Mostrando entradas con la etiqueta mar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mar. Mostrar todas las entradas

11.5.07

Si eu vivise en Ferrol


Hoxe quero falar do mar, e das persoas, e da natureza...hoxe quero falar da vida.

Parto da base do dereito que ten unha empresa a realizar a súa actividade con normalidade, sobre todo si esa empresa, respaldada polos gobernos central e autonómico, considera que ten todos os papeles en regla para iniciar a súa actividade.

Pero, como socialista que son, non podo resistirme a escoitar ós mariscadores, ós do comité de emerxencia para a defensa da ría de ferrol, a cidadáns e cidadás de ferrol que estos días saíron á rúa, mellor dito, saíron ó mar a defender a súa ría, o seu traballo, á natureza e, tamén, as súas vidas... E digo eu si non deberiamos escoitar máis os cidadáns e menos ós poderes económicos...

Si eu vivise en Ferrol, ou en Fene, ou en Mugardos...ou nun dos concellos afectados pregúntome si viviría tranquila sabendo que a uns poucos metros hai unha bomba de reloxería que pode estallar en calquera momento, si viviría tranquila sabendo que os plans de evacuación non sirven de nada porque na ría os barcos non poden entrar e saír libremente, si viviría tranquila sabendo que a algunhas familias se lles acaba o pan co que alimentar ós seus fillos porque seguramente se acabe a producción marisqueira, si viviría, en fin, tranquila sabendo que, outra vez, o home, pon un grao de area máis no ataque á natureza...

Eu non vivo en Ferrol, e si vivira non viviría tranquila. Eu non vivo en Ferrol, pero algún amigo meu sí. Non vivo en Ferrol pero hoxe eu, Loli Rodríguez, sí quero solidarizarme con Manuel, con Flora, con Carmen, con Alfredo, con Roberto, con Luis, con Rafael, con Pepita....con todas esas persoas anónimas que defenden no presente o seu futuro. E quero solidarizarme porque si eu vivise en Ferrol, tamén subiría a unha chalana.

21.1.07

De turismo pola ría


Foi no inverno, nun fin de semana calquera. Descubrindo Galicia. Hoxe, Ría de Muros- Noia.
O tempo, para estarmos en inverno, acompañounos, e algunha raiola de sol se colou entre as nubes mentras paseábamos pola praia de Broña, en Outes. Ulía a herba fresca e a mar...
Seguimos camiño. Entramos no Concello de Muros, pasamos por Esteiro, Tal, Abelleira e Muros. Xa pasara mediodía, a fame apretaba e paramos a comer na Vouga, un lugar marabilloso, ó pe do mar...viamos algunhas gamelas, andarían á robaliza...Recoméndovos o arroz de mariscos e un flan de chocolate branco que quitaba o sentido.
Custounos abandonar o lugar, as vistas, a area, as ondas...Chegamos a Louro, ó monte das dúas tetas, ó faro, á lagoa. A pesares dos incendios deste verán, que prodixio da natureza. Lira, a praia de Carnota, o Monte Pindo...Que bonito é o mar no inverno!

E entrando un pouquiño na ría de Cee e Corcubión, unha parada obrigada: o Ézaro, concello de Dumbría, onde desemboca o río Xallas. Lóxicamente a cascada non estaba aberta, pero só imaxinar os miles de litros de auga esvarando polas rochas...debe ter algo de máxico. Antes de voltar aínda fomos ata a ballenera de Gures, en Cee. Nunha caliña preciosa, o mellor exemplo da deixadez do home.

E desandamos camiño. De novo Muros. Empezaba a chuviñar, as pingas facían brillar a pedra. Muros, coas súas calexas estreitas, os soportais dende os que perderse mirando ó infinito resgardados da chuvia, ese cruceiro nesa praciña...é como un conto...anímovos a pasar as páxinas e vivir a historia...