19.9.07

210 Euros


Pois sí que están dando que falar os 210 €!


Onte a Ministra de Vivenda, Carme Chacón, e máis o Presidente do Goberno, J. Luis Rodríguez Zapatero, anunciaban o Plan de apoio á emancipación e impulso do aluguer. E dende ese momento é o tema estrela.


É evidente que 210 euros non solucionan o problema da vivenda, pero axudan. Dende o comezo da lexislatura estanse dando pasos importantes para mellorar a calidade de vida dos xóvenes no que acceso á vivenda se refire.


Pasamos dun aumento dos prezos da vivenda do 150% entre o ano 98 e o 2005 a que empezara a baixar a un ritmo lento pero seguro(como dicía aquela campaña). Sen dúbida, algo terán que ver as medidas do Ministerio de Vivenda.


En España, a diferencia do resto dos países da UE, non existe unha cultura do aluguer. Supoño que a moitos de vós tamén vos darán a tabarra na casa con iso "vai mirando de comprar un pisiño", "igual que pagas o aluguer tamén podes ir dando a entradiña para un piso"...etc, etc..

E non se entende que non sexa unha das nosas preocupacións fundamentais ter un piso. Eu quero ter unha vivenda, un lugar onde desenvolver o meu proxecto de vida, pero non necesariamente ten que ser miña. Esa é a filosofía de moitos países da UE, que levan moitos anos centrando os esforzos no tema dos alugueres.


Por suposto, aqueles que queiran hai que darlles todas as facilidades para que poidan acceder a unha vivenda en propiedade, pero tamén facilitarlles o tema a quen se decida polo aluguer e non pola compra.


En fin, este post medio en coña medio en serio, sírveme para decir que é nestes momentos cando me sinto orgullosa como moza de militar no Partido Socialista. Zapatero prometeu non fallarnos e non o está facendo.


De seguro que quedan moitas cousas por facer, pero un país non muda en catro anos, o importante é ir dando pasos. E este é un gran paso para a mocidade.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Totalmente dacordo, Loli. É un gran paso para o futuro e ,desta forma, como dixo a ex-ministra Trujillo, se está a construir o quinto pilar do Estado de Benestar.

Dende logo, este goberno non está fallando.

Apertas!

Bernabé

DELFÍN dijo...

Calquer incentivo é e será bó, sempre e cando os/as que a perciban saiban darlle a importancia que ten. De calquer xeito benvida sexa, e que sirva para que os/as mozos/as poidan pararse a pensar un pouco no seu futuro inmediato, que é como se vaia facendo futuro a longo plazo.

Saúdos e parabéns ó Goberno.

Anónimo dijo...

E ti, Loli? Compartes piso de aluguer? Hai quen te imaxina ben acompañada:

http://galpondebreogan.wordpress.com/2007/09/25/convivencia-tripartita/

Anónimo dijo...

Y no sería más lógico que en lugar de tener que ofrecer este tipo de ayudas, el Gobierno intentase que el precio de los pisos fuese "lógico". Entonces todos saldríamos ganando.

Anónimo dijo...

O Fomento da vivenda en fundamental na area do alquiler, os outros pensan en comprar, sempre no mismo, a ambición. Pero a xente, e sobretodo a mocidade xa non cren en falsas ideas maxicas de promotores e contructores no entorno do PP.

Ben miña secretaria. Ben falado

Enrique Vaqueiro Costal

enriquevaqueiro.blogspot.com