21.1.07

De turismo pola ría


Foi no inverno, nun fin de semana calquera. Descubrindo Galicia. Hoxe, Ría de Muros- Noia.
O tempo, para estarmos en inverno, acompañounos, e algunha raiola de sol se colou entre as nubes mentras paseábamos pola praia de Broña, en Outes. Ulía a herba fresca e a mar...
Seguimos camiño. Entramos no Concello de Muros, pasamos por Esteiro, Tal, Abelleira e Muros. Xa pasara mediodía, a fame apretaba e paramos a comer na Vouga, un lugar marabilloso, ó pe do mar...viamos algunhas gamelas, andarían á robaliza...Recoméndovos o arroz de mariscos e un flan de chocolate branco que quitaba o sentido.
Custounos abandonar o lugar, as vistas, a area, as ondas...Chegamos a Louro, ó monte das dúas tetas, ó faro, á lagoa. A pesares dos incendios deste verán, que prodixio da natureza. Lira, a praia de Carnota, o Monte Pindo...Que bonito é o mar no inverno!

E entrando un pouquiño na ría de Cee e Corcubión, unha parada obrigada: o Ézaro, concello de Dumbría, onde desemboca o río Xallas. Lóxicamente a cascada non estaba aberta, pero só imaxinar os miles de litros de auga esvarando polas rochas...debe ter algo de máxico. Antes de voltar aínda fomos ata a ballenera de Gures, en Cee. Nunha caliña preciosa, o mellor exemplo da deixadez do home.

E desandamos camiño. De novo Muros. Empezaba a chuviñar, as pingas facían brillar a pedra. Muros, coas súas calexas estreitas, os soportais dende os que perderse mirando ó infinito resgardados da chuvia, ese cruceiro nesa praciña...é como un conto...anímovos a pasar as páxinas e vivir a historia...

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Sobre a túa frase de cabeceira, relacionada coas utopías, recoméndoche que leas o libro de Giovanni Sartori "Que es la democracia?" (Taurus). Ten un estudo e unhas reflexións sobre a deturpación do concepto "utopía" moi interesantes e que che farían muda-lo sentido da túa frase, seguro.

En resume, a "utopía" no sentido clásico, o de Tomás Moro no seu libro homónimo por exemplo- era o de retratar un imposible. En canto o "imposible" se incorpora ao contexto do "posible" ou do "hipotético" ou do "potencialmente real", incorporamos á nosa forma de ve-la realidade elementos alleos que a deturpan, deforman e transforman.

Como exemplos deste proceso Sartori dá moitos pero eu quédome co "imaxinario" utópico -no sentido que ti usas- das ideoloxías totalitarias do séc. XX. Recoméndoche moi encarecidamente a súa lectura. Xa verás como che dá para moitas outras entradas no teu estupendo Blog.

Por certo, felicidades! Unha estupenda iniciativa.

Luis Valcarce dijo...

Bienvenida a la blogocosa.

Anónimo dijo...

E de Noia xa nos esquencemos??? Que tamén e moi bonita, ou non!! Un saúdo e moita sorte para este novo proxecto!!!