19.2.09

Cobardía política


É síntoma de democracia consolidada que os cidadáns teñan a ocasión de ver un debate entre os partidos máis representativos que se presentan ás eleccións. Contrapoñer ideas, traballo político, compromisos de futuro...

Desgraciadamente, en Galicia, unha vez máis, non vai haber debate. E todo pola cobardía de Núñez Feijoo.

O PP gobernou en Galicia 16 anos, anos durante os cales o seu candidato, Manuel Fraga, se negou sistemáticamente a debater coa oposición. O mesmo fixo Aznar en España.

Chegou Zapatero á Moncloa e volveu a haber debates. Chegou Touriño a Galicia e hai un ano, con ocasión das eleccións xerais, e a pesar de que él non era candidato, houbo un debate a tres.

Eleccións autonómicas. A televisión pública invita a un debate ós tres candidatos dos partidos con representación parlamentaria. E Feijoo dice NON.

Non dou crédito. É a oposición a que se nega a debatir!!!!Con excusas de mal pagador.

E digo eu, podería explicar o Sr. Feijoo porque hai uns días puidemos asistir a un debate entre forzas políticas no que participou o Sr. Rueda, Ricardo Varela e Suárez Canal? Considérase él máis que Alfonso Rueda para que éste vaia a un debate a tres e él non? 

Terá que explicar a diferencia. Igual que terá que explicar porque nas eleccións xerais debate sí e agora debate non.

Igual é que lle temblan as pernas...

No hay comentarios: