínda que logo todo terminaría en ecisión e en oscuros tempos para o galeguismo por mor da guerra civil. Castelao era un home moi progresista, pero á vez moi conservador en canto ás liñas defendidas para Galicia e a súa política, polo que podemos olvidar por completo o cuño de leninista, xa que entre outras cousas a súa defensa basábase no pobo non no movemento obreiro.
Despois de clarificar que na actualidade sería moi difícil encadrar nun partido aos nosos galeguistas, que por certo parece ser que a Galiza Nova isto lle é vital para ocupar algún espacio político que nin por asomo teñen.
A falta de respeto contra o PP e os xóvenes que estivemos na ofrenda floral coa nosa mellor intención e a nosa mellor vontade é ruín e ata dá lástima que por falta de argumentos e por non denunciar erros da Xunta como o mal establecido Noitebús, que perxudica moito aos xóvenes, haxa que recorrer a descalificacións contra o adversario. Non quero entrar no argumento que deu para este tipo de razoamentos ilóxicos "de que o PP intenta ser galeguista e ao memo tempo impide que se fale galego". Quizais debería reflexionar sobre quenes son os que non permiten falar galego con liberdade xa que o único que tratan e trataron de facer coa última lei foi que na escola se impoña o galego como idioma, sen respetar a liberdade dos alumnos a escoller lingua, e ademais, quizais, Iria Aboi nin sabe qué goberno foi quen aprobou a lei de Normalización Lingüística por unanimidade. De calquera modo, toda esta situación que se deu o martes, por parte de alguén que ten como obrigación defender á xuventude e os seus intereses non debería nin dicilo aínda que fora por humildade. www.jorgecubela.blogspot.com

Anónimo dijo...

Sobre este tema entra en http://caldelaodecaldelas.blogspot.com. Blog de Eladio Osorio