8.4.08

Lingua de Amor II


...porque aínda me saben as lambonadas que nos traías cando ías vender á plaza…e os bolos preñados cando “cocías”…

...polas “nancys” que nos sorprendían cada 6 de xaneiro na saliña de arriba…

...polas 100 pesetas que nos dabas para mercar a super pop...

...porque non olvido que prendías a luz cando ías para a cama pra ver si durmiamos…

...polo sorriso co que nos recibes cando chegamos….e polas bágoas que verques cada domingo cando marchamos…

…por deixarme poñerche os rulos aínda que non teño nin idea de perruquería…

...por querer cocer cachucha cada vez que vou á casa porque a min gústame moito…

...porque cada domingo te preguntas que comemos toda a semana se nunca levamos ovos, chourizos ou leitugas...

...por aprender a usar o móbil só para falar comigo...

...porque quero que saibas que Internet, iso que non entendes, tamén serve para querer...e querer quérote un mundo, avoa...


P.D. Esta é a miña contribución ó concurso Lingua de Amor. Xa que non podo participar del, quero aproveitalo para declararme..en galego.

2 comentarios:

eva dijo...

Loli, sen dúbida isto é o máis emocionante que lín dende fai moito tempo, é a mellor declaración de amor que se pode facer...bicos

Jose Manuel Lage Tuñas dijo...

Sin palabras me deixaches despois de ler este post.

Un besazo