30.7.08

XI Congreso do Partido dos Socialistas de Galicia





Cóstame falar do Congreso do Partido Socialista só en termos políticos, porque para min foi sobre todo un congreso de sentimentos. De sentirme socialista e de sentimentos.

Colgo a intervención das XSG na inaguración do Congreso, que me tocou facer a min, a petición de moita xente, sobre todo dos bloggers. De José Luis Prieto, de Cesar Calderón, de Dani Casal, de Adriana...que me fixeron sentir que os valores socialistas seguen moi presentes na nosa sociedade, e que deberiamos reencontranos e recrearnos neles máis veces... que fixeron que me sentira moi orgullosa da organización á que represento, das Xuventudes Socialistas. Gracias blogueiros, por todo.

Dicíalle a Mar, a nova secretaria de organización, que non sabía expresarlle todo o que significa para min que unha muller ocupe este lugar, unha muller e sobre todo ela. Mar, o socialismo feito muller. Dicíalle que me faga un favor, que disfrute por todas e cada unha das mulleres socialistas. Non teño ningunha dúbida de que o fará ben, non só porque é profundamente socialista, senón porque cre e quere a este partido.

Decía que para min este foi un congreso de emocións. Ver subir a Iván como membro da Comisión Executiva Nacional foi...indescriptible. Iván, o "meu" secretario de organización, o que empezou conmigo un proxecto político nas XSG e que os e as fenesas me "roubaron" para que fose o seu alcalde con grande pesar por perdelo e con grande alegría por ver como medraba política e persoalmente. Pero sobre todo Iván, o meu amigo. Non sabes canto me alegrei.

E a emoción máis grande foi cando subíu Lage, non porque sexa a miña parella. Tampouco porque por riba de todo sexa o meu amigo, que tamén. Sobre todo porque se fixo xustiza. Ninguén máis ca él merecía estar aí. Algúns sabémolo, ou non é certo Silvia? Lage, o que sempre estivo aí cando o necesitamos ou necesitei, políticamente e persoalmente. O que sempre apostou por nós. O espello no que moitos nos miramos. Un gran socialista, un galeguista convencido. Unha gran persoa.




Creo que neste post sobre todo teño que dar as gracias.

Gracias a aqueles que confiaron en min para formar parte deste proxecto.

Gracias á miña organización, as XSG, por creer en min e por pensar que outro mundo é posible.

Gracias a Antonio, por saber comprender...a todos os que o sábado pola noite esperaron longamente algo que nunca chegou, como dixo Adriana.

Gracias a todos os compañeiras e compañeiros, e gracias sobre todo ós meus amigos...

...a Silvia...por entendelo todo e estar sempre aí...a María...unha gran persoa e gran amiga e, aínda que ela todavía non o sabe, unha gran política...a Alberto...por confiar sempre en min e, sobre todo, por quererme tanto...a María e Pablo....que, como di Amaral, chegaron de casualidade e xa forman parte da miña vida...a Kechu...por tantas cousas que non collerían nestas liñas, porque non sabes canto te quero...


...a Azu...porque aínda lonxe estaba tan preto...a Yoya...unha máis das XSG, compañeira de repartos electorais a horas e en lugares imprudentes que forxaron unha gran amizade...a Dape...por convecerme de que ás veces o improbable acaba sendo posible...a Julio...alguén ós que moitos aínda teñen que descubrir...a Fer...sobre todo pola súa lealdade e amizade...


...a Blas, o meu outro cari, por tantas cousas...e polos seus abrazos...a Eva...pola súa confianza cega e a súa ilusión contaxiosa...a Diego...porque sei que está aí aínda cando non llo pides...a "Casti"...un valor por descubrir...por todo o seu cariño e confianza...a Xaime...pola súa colaboración silenciosa, coma él...a Fran...por estar cando xa non está...

...e a Tamara...pola súa utopía necesaria...por ser, unha vez máis, a miña outra metade...pola confianza...pola súa forza...por ser...a miña mellor amiga...


e a todos e todas os que non citei porque senón estas liñas serían interminables...a Lu...Isa...Patricia...Rocío...Javi ...María...Miguel...Pampín...Ramón...Adriana...Nacho...Marta...Enrique...a todos e todas...


...a todos e todas os que me pararon polos pasillos para felicitarme...o discurso non é meu...tamén é voso...é de todos aqueles que cada día defenden os nosos valores...de todos os que son e se sinten socialistas...dos que creen que hai que combatir a desmemoria....dos que son socialistas non para amar en silencio as súas ideas...como dicía Pablo Iglesias...


E permitídeme un GRACIAS especial. GRACIAS a un home, maior, que me parou no pasillo e me dixo unhas palabras que me desarmaron: "gracias por devolverme a utopía". Só por eso, mereceu a pena o congreso.


14 comentarios:

HADRIANA dijo...

Noraboa, porque realmente o merecías. Foiun gran honor compartir contigo e co resto dos compañeiros/as este Congreso tan importante para a nosa organización, a miña "grande" familia socialista.
Un bico enorme.

Eva Tomé dijo...

Moiiitisimas gracias, sabes que che quero verdade? besos

María Torres dijo...

Porque ao teu lado comprendín que o mellor modo de ensinar e seguir aprendendo, que confianza consiste en crer cegamente sen esperar nada a cambio...porque o domingo cando subiches aquelas escaleiras todos sentimos que unha parte de nós tamén estaba alí...Por todo, Loli, moitas gracias a tí

Os_Alumnos dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Os_Alumnos dijo...

Eu botei eu falta máis crítica, xa que aínda que hai moitas cousas que se están a facer ben, a xuventude segue a ver a política como algo alleo e menos como unha vía para solucionar os seus problemas.
Considero que houbo palabras demasiado bonitas e ben soantes, pero os mozos queren que se publiciten os seus problemas diante dos que mandan.

jandrescm dijo...

Hola,

Fai algún tempo que teño deixado os blogs de lado pero o ler esta entrada vou continuar ese camiño que deixei atrás.

Loli moitas son as cousas que agradecerte e poucas as palabras para expresalas, porque a amizade, os pensamentos, os desexos nacen sen palabras e son compartidos por completo. Algunhas veces encontras na vida persoas que nos fan felices pola simple casualidade de encontrarse no noso camiño, esas amizades que entran na túa vida a cambian por completo, esa é unha amizade duradeira. Por todo isto quero que non esquezas que onde estes sempre me atoparás. Por moi lonxe que nos encontremos moitos compañeiros ao mirar ao lado sempre estamos preto.

Soamente podo animarte a que non cambies nunca é desexarte toda a sorte. Cómo non dicirte que confío en ti, Loli creo en ti porque as túas palabras son sinceras e expresan o que sinte o teu corazón, a túa alma.

Gracias Loli e a todos os que me animasteis a afiliarme ás xuventudes.

Anónimo dijo...

Pois eu que son un arisco, non quero darche as grazas.

Só quero dicirche que está aí porque o mereces.

Moitos bicos Cari.

Lu dijo...

Gracias a ti porla túa lita e entrega, e por facer que as cousas parezan máis fáciles, e sobretodo, alcanzables!!

Nature Week dijo...

Que fermosa foto, Loli!

A verdade é que é unha ledicia verte tan feliz ao carón de alguén que rezuma amor e paixón por tí con cada unha das olladas que te bota!

Unknown dijo...

Como digo no último post do meu blog, para min foi emocionante escoitar a nosa compañeira Loli pronunciando as verbas do discurso das XSG, que seguro que tamén emocionaron a tódolos compañeiros e compañeiras do noso partido. Moitas grazas Loli polo teu traballo e por darnos forzas para seguir loitando polos valores socialistas.

Anónimo dijo...

Gracias Loli, porque no me canso de ver tu intervención, toda una inyección de optimismo.

Saludos desde la calida meseta...

silbelf dijo...

;-)

Administración del Blog dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Anónimo dijo...

Me gusta que una persona joven pulule por ciertos lugares, y qué decir sobre tu discurso; para mi fue el mejor.

Hemos tenido diferencias políticas, y puede que las tengamos en el futuro. Ya sabes que mis lealtades son a proyectos e ideas, no tanto a personas, así que me encontrarás en el camino para defender aquello que esbozaste en tu discurso.

No encontrarás en mi nunca, jamás, un pelota artificioso, de los que nunca te podrás fiar, y sabes Loli, que oigas lo que oigas de mi boca, te guste o no... será la verdad, la mia, claro, pero será en conciencia.

Nos conocemos ya hace algunos años, así que, como no nos solemos ver en persona... un saludiño, y mucha suerte.