Mostrando entradas con la etiqueta lingua. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lingua. Mostrar todas las entradas

14.5.08

Está o galego en crise?



Está o galego en crise?

Esta e outras foron as preguntas que hai uns días nos fixeron en no diaro dixital GZNación ás responsables das tres organizacións políticas xuvenís.

Se queredes escoitar o debate, podedes facelo aquí.

10.4.08

A nosa lingua

Déixovos un artigo que onte me publicaban no Xornal.com:


A verdade é que lle levo dado moitas voltas a como as administracións públicas poderían potenciar o uso do galego na sociedade, sobre todo entre a xente moza. Non me parece un tema sinxelo. E non mo parece porque non comparto as opinións dalgúns que queren impoñelo a toda costa. Creo que a súa potenciación ten que pasar por presentar a nosa lingua como algo útil e atractivo.

Xa manifestei en varias ocasións que estou de acordo co Plan xeral de normalización da lingua galega que propón, entre outras cousas, que na escola a metade das materias se impartan en lingua galega. Tamén dixen que eu incluso iría máis alá e chegaría ata o 100%, salvando lingua e literatura españolas, claro está. Creo que a educación é un dos poucos instrumentos dos que dispoñen as administracións para contribuír ó uso do galego.

Temos que intentar que cada vez a nosa lingua ocupe máis ámbitos dentro da sociedade, que a xente se habitúe a escoitar galego e, polo tanto, a falalo. E se os rapaces e rapazas o escoitan todo o día na escola non o verán como algo raro nin imposto, ó contrario do que predican algúns, senón como algo normal. Que un mestre ou mestra che fale na lingua propia de Galicia non debería xerar polémica ningunha.

Mais creo que non é suficiente con isto.

Sempre que collo na man un periódico, cando me decato de que todo está en castelán, pregúntome por que a maioría dos periódicos de Galicia só fan as súas informacións en castelán. Moitos nin sequera respectan as declaracións que se lles fan en galego, xa que as traducen inmediatamente ó castelán. E digo eu, se a Xunta de Galicia lles dá cuantiosas subvencións ós medios de comunicacións, ben subvencións directas ou ben a través de convenios coas consellerías, por que non esixirlles que o periódico ou cando menos unha parte del estea en galego? Non foi positivo para toda unha xeración programas como o do Xabarín Club? Os nenos asumiron con toda normalidade que os debuxos animados tamén se podían ver en galego. Mesmo algúns xa non lle atopamos graza a As bolas do dragón ou a Sin Chan (o "cuíño cuíño non sona igual en castelán"). O outro día escoitaba que a partir de agora os cómics de Asterix e Obelix xa non se publicarán máis en galego. E digo eu, non haberá suficientes subvencións como para que ningunha editorial decida seguir coa súa publicación na nosa lingua? Non teño ningunha dúbida de que sería unha medida positiva de cara a fomentar o uso da lingua galega.

E como foi un debate que se deu hai non moito quero opinar sobre a obriga dos cargos públicos de falar en galego no exercicio do seu cargo. E direi que si, que estou de acordo en que os cargos públicos de Galicia se expresen en galego nas súas intervencións públicas. Logo na súa casa cada un que faga o que queira. E paréceme que debe ser así porque isto non fai máis que contribuír á normalización da nosa lingua, á normalización do seu uso, a eliminar esa idea que aínda segue vixente nalgúns sectores sociais de que o galego é de "pailáns".

E algúns, preocupados polo descenso de falantes da nosa lingua, aínda temos que escoitar declaracións como as do líder do PP en Galicia, Alberto Núñez Feijoo e outros do seu partido dicindo que se pretendemos impoñer unha lingua única como no franquismo. Será que non entende a diferenza entre "impoñer" e discriminación positiva? Será que non entende que hai unha lingua, o galego, que durante séculos estivo asoballada polo castelán e que a única maneira de que non desapareza é potenciándoa?

Ollo, tamén creo que potenciar non é impoñer. E coido que actuacións ou propostas de determinados colectivos e mesmo dalgún partido político non axudan en nada a normalizar a nosa lingua. Igual que creo que o galego é unha lingua propia, distinta do castelán, tamén creo que é distinta do portugués. Creo que é unha lingua única, que nos identifica, e que debería servir para unirnos e non para separarnos. Unha lingua, como dicía unha campaña que fixo, xa hai tempo, a Joventut Socialista de Catalunya, para bicar e non para odiar.

3.4.08

Lingua de amor


Lingua de Amor é o concurso de declaracións de amor en galego a través do correo electrónico que por segundo ano organiza o Consello da Xuventude de Galicia a través do seu Servizo de Normalización Lingüística.

Déixovos a mensaxe ganadora do primeiro premio do pasado ano:

"Polos zumes de laranxa e pomelo que me fas cada mañá. Por deixarme que poña a Morrissey 26 horas ó día. Por non te rires da miña manía de poñer sempre o mesmo calcetín no mesmo pé. Por aturar as miñas arroutadas cun sorriso. Polos bicos que curan a resaca. Por seres o que máis me gusta de min. Porque non cho dixen no seu momento. Quérote".

Como vedes, hai moitas maneiras de manifestar o amor. A min esta gustoume particularmente.

Si queredes manifestarlle o voso amor á vosa parella, ós vosos pais e nais, ó voso país...non o dubidedes http://www.linguadeamor.eu/

E ademáis interesantes premios!!

18.10.07

Carod Rovira, Josep Lluis



Por unha vez vou a estar dacordo con Carod Rovira. O pasado martes, no programa de RTVE "Tengo una pregunta para usted" mostrou a súa disconformidade con que unha participante lle chamase José Luis en lugar de Josep Lluis.

Hai moita xente que non entendeu o seu cabreo, e o que eu non entendo e porqué non o entenderon. Sí se chama Josep Lluis chámase así e non doutra maneira. Porque digo eu que a George Bush chamásmolle polo nome en non Jorge Arbusto, por poñer un exemplo, que habería mil.

E tiña razón Carod cando dicía que igual que sabemos pronunciar Schwarzenegger, que eu casi non sei nin como se escribe, pois con maior razón deberíamos coñecer unha das linguas de España como é o catalán. E iso non significa obligar a ninguén a aprender aquelo que non queira ou a expresarse nunha lingua que non lle apeteza, pero creo que non é moito pedir que a un lle chamen polo nome. Non creo que se pida nada imposible cando pedimos que se respete a pluralidade de España, as distintas realidades nacionais que existen no territorio, a cultura galega ou a catalana que, evidentemente, non son iguais que a murciana, por exemplo. Non creo moito pedir que se respete a nosa lingua, ven sendo unha cuestión case de sentido común.

Igual que a un Sergio de Valladolid lle gustará que lle chamen Sergio e non Sergi ou Serxio, a un Josep Lluis lle gusta que se refiran a él polo nome e non que lle chamen dunha maneira distinta.
En fin, que non teño máis remedio que estar dacordo con Josep Lluis.

P.D. Quería poñervos o video pero non son capaz de subilo ó blog. Así que pinchade aquí si queredes velo.

10.9.07

Fogar de Breogán



Déixovos o último artigo publicado en Vieiros.

Fogar de Breogán, ese debería ser o lugar común de tódolos galegos e galegas. Alí onde confluiran o sentirse galego a súa maneira que cada un temos.

Mais non, desgraciadamente sucede todo o contrario. Novo enfrontamento no fogar de Breogán, esta vez a causa do himno, o himno de Galicia.

Eu ás veces penso que hai determinados políticos que teñen adicción ós medios de comunicación, gústalles saír, estar na boca de todos. E o digo porque determinadas propostas xurden así, un día, sin máis, como cando, de súpeto, sacamos un coello da chisteira.

Esto é o que me parece que pasou co tema do himno. Un día o Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, acordouse que en decembro se cumplían cen anos da primeira vez que foi recitado, alá en Cuba, e deulle por dicir que os rapaces e rapazas tiñan que estudialo nas galescolas.

A min paréceme ben que os nenos coñezan o himno, non sei si un rapaz de 3 anos ten a suficiente “madurez” como para iso, pero, en calquera caso, paréceme normal que se traballe con él nas escolas infantís, pois sempre é positivo que os rapaces galegos se familiaricen con algo que forma parte da súa cultura.

Agora ben, formular esto case como dogma de fe, que é o que fixo Quintana, xa me parece demasiado. É que ademáis é tan evidente que é froito da improvisación que asusta. Imos ver, Vicepresidencia, responsable das galescolas, negociou coa Consellería de Educación o Decreto polo que se establecían os contidos de estudo na etapa de educación infantil, e en ningún momento planteou de maneira directa o tema do himno. Si supoñemos, como defende algunha xente, que eso xa se contén no Decreto cando fala de coñecer os símbolos e a cultura galegas non entendo esta polémica dende ningunha óptica; e si, polo contrario, entendemos que non está contemplado dentro diso, por qué non o planteou Vicepresidencia no seu momento? Non se pode gobernar un país dende a improvisación.

Reflexionando sobre isto, e xa digo que a min non me parece mal, o que me pregunto é: que lle parecería a Quintana que o Estado, cando fixa os contidos mínimos dalgunhas asignaturas, fixase, por exemplo na de música, que os rapaces españois teñen que aprender a tocar o himno de España dende pequenos? Pensaría o mesmo que manifesta con respecto ó himno galego?

Ou si o himno español tivese letra, apoiaría Quintana que os rapaces o coñecesen ó mesmo tempo que ó galego? Neste mesmo senso, apoiaría Rajoy para o himno español o mesmo que critica para o galego?

Sobre a estupidez do diario El Mundo con respecto ó noso himno creo que se comenta por sí soa. En calquera caso creo que se resume no propio himno: “non nos entenden, non”.

Xa para rematar paréceme que Quin estivo pouco áxil nesto do himno, mágoa que non se lle tivese ocorrido antes, podería telo presentado ó concurso de Vieiros “A polo ghit” para escoller a mellor canción do verán. Si ademáis lle poñía voz “Superpiñeiro” de seguro que hoxe todos estaríamos gozando ó son de “Os Pinos” soando por doquier nos centos de festas que cada verán se celebran no noso país, tamén nas que organiza a Vicepresidencia. Aí, Quin, faltouche un verán.

7.7.07

Orgullosa de ser galega


Orgullosos e orgullosas. Creo que así deberiamos sentirnos todos os galegos e galegas logo da aprobación do Decreto de Normalización Lingüística do Sistema Educativo.

Temos a sorte de ter dúas linguas, o galego e o castelán. Unha, o galego, discriminada historicamente a favor do castelán. Non entrarei nos motivos de tal discriminación, quedarei simplemente en que é obvio que existiu. Eu, por exemplo, non tiven a posibilidade de estudar en galego. Os meus pais e avós, influídos polos prexuízos dominantes hai varios anos, aínda que entre eles falaban e falan en galego, educáronme en castelán porque pensaban que así non me ían discriminar na escola e que sería mellor para o meu futuro.
Coma min, case toda a miña xeración e as que veñen detrás están educadas en castelán, non só na escola, a familia (polo xeral), os medios de comunicación, os amigos… a nosa vida desenvólvese en castelán, obviando que temos outra lingua, o galego, que esmorece por falta de coñecemento e, polo tanto, de uso.Son española, e galega, e creo que a nosa lingua me constitúe como galega, forma parte do meu ser galega, pero tamén do meu ser española. Non entendería que nun estado plurinacional e plurilingüístico como o noso deixásemos esmorecer unha parte fundamental do que nos constitúe como membros dun país, unha parte fundamental da nosa cultura como é a lingua. Creo que sendo galega, que falando galego son tan española como un manchego falando castelán. Porque Galicia e o galego tamén forman parte da esencia de ser español.
É obriga das administracións públicas facer que a nosa lingua se manteña viva e promovela ata que acade a igualdade co castelán. Por iso paréceme tremendamente positivo introducir o galego na escola non de forma simbólica senón como unha lingua normal de expresión, unha lingua na que se poidan estudar as matemáticas, as ciencias da natureza ou a historia.
Aínda que a min, persoalmente, paréceme que o decreto “queda curto”. Tendo en conta a situación do galego nestes momentos, con estudos que indican que pode desaparecer a medio prazo se non se toman medidas, parecería máis adecuado que o ensino fose integramente en galego. Isto non impediría acadar competencias lingüísticas en castelán, pois o resto da nosa vida desenvólvese nesa lingua. É simplemente, un medio para acadar a igualdade entre as dúas linguas, non un fin en si mesmo.
Por iso me parece lamentable a posición do Partido Popular. Despois do Decreto do 83, que nunca se cumpriu, os dous partidos do Goberno, o PSdeG-PSOE e o BNG puxeron todo da súa parte para que o PP se sumase ao consenso en materia lingüística. Parecía que o Partido Popular, por unha vez, esquecía os Acebes e Zaplanas e pensaba en clave de país… pero… unha vez máis, os intereses de Génova puxéronse por riba dos intereses dos galegos e o PP... donde dije digo, digo Diego. Non pode cualificarse máis que de vergoñento semellante espectáculo.
Para aqueles que, como o PP, digan que mellor nos sería aprender inglés, quero dicirlles que concordo con eles. Que por min, as horas das clases se poderían repartir para que os rapaces e rapazas acadasen competencias lingüísticas tamén en inglés ou en calquera outra lingua. O que non admito é que traten de vender que por estudar galego non vaiamos aprender inglés, pois moitos anos levamos estudando só en castelán e non lle escoitei propoñer ao PP (que, non o esquezamos, estivo gobernando 16 anos en Galicia) restarlle horas ao castelán para darllas ao inglés. Hipocrisías as xustas, por favor, que a Galicia tamén chegou o cambio niso de que “mexan por nós e dicimos que chove”.

28.6.07

Éche o que ten ser galego

EL SER GALLEGO...


El gallego no te llama por teléfono ... DACHE UN TOQUE!

El gallego no saluda ... DICHE BOAS!!

El gallego no se cae ... ANALIZA LA CIRCUNSTANCIA!

El gallego no se enamora.. ESTA ENCONACHADO!!

El gallego no trata de convencerte... COMECHE A ORELLA!

El gallego no concierta una cita con sus amigos... QUEDA PARA BOTARSE UNHAS RISAS!!

El gallego no te golpea... METECHE UNHA PALISA MORTAL!

El gallego no da besos... COMECHE A BOCA!!

El gallego no bebe mucho... ÉNCHESE!!

El gallego no es que no entienda... NON O PILLA!!

El gallego no te da la espalda... MÁNDATE Á PUTA MERDA!!

El gallego no te llama la atención... PERO QUE ME ESTÁS CONTANDO??NENO!!!

El gallego no se relame... DICE SÓUBOME!!!

El gallego no se inmuta... BOH!!!

El gallego no acaricia... SOBA

El gallego no molesta... É UN XOVES

El gallego no se alimenta... ÉNCHESE COMO UN PORCO!

El gallego no golpea.. SOLTACHE UNHA OSTIA!

El gallego no trabaja a destajo... TRABALLA COMO UN CAN!

El gallego no se impresiona... NON TE TIRES ...

El gallego no sufre de diarrea... TEN O CU Q VOTA LUME!

El gallego no corre a toda velocidad... SALE FOSTIADO!!

El gallego no se rie a carcajadas...DESCOJÓNASE!!

El gallego no camina... COLLE O BUS!
El gallego no es un buen tío... É A OSTIA!

El gallego no es un tío tranquilo... É UN TIPO SUAVE!

El gallego no dice voy y vengo... SABES CANDO VAI PERO NON CANDO VOLVE!

El gallego no esta cansado... TA FEITO UNHA MERDA!

El gallego no ve una chica fea... VE UN BICHO!!

El gallego no habla claro... SOLTACHO NA PUTA CARA!

El gallego no es cualquier cosa ... O GALEGO É UN SER ÚNICO E EXTRAORDINARIO ... POR ESO SE TI ES GALEGO, MOSTRA QUE ESTAS ORGULLOSO DE SELO!!!!!!!!!


E ti...cal usas máis a miúdo???

16.1.07

Reflexións sobre a lingua


Hoxe recibín un sms dunha amiga, Miriam, de Les Illes Balears. Hai xa tempo que non nos vemos. Di que sabe de min por este blog. Ademáis de facerme moita ilusión que se acorde de min e de que lea as miñas humildes opinións este mensaxe fíxome reflexionar sobre o uso das linguas.
Das tres entradas deste diario unha está en castelán e dúas en galego. Sin embargo esto non impide que unha persoa de fóra de Galicia me lea e me entenda. Digo esto a propósito da polémica que se suscitou nestes días sobre o uso do galego na escola. A Consellería de Educación da Xunta de Galicia fixo unha proposta, ó meu entender de mínimos, de cara a aumentar o número de materias que se imparten en galego na escola. E estase a montar unha boa.


Non acerto a entender onde está o problema. A tele, a radio, os periódicos, a maioría dos libros que lemos, gran parte do ambiente no que nos movemos está en castelán. Estamos educados en castelán. Se temos a fortuna de ter dúas linguas, por qué non o aproveitamos? É evidente que o galego está nunha situación de inferioridade con respecto o castelán. Os poderes públicos teñen a responsabilidade de evitar estas situacións de desigualdade. Un dos poucos ámbitos no que poden intervir é no ámbito do ensino. Facilitando que, alomenos, a metade das materias se impartan en galego só están intentado colocar ás dúas linguas nunha situación de igualdade que hoxe non teñen. Medrarán os nosos nenos cun trauma se o profesor lles explica a regra de tres, a circulación sanguinea ou a revolución industrial en galego? A min paréceme que non.


Son galega, e esto non me fai nin mellor nin peor que unha madrileña, unha murciana ou unha aragonesa, só me fai diferente. Son galega, a miña lingua forma parte da miña identidade, igual que a miña cultura, as miñas vivencias, os meus amigos ou a miña familia.


Son galega, e estou orgullosa de selo.


P.D. Mallorquina, quérote. Soa ben en galego, non é?