1.4.09

Dúas persoas especiais no Parlamento de Galicia

Hoxe tivo lugar a constitución do novo Parlamento de Galicia. Para min foi un día especial porque hoxe tomaron posesión como parlamentarios dúas das persoas máis importantes da miña vida: Lage e Silvia.



Lage, non só porque sexa a miña parella, senón porque é amigo meu dende fai máis de 10 anos, dende que nos conocimos un día de camiño a Sarria nun 127... Porque ten unha mente privilexiada, porque cree e vive a política, porque é socialista de cabeza e corazón, porque, por riba de todo é amigo dos seus amigos, porque sempre está aí cando o necesitas, porque cree que outro mundo é posible, porque traballa a reo para que a utopía deixe der un soño...por tantas cousas...



E Silvia, porque é miña amiga, tamén dende hai moitos anos, dende que xuntas compartimos momentos difíciles que nos fixeron medrar como persoas, que fortaleceron a nosa amizade...porque levamos tempo compartindo proxecto político e proxecto de país, porque vai aportar unha visión diferente á política galega, porque o merece, porque vive a política como poucos, porque leva o socialismo nas veas, porque sei que aproveitará  a oportunidade de loitar por aquelo que tantas veces soñamos, ata polos cotilleos que nos caracterizan...  tamén por tantas cousas...


Por tantas cousas estou tan orgullosa deles, porque aprendemos xuntos, porque son presente e serán futuro, porque son, e serán sempre, XSG en estado puro, porque os quero, sobre todo porque os quero...

2 comentarios:

Eva dijo...

Non me extraña que te sintas orgullosa, a Silvia a verdade que non a coñezo tanto, pero a min pásame con Lage. Por certo, na miña enquisa do futuro Secr. Xeral, vas moi por diante, é unha pena que non se chegue a cumprir, ademais sería a primeira muller. Bicos dende Boiro

Unknown dijo...

Me parece una entrada preciosa. La mejor declaración de amor y de amistad que he leido en los últimos tiempos. Fuerza y muchos ánimos.