3.10.07

Polémico hiyab

Asistimos estos días á polémica desatada en torno a unha rapaciña de 8 anos que desexaba levar o velo á escola. Sucedía nun colexo de Girona, e o director do centro, amparándose no reglamento do mesmo, non permitía que a nena o levase.

Un país como o noso, no que moitos tiveron que marchar fora a buscar un futuro mellor, costa entender que pasen este tipo de cousas. Aínda que logo, si nos miramos ben, non extraña que pasen. Vamos de progres, de tolerantes, de defensores da liberdade...pero aínda nos queda moito.

Non sei si a algunha galega lle terían prohibido na Arxentina, por exemplo, que usase o pano que levan moitas das nosas "avoas", pero supoño que non.

Non entendo a diferencia que hai entre que unha nena leve un velo e outra leve un crucifixo, por exemplo. Os dous son símbolos relixiosos, e non creo, como o PP, que haxa que deixar un porque simbolice á relixión maioritaria e prohibir o que represente á minoría.

Sempre tiven moitas dúbidas con este tema, pois dábame que pensar si non estaríamos permitindo unha discriminación ó permitir que as rapazas levasen o velo. Mais despois de darlle voltas, creo que a discriminación está só na nosa cabeza. A interpretación que do uso do velo se fai en Occidente é para nós para quen supón un problema, non para os musulmáns.

Quen había de discriminar a esa nena sinón nós, os españois? Discrimínase ela por levar o velo? Eu creo que non, simplemente decide vivir a súa relixión libremente. E nós, os occidentales, os teóricos defensores da liberdade por riba de todo, pretendemos prohibirllo.

Quen somos nós para decir que sí ou que non? Acaso faille dano a alguén ou a sí mesma?

En fin...moito nos queda por avanzar...

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois si Loli, tes toda a razón. Nós como membros dunha cultura "avanzada" debemos permitir que un alumno leve un velo, crucifixo...ou o que lle pete. Claro que si.
O que non debemos permitir é que aínda algúns colexios públicos segan tendo un crucifixo sobre as súas paredes. Unha falta grave ao Estado aconfesional que temos e á democracia.

O que si penso é que, como fan tras un gran debate en Gran Bretaña,as nenas e as profesoras que queiran levar un burka (ou prenda que lles tape o rostro) non poídan, por estar noutra posición de nivel que o restos das persoas da clase.

Anónimo dijo...

Concordo contigo, pero sería mellor botarlle un ollo ao artigo sobre o Hiyab da wikipedia onde se entende mellor o significado moderno desta prenda, que dependendo da orixe e clase da rapaza será algo relixioso, machista ou simplemente fashion (probablemente isto último).
Porque se falamos de vestimentas machistas teríamos que empezar a fixarnos nos tangas á altura das costelas e nas minifaldas-cinturón, e moitas veces a culpa é dos pais, que as visten coma... non deberan.
Por certo, non é moi acertado escoller unha foto de Matthias Stolt na que unha modelo usa unha prenda que non se corresponde cos modernos velos islámicos e que a miña mirada sucia asocia con antigos oficios.

Loli Rodríguez dijo...

Moitas gracias polos vosos comentarios.
Escollín esa foto precisamente adrede. Con ela quería simbolizar que a discriminación está nos ollos de quen mira, e que o velo, dependendo de como o miremos, pode ser dende erótico ata relixioso.
Eso era o que quería manifestar, sinto si non se entedeu.
Saúdos.

Anónimo dijo...

Vaya, pues yo no puedo decir lo mismo.
No comparto vuestra postura.Y no la comparto en tanto en cuanto creo firmemente en que una escuela laica es el único garante de una sociedad democrática para lograr una convicencia en igualdad y libertad.
Así, una escuela LAICA, como tal, no acepta ni reconoce ningún símbolo religioso, sea un velo, sea un crucifijo. Ambos, a mi entender,igual de... esperpénticos.
Una vez más, como en muchas ocasiones, hemos de volver la vista a nuestros vecinos los franceses, que no les ha temblado el pulso a la hora de prohibir el uso del velo en los colegios públicos. Fue un ejercicio admirable de civismo republicano. Y no, no pasó nada. Ante ello, los dirigentes musulmanes franceses dijeron a sus correligionarios que , incluso pareciéndoles mal la ley, aquello era Francia, que las leyes están para cumplirlas y que quien se beneficia de una sociedad libre y democrática debe acatar las reglas que permiten a esa sociedad seguir siendo libre y democrática. Las chicas, a las puertas del colegio, se quitan los velos. Y todo trasncurre con normalidad. No hubo ni hay ningún incidente.
Esto es una democracia sólida.
Siempre he pensado que la democracia alcanza su madurez cuando se empieza a perder el complejo a "prohibir". Cuando se entiende que por encima de la libertad indiscutible de cada persona existen deberes y obligaciones sociles.
Espero que no me mal entendáis. Lo que quiero decir es que cuando una sociedad se inicia en la difícil tarea de la democracia coloca la libertad y el derecho de cada individuo como principio y fin de todas las cosas, olvidando (no vaya a ser que nos tachen de intolerantes)de que existen unos deberes comunes que velan precisamente por la convivencia y la libertad de la sociedad.

En fin, la discusión daría para mucho y desde luego escribiendo una es menos elocuente, si cabe, que hablando.

Saludos.
(Un beso fuerte Loli)

Olga.